Borneira Audiovisual

Borneira Audiovisual Vídeo | Son | Fotografía | Deseño Gráfico

Falan do documental no Faro de Vigo. Graciñas!Xa podedes pedir o dvd💿 na rede enviándonos unha mensaxe :)"Borneira Audio...
18/02/2018

Falan do documental no Faro de Vigo. Graciñas!
Xa podedes pedir o dvd💿 na rede enviándonos unha mensaxe :)

"Borneira Audiovisual e A Cepa editan un DVD adicado aos mariñeiros que levaron a música tradicional a bordo dos barcos

Están por escribir e por contar
as historias dos gaiteiros que tiveron
un destacado lugar como animadores
culturais en Galiza. Eles
abriron tabernas e organizaron festas
a cada pouco. Seráns e divertimentos
que facían a vida máis divertida.
Aí está o Choqueiro de Cangas,
o Sr. Pazó, ou os Airiños do Castelo
tocando na taberna do Xaulera
ou o Sr. José Armando festa e organizando
cantos de reis en Aldán.
No mundo da gaita os novos
aprendían dos vellos Mestres, dos
grupo que viñan amenizar as festas
e romarías da contorna. Traían
novidades que os gaiteiros do Morrazo
ían incorporando ao seu facer.
Era así como os coñecementos
viaxaban polas festas e romarías e
chegaban aos aprendices que, a base
de repetir o que miraran e oíran,
ían perfeccionando os seus saberes.

Dos coros folclóricos do mestre
Tenreiro e da man de sociedades
artísticas o gaiteiro empeza a coller
protagonismo dignificado polas
poesías de Rosalía de Castro co seu
repoludo gaiteiro e o gaiteiro de
Penalta de Curros Enríquez e da
man de homes como don Pefecto
Feijoo co coro Aires da Terra e os
cancioneiros de Casto Sampedro.
Os gaiteiros, ao igual que os xograis
e segreis medievais, trocan os
seus nomes polos lugares onde son
nados: Grupo con sona como os
Campaneiros (de Vilagarcía), os irmáns
Cachafeiro (de Soutelo), O
Rilo (de Betanzos), Os Morenos (de
Lavadores), os de Ventosela (Xan
Míguez), Os Carballeiras (de Vilariño,
Cambados), Os Campaneiros
(de Vilagarcía), Xosé O Ghaiteiriño
(do Piñeiro) e tantos outros que trocaron
os seus apelidos familiares
polos seus lugares de orixe. No andar
dos anos coñeceremos polos
seus nomes, so aos gaiteiros de
máis renome: Avelino Cachafeiro,
Nazario (O Moxenas) , Enrique Otero,
Ricardo Portela, Xosé Chamiceira,
Paco Rin Ran, Manolo Solla, …
O mundo da gaita rexorde con
forza no século pasado e as súas
pezas foron recollidas e recuperadas
polo grupos como Milladoiro,
Berrogüetto, Treixadura… e polos
gaiteiros como Carlos Núñez, Susana
Seivane, Cristina Pato… nos seus
discos. Sagas familiares coma os
grandes Airiños do Castelo, Erundino
González Pazó (O Felecho) ou
Xesús (O Carballeira), os Trinta de
Coiro, mestres de novos mestres da
música tradicional coma Xosé Gutiérrez
(Chamiceira) ou Xosé Fernández
Canosa (O Ghaiteiriño),
Manolo Sotelo, Anxo Gago (Lito)...
Pero houbo algúns gaiteiros que
foron Máis Alá, (Manuel Antonio
poeta do mar) e levaron canda eles
a gaita e o bombo ás mareas alá onde
lles tocase traballar. “Que pouco
se ten falado dos Gaiteiros do
mar…”, di o tamboril dos alcriques,
O Peix de Aldán, Pepe Choula o da
barba vizosa.
Como cando no fin de ano do
1974, O Peix paseaba polas Palmas
de Gran Canaria, camiño do pesqueiro
“Mar Maior” no que traballaba.
Escoita o son dunha gaita nun
barco atracado no peirao. Botou a
correr como unha chispa. “Sentir
ese son, tan lonxe da terra e naquel
tempo, é algo moi difícil de explicar”,
conta. A gaita soaba no “Mazúa
III”, pero con gaiteiro do Morrazo a
bordo, Manolo de Donón. Axiña Pepe
O Peix apañou dous paus e nunha
lata de alcriques comezou a
acompañalo na percusión. “Ao pouco
as tripulacións dos dous barcos
andaban en marcha triunfal para
encher de alegría o corazón das
Palmas”, rememora.
“Sempre me gustou a gaita. Leveina
sempre comigo –Fala Manoliño
de Donón– Traes a gaita, Sotelo?,
díxolle o capitán. –Home claro.
Sen gaita o barco non sae ao mar”,
respondeu. E alá andaron xuntos
polos mares do Brasil, Uruguai, Canadá,
Namibia,…
Axiña Manoliño en Donón principiou
a recibir a visita doutro
aprendiz de gaiteiro, Lito “O Trisco”,
veciño no outro lado do monte, no
lugar de Pinténs. Principiaron xuntos
e xuntos acariñaron un soño:
tocar polos barrios do Hío no tempo
do Carnaval. Pero houberon de
embarcar ás presas sen tempo para
poñerlle nome ao grupo. Anxo
Gago “Lito” levou canda si a Terra
Nova o bombo mercado e nos tempos
de descanso no barco foino decorando
coas letras arredor: Os Airiños
da Nosa Terra.
O amor de Anxo Gago, de Manolo
Sotelo e doutros gaiteiros pola
música tradicional era tan forte que
sempre levaban as gaitas ao mar e
facían foliadas a bordo, cando o traballo
o permitía. Lito lembra como
nas embarcacións que ían a marear
ao Gran Sol había un gaiteiro
que levaba a música tradicional de
Galicia polo mar adiante e a través
dos continentes e océanos.
O propio Lito fixo soar a gaita en
terras tan lonxanas como Groenlandia
ou Terranova os sons seculares
das terras galegas, acompañado
polo seu curmán José Gago ao
tamboril. En Saint Pierre, illa principal
do arquipélago francés no
Atlántico norte a poucos quilómetros
da canadense Terra Nova, chegaron
a contratalos para actuar
nunha discoteca e ateigaron o local.
Non en van dende os anos 50
que barcos galegos, como o “Rande”
ou “A Rodeira”, converteron
Saint Pierre no seu refuxio durante
os cinco meses que duraban as
mareas do bacallau.Nos anos 70
pasaban por alí 5.000 homes, onde
a maioría (80 %) eran galegos. Partidas
de tute, música e lingua galega,
con acentos de todas as rías,
mesturado con algo de francés.
Xuntamos as gaitas de Manoliño
de Donón e máis a de Lito de
Pinténs. Xuntos tiñan que ter tocado
xuntos e dar a coñecer ao mundo
a habelencia suprema dos gaiteiros
do mar.
E temos que imaxinalos xuntos
nos palcos das parroquias e dicirlles
ben alto: Viva Donón, Viva
Pinténs e Vivan os nosos Gaiteiros
do Mar. Por Sempre.
*Secretario de A Cepa e directores
de “Os Gaiteiros do Mar”"

Deixounos un grande, Lito de Pinténs. Quédanos o inmenso o orgullo de telo coñecido e ter divulgado o seu talento. Ata o...
09/02/2018

Deixounos un grande, Lito de Pinténs. Quédanos o inmenso o orgullo de telo coñecido e ter divulgado o seu talento. Ata outra gaiteiro!

Grazas á Asociación A Cepa Cangas teremos unha tirada de DVDs dos Gaiteiros do Mar. Hoxe toca día de montaxe e pronto po...
27/01/2018

Grazas á Asociación A Cepa Cangas teremos unha tirada de DVDs dos Gaiteiros do Mar. Hoxe toca día de montaxe e pronto poderedes facervos con un 🎞📽📀
Medre o Mar!!!

07/12/2017

Este ano o Castañazo Rock medrou, dous días de moita festa nunha Chantada ateigada de festivaleir@s. 🐺🎸 Cantos de taberna, magosto, xogos popul...

03/12/2017

Xa están os Gaiteiros do Mar en Rianxo para presentar o seu documental. Logo sairán a tocar nun bateeiro. Medre o mar!!!
AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos

Mañá estaremos en Rianxo a partires das 11:30 cos Gaiteiros e Xurxo Souto presentando o documental "Dos Gaiteiros do Mar...
02/12/2017

Mañá estaremos en Rianxo a partires das 11:30 cos Gaiteiros e Xurxo Souto presentando o documental "Dos Gaiteiros do Mar". Non o perdades, toda a info no enlace. Organizado pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos

Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos

Hoxe ás 20:30h poderedes ver "Dos gaiteiros do mar" na casa da cultura de Foz. Medre o mar!!!!
20/10/2017

Hoxe ás 20:30h poderedes ver "Dos gaiteiros do mar" na casa da cultura de Foz. Medre o mar!!!!

Fai hoxe dous anos comezamos con este proxecto que tantas alegrías nos deu. Hoxe facemos público o documental Dos Gaitei...
28/02/2017

Fai hoxe dous anos comezamos con este proxecto que tantas alegrías nos deu. Hoxe facemos público o documental Dos Gaiteiros do Mar para que todas poidades velo. Comparte e difunde.
Medre o mar! Viva o Carnaval!!!

Mañá martes cúmprense dous anos da gravación d´Os Gaiteiros do Mar no carnaval do Hío. Para festexalo publicaremos o doc...
27/02/2017

Mañá martes cúmprense dous anos da gravación d´Os Gaiteiros do Mar no carnaval do Hío. Para festexalo publicaremos o documental na rede.

Mañá martes cúmprense dous anos da gravación d´Os Gaiteiros do Mar no carnaval do Hío. Para festexalo publicaremos o documental en Youtube. Estade atentas!

Xa estamos no Culturgal Feira Industrias Culturais da man de GZmúsica. Vémonos ás 12:45 no espazo foro.E esta tarde a pa...
03/12/2016

Xa estamos no Culturgal Feira Industrias Culturais da man de GZmúsica. Vémonos ás 12:45 no espazo foro.
E esta tarde a partir das 17.30 horas a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na a I Xornada da Gaita no Mar coa proxección do documental "Dos Gaiteiros do Mar" no Club do mar San Amaro.

Coma sempre grazas por vir. Medre o mar!!!
15/10/2016

Coma sempre grazas por vir. Medre o mar!!!

Dirección

Cangas
36940

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Borneira Audiovisual publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Borneira Audiovisual:

Compartir