Erregueté - Revista Galega de Teatro

Erregueté - Revista Galega de Teatro A erregueté é a única publicación periódica de artes escénicas en Galicia dende 1983

Envío de notas de prensa: [email protected]
Publicidade e xestión: [email protected]
Subscricións: [email protected]

ACTUALIDADE | O festival Síntese, de danza e performance, inaugura hoxe no Museo MARCO a súa terceira edición. Alejandra...
26/09/2026

ACTUALIDADE | O festival Síntese, de danza e performance, inaugura hoxe no Museo MARCO a súa terceira edición.

Alejandra Balboa Larraitz Urruzola Elsa Pereira Nachmittag Morgen
Marcia Vázquez Ramírez Xunta de Galicia

Janet Novás, Andrés Corchero e Alejandra Balboa abrirán esta fin de semana no museo Marco de Vigo a terceira edición do festival Síntese, un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo.

ACTUALIDADE | ESCENA AMADORA | Espectáculo do grupo Eu.Experimento do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo no III ...
25/09/2026

ACTUALIDADE | ESCENA AMADORA | Espectáculo do grupo Eu.Experimento do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo no III Festival das Linguas e as Culturas.
Este sábado 26 de setembro ás 18h. no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, sito na Praza da Ribeira do Berbés, presentarán ‘Um copo com Mário Viegas’, dramaturxia e dirección de Afonso Becerra de Becerreá e interpretación de António Barreiro, Patrícia de la Fuente, Carmen Lois e Letícia Monteiro.

Espectáculo do grupo Eu.Experimento do Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo no III Festival das Linguas e as Culturas. Este sábado 26 de setembro ás 18h. no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, sito na Praza da Ribeira do Berbés, presentarán ‘Um copo com Mário Viegas’

ACTUALIDADE | Comeza a 35ª edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), que se desenvolverá ata o vindeiro...
23/09/2026

ACTUALIDADE | Comeza a 35ª edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), que se desenvolverá ata o vindeiro 31 de outubro.

O Festival Internacional Outono de Teatro. FIOT, de Carballo, inaugurou hoxe, mércores, 23 de setembro, a súa 35ª edición, que se estenderá ata o vindeiro 31 de outubro. A programación desta primeira semana comezou esta tarde no ciclo de narración oral a Rúa dos Contos, coa proposta Hamelin,...

ACTUALIDADE | Xa está dispoñible o programa da nova programación de Vigocultura. As entradas e abonos saen á venda o vin...
18/09/2026

ACTUALIDADE | Xa está dispoñible o programa da nova programación de Vigocultura.

As entradas e abonos saen á venda o vindeiro luns, 21 de setembro.

A nova temporada da programación de artes escénicas do Concello de Vigo, Vigocultura, xa ten programa oficial, despois de que hai unhas semanas xa fixera un avance dos seus contidos. As funcións desenvolveranse dende o venres 3 de outubro ata o 29 de novembro con propostas para todos os públicos...

ACTUALIDADE | ALÓproducións/Alberte Bello e o Centro Dramático Galego/Xunta de Galicia, en coprodución, presentan a estr...
18/09/2026

ACTUALIDADE | ALÓproducións/Alberte Bello e o Centro Dramático Galego/Xunta de Galicia, en coprodución, presentan a estrea de ‘Less DragQueens and more ChuNorris’ o domingo, 20 de setembro, ás 19h. no Teatro Rosalía Castro da Coruña. As seguintes funcións serán no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, o venres 16 de outubro ás 18h e no Auditorio Municipal de Vimianzo, o venres 23 de outubro.
Less DragQueens and more ChuNorris é unha comedia escrita e dirixida por Afonso Becerra de Becerreá e interpretada polo dúo formado por Dani Blanco, artista e creador circense, e Alberte Bello, creador escénico e impulsor e produtor desta proposta teatral.

ALÓproducións/Alberte Bello e o Centro Dramático Galego/Xunta de Galicia, en coprodución, presentan a estrea de Less DragQueens and more ChuNorris o domingo, 20 de setembro, ás 19h. no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A seguinte función será no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, o ve...

ACTUALIDADE | Sarabela Teatro e A Escola da Noite estrean mañá 'O sangue das promesas (Incendios)' no Teatro Principal d...
16/09/2026

ACTUALIDADE | Sarabela Teatro e A Escola da Noite estrean mañá 'O sangue das promesas (Incendios)' no Teatro Principal de Ourense
Xunta de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura Deputación de Ourense Direção-Geral das Artes Câmara Municipal de Coimbra MG

O Teatro Principal de Ourense acolle mañá, xoves, 17 de setembro, a estrea d'O sangue das promesas (Incendios), a montaxe da obra do autor canadense-libanés Wajdi Mouawad desenvolvida polas compañías Sarabela Teatro e A Escola da Noite. O espectáculo, dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda, viaxa...

ACTUALIDADE | A nova edición das xornadas profesionais anuais de Escena Galega, que se celebrará no Pazo da Cultura de N...
15/09/2026

ACTUALIDADE | A nova edición das xornadas profesionais anuais de Escena Galega, que se celebrará no Pazo da Cultura de Narón, abordará as programacións e circuítos escolares de artes escénicas.
Cultura da Deputación da Coruña Padroado de Cultura Concello de Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 29 de setembro unha nova edición das xornadas profesionais de Escena Galega, que este ano se centrarán nas programacións e circuítos escolares de artes escénicas, e abordarán modelos, exemplos de boas prácticas e propostas de futuro.

ACTUALIDADE | O CDG - Salón Teatro acolle oito novas funcións do espectáculo 'A serie clopen', dende hoxe ata o vindeiro...
11/09/2026

ACTUALIDADE | O CDG - Salón Teatro acolle oito novas funcións do espectáculo 'A serie clopen', dende hoxe ata o vindeiro 20 de setembro.
Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura de Galicia
Marta Alonso Tejada

A Xunta de Galicia recupera desde hoxe, venres, 11 de setembro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela A serie clopen, a primeira produción propia de circo do Centro Dramático Galego. O espectáculo volve a estar en cartel tras a boa acollida acadada durante a súa estrea na pasada temporada, ...

ACTUALIDADE | A nova edición de Camino Escena Norte achegará funcións de compañías de Asturias, Euskadi, Navarra e A Rio...
10/09/2026

ACTUALIDADE | A nova edición de Camino Escena Norte achegará funcións de compañías de Asturias, Euskadi, Navarra e A Rioxa a nove localidades galegas entre o 18 de setembro e o 15 de novembro.

Ademais, as compañías galegas Teatro de ningures, Teatro O Cubo e Ártika CIA xirarán por Cantabria, Euskadi, Asturias e Navarra.
Escena Galega Axencia Galega das Industrias Culturais Deputación de Lugo Vegalsa-Eroski

O programa de intercambio cultural entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa Camiño Escena Norte (CEN), celebrará unha nova edición entre o 18 de setembro e o 15 de novembro. Serán un total de nove municipios galegos das provincias da Coruña e Lugo os que acollan as funció...

ACTUALIDADE | Os Microefectos Dramatúrxicos volven ao Club Clavicémbalo, en Lugo.
05/09/2026

ACTUALIDADE | Os Microefectos Dramatúrxicos volven ao Club Clavicémbalo, en Lugo.

Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresaron esta fin de semana ao Club Clavicémbalo, en Lugo. As catro pezas novas presentáronse o xoves e o venres e hoxe, sábado, haberá tamén dous pases: un ás 20:30 e outro ás 22:30 horas. As entradas pódense merca...

Dirección

Apartado 210
Cangas
36940

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Erregueté - Revista Galega de Teatro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Erregueté - Revista Galega de Teatro:

Atajos

Compartir