Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema

Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema A Coordinadora nace como asociación sen ánimo de lucro para apostar pola defensa e posta en valor dos festivais e mostras de cinema de Galicia.

🧬☢️   | A X edición xa está en marcha!O GFFF- Galician Freaky Film Festival  xa leva uns días enchendo a Praza Elíptica ...
22/09/2026

🧬☢️ | A X edición xa está en marcha!

O GFFF- Galician Freaky Film Festival xa leva uns días enchendo a Praza Elíptica de cinema e freakismo. E aínda queda festival ata o sábado 26 de setembro, así que non volo podedes perdee! 👽

🎬 Consultade a programación e ide preparando a visita.

🦟💚 Xa temos cartel para o  !O GFFF- Galician Freaky Film Festival  presenta a imaxe da súa décima edición, unha proposta...
07/09/2026

🦟💚 Xa temos cartel para o !

O GFFF- Galician Freaky Film Festival presenta a imaxe da súa décima edición, unha proposta que rende homenaxe a The Fly, de David Cronenberg, e que nos prepara para unha nova edición chea de cinema, terror e mutacións 🤢🔬

📍 Vigo
📅 17 — 26 de setembro

🎬✨ O FICBUEU  xa ten programación!Do 4 ao 19 de setembro, Bueu convértese de novo nun punto de encontro para o cinema e ...
02/09/2026

🎬✨ O FICBUEU xa ten programación!

Do 4 ao 19 de setembro, Bueu convértese de novo nun punto de encontro para o cinema e a creación audiovisual.

A programación desta edición combina a competición oficial de curtametraxes con xornadas arredor dos límites do cinema, retrospectivas, coloquios, actividades para familias, obradoiros, sesións escolares e propostas que achegan o audiovisual a públicos diversos 🎥

Unha programación para descubrir novas miradas, compartir cinema e desfrutar de Bueu a través da creación audiovisual.

📍 Bueu
📅 4–19 de setembro

Consulta o cronograma completo e prepara a axenda! 👀

🎬✨ Xa está aquí a programación da XI edición do Chanfaina Lab !Do 4 ao 5 de setembro, San Sadurniño volverá encherse de ...
01/09/2026

🎬✨ Xa está aquí a programación da XI edición do Chanfaina Lab !

Do 4 ao 5 de setembro, San Sadurniño volverá encherse de cinema, creación e encontro arredor das historias do territorio.

A programación desta edición inclúe a Eira de cineastas, con filmes das creadoras participantes; unha proxección ao aire libre de Sirat, de Óliver Laxe; exposicións fotográficas, obradoiros e unha foliada para pechar a xornada 🎥🌿

Unha programación para seguir facendo comunidade arredor do audiovisual.

📍 San Sadurniño
📅 27 de agosto – 5 de setembro
🎟️ Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre. Para participar nos obradoiros é necesaria inscrición.

Consulta a programación completa e achégate ao Chanfaina Lab! 🫶

🎬 Xa temos cartel para a XI edición do Chanfaina Lab !Unha imaxe que mira á memoria e ao territorio. A artista Irene Ávi...
30/08/2026

🎬 Xa temos cartel para a XI edición do Chanfaina Lab !

Unha imaxe que mira á memoria e ao territorio. A artista Irene Ávila toma como inspiración as históricas Escolas da Emigración de Ferreira para construír un cartel que conecta quen marchou, quen regresou e ás historias que seguen vivas.

Do 4 ao 6 de setembro, San Sadurniño volverá ser un gran plató ao aire libre, con máis de 25 cineastas percorrendo as súas sete parroquias na procura de historias, paisaxes e persoas que leven á pantalla 🎥

📍 San Sadurniño
📅 4 — 6 setembro

Máis info en chanfainalab.gal

🎬 O Festival RIR · International Comedy Shortfilm Festival  xa ten todo listo para unha nova edición en Allariz!Do 30 de...
25/08/2026

🎬 O Festival RIR · International Comedy Shortfilm Festival xa ten todo listo para unha nova edición en Allariz!

Do 30 de agosto ao 5 de setembro, o humor e o cinema volven encher a vila cunha programación que reúne curtametraxes, cinema na praza, espectáculos, música, encontros e moito máis.

Entre as propostas desta IX edición: a Sección Oficial, o espectáculo infantil Son Animal, a proxección de Pizza Móvies, o Master Class con Carlos Gurpegui ou a gala de clausura, entre moitas outras actividades.

Unha semana para g***r do cinema e do humor en Allariz. Botádelle unha ollada á programación e achegádevos ao RiR!

📍 Allariz
📅 30 de agosto — 5 de setembro

A vida precisa de máis risas! E o cinema é unha forma de mergullarnos en gargalladas! Se es fan da comedia, non podes pe...
16/07/2026

A vida precisa de máis risas! E o cinema é unha forma de mergullarnos en gargalladas! Se es fan da comedia, non podes perder a IX edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia no Concello de Allariz! 🎥

Acaban de publicar a imaxe que os acompañará este ano, unha peza creada por Alba Cantalapiedra, que pretende representar "todo o que se nos pasa pola cachola" mentres vemos un filme. E o sorriso, por suposto, é protagonista do cartel.

📍 Allariz
🗓️ 30 de agosto ó 5 de setembro 2026

Que viva o cinema que nos fai !

🎬 Hoxe comeza unha nova edición do Curtocircuíto - International Film Festival Ata o vindeiro domingo, Santiago de Compo...
30/06/2026

🎬 Hoxe comeza unha nova edición do Curtocircuíto - International Film Festival

Ata o vindeiro domingo, Santiago de Compostela volverá ser un punto onde desfrutar dun cinema que explora novas formas de mirar e de contar. Unha programación que dialoga con outras disciplinas como a música, a fotografía, a literatura ou a arte sonora, ampliando os límites da experiencia cinematográfica.

Se vos gusta o cinema que sorprende, que fai preguntas e que dialoga con outras artes, estes días tedes unha boa oportunidade para achegarvos a descubrir a programación desta nova edición.

📍 Santiago de Compostela
🗓️ Do 30 de xuño ao 5 de xullo

🧫🎨 O Curtocircuíto - International Film Festival xa ten imaxe para a súa edición de 2026.O festival presenta un cartel c...
19/06/2026

🧫🎨 O Curtocircuíto - International Film Festival xa ten imaxe para a súa edición de 2026.

O festival presenta un cartel creado por Eenyakee que converte a pantalla nunha placa petri onde as imaxes se acumulan, fermentan e mutan en novas formas visuais.

Cores flúor, texturas orgánicas e unha estética que nos invita a abandonar a rutina e ocupar as prazas para celebrar o cinema.

Un novo universo para seguir explorando os límites da creación audiovisual ✨🎬

📍Santiago de Compostela
🗓️ Do 30 de xuño ao 5 de xullo

🎞️ Todo preparado para unha nova edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico Do 2 ao 7 de xuño, A Coruña acolle a XVII M...
01/06/2026

🎞️ Todo preparado para unha nova edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico

Do 2 ao 7 de xuño, A Coruña acolle a XVII Mostra Internacional de Cinema Periférico, unha cita imprescindible para achegarse ao cinema 👀

Nesta edición haberá 161 proxeccións, 8 film performances e a participación de 80 artistas e profesionais chegados de diferentes partes do mundo. A sesión inaugural abrirá cunha viaxe ao firmamento a través de "El obturador cósmico" e contará coa proposta da cineasta Jeanne Liotta, que creará un singular eclipse cinematográfico.

Xa podedes consultar toda a programación na súa web s8cinema.com

📍 A Coruña
📅 Do 2 ao 7 de xuño

Dirección

Cans

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 18:00
Martes 10:00 - 18:00
Miércoles 10:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 18:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

  • ¿Quieres que tu empresa sea el Compañía De Medios mas cotizado en Cans?

Compartir