O Rancho

O Rancho O santuario da música americana en Radio Galega Música. Venres ás 22.00 h. Tamén en agalegaaudio.gal O blues é a máis negra de todas as músicas.

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega Podcast. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a

John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do Delta, o blues de Chicago, o blues texano, o country blues, o blues rock, o blues de Nova Orleáns, o blues británico...
Ademais, na Lista Negra haberá sitio tamén para o blues galego. Cada semana, un solista ou banda poderán presentar o seu xeito particular de sentir e achegarse ao blues desde a nosa terra. Un bo escaparate para artistas que non teñen tanta visibilidade como os que se decantan por xéneros máis comerciais.

Isto foi todo, amigos! O Rancho pecha as súas portas en Radio Galega Música  e AGalega Audio pero os asiduos sabedes ben...
14/06/2025

Isto foi todo, amigos! O Rancho pecha as súas portas en Radio Galega Música e AGalega Audio pero os asiduos sabedes ben dalgún burato nalgún dos valados. E sempre seredes benvidos no santuario da música americana.

Algunhas das mellores novidades de 2025, no programa do venres pasado, que xa podes volver escoitar cando queiras en AGa...
11/06/2025

Algunhas das mellores novidades de 2025, no programa do venres pasado, que xa podes volver escoitar cando queiras en AGalega Audio. Por certo, quédanos unha derradeira cita no Rancho. Será este venres ás dez da noite en Radio Galega Música e imos montar unha boa. Non podes faltar!

Se che fai longa a espera polo programa desta noite? Es se escoitas outra vez o da Última semana?
06/06/2025

Se che fai longa a espera polo programa desta noite? Es se escoitas outra vez o da Última semana?

Xa podes celebrar o 84 aniversario de   poñendo en bucle o noso especial desta fin de semana no Rancho en que artistas d...
24/05/2025

Xa podes celebrar o 84 aniversario de poñendo en bucle o noso especial desta fin de semana no Rancho en que artistas de toda condición interpretan algunhas das súas mellores cancións. De Grateful Dead a The Byrds. De Sheryl Crow a Elliott Murphy...

Xa hai uns días que podes volver escoitar o programa do venres pasado en que ilustres que habitan terrenos sonoros máis ...
22/05/2025

Xa hai uns días que podes volver escoitar o programa do venres pasado en que ilustres que habitan terrenos sonoros máis globais, como Tom Waits ou Counting Crows visitaron o noso Rancho. E prepárate porque mañá celebramos o 84 aniversario de Bob Dylan cun feixe de artistas! Non o perdas!

Xa podes escoitar todas as estrelas que pasaron polO Rancho na nosa última entrega. De The Time Jumpers a R.E.M. En AGal...
12/05/2025

Xa podes escoitar todas as estrelas que pasaron polO Rancho na nosa última entrega. De The Time Jumpers a R.E.M. En AGalega Audio (app, web e plataforma)

Un programa sobre o máis importante nesta vida: a familia. Un percorrido por ata catro xeracións da familia Williams, co...
04/05/2025

Un programa sobre o máis importante nesta vida: a familia. Un percorrido por ata catro xeracións da familia Williams, con Hank Williams - Country Legend como vértice da árbore. E o único disco en cuxos créditos has atopar os nomes de Bob e Jakob Dylan.

Xa podes volver escoitar o programa do venres pasado, centrado en grupos e solistas emerxentes no crisol da Americana mu...
27/04/2025

Xa podes volver escoitar o programa do venres pasado, centrado en grupos e solistas emerxentes no crisol da Americana music...
Banda galega convidada: Julio Suárez & The Backyards.

Con resaca da Semana Santa? Pois xa podes volver escoitar en AGalega Audio o programa especial emitido este pasado Venre...
22/04/2025

Con resaca da Semana Santa? Pois xa podes volver escoitar en AGalega Audio o programa especial emitido este pasado Venres Santo...

A última foi unha velada moi especial no Rancho en que gozamos da visita de catro colosos: Cash, Merle, Waylon e Willie....
18/04/2025

A última foi unha velada moi especial no Rancho en que gozamos da visita de catro colosos: Cash, Merle, Waylon e Willie. Xa podes volver escoitalo en AGalega Audio. Pero para este Venres Santo tamén temos preparada unha noite diferente. Quedamos ás 22.00 h no santuario da música americana en Radio Galega Música.

Nunha hora comeza un episodio moi especial dO Rancho. Pero mentres podes volver escoitar o episodio da Semana pasada, en...
11/04/2025

Nunha hora comeza un episodio moi especial dO Rancho. Pero mentres podes volver escoitar o episodio da Semana pasada, en que nos visitaron desde lendas como Ray Price a novos valores como Wyatt Flores. Artista galego convidado: Sertucha

Xa está dispoñible a última velada nO Rancho, en que visitaron o noso santiario da música americana Patsy Montana ou Tow...
01/04/2025

Xa está dispoñible a última velada nO Rancho, en que visitaron o noso santiario da música americana Patsy Montana ou Townes Van Zandt. Grupo galego convidado: Ma***to Murphy.

Address

Costa Rica 5, Planta 25

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when O Rancho posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to O Rancho:

  • Want your business to be the top-listed Media Company?

Share