Nume Producións

Nume Producións Empresa galega especializada na xestión e produción cultural, que ofrece asesoramento integral para artistas do ámbito da música e das artes escénicas.

A nosa proposta céntrase en proporcionar servizos personalizados, incluíndo facturación.

Se es artista, seguro que algunha vez te preguntaches: “Doume de alta por libre ou fago o bolo con Nume?” Pois aquí vai ...
30/12/2025

Se es artista, seguro que algunha vez te preguntaches: “Doume de alta por libre ou fago o bolo con Nume?” Pois aquí vai unha comparativa rápida e sen rodeos.

Se traballas con Nume, esqueces os papeis: facémoste a alta na Seguridade Social como músico/a, enviamos a factura, cubrímoste cos seguros obrigatorios (RC e prevención de riscos), e ademais enviámosche os informes de retencións cando os precises. Ti só te centras en facer o teu traballo artístico.

Se es autónomo/a, tes que facelo todo pola túa conta: alta, facturas, pagos de seguros, presentacións a Facenda… É unha opción válida, claro que si, pero require tempo, organización e unha cota mensual (meses con bolo... e sen el tamén).

Sabemos que todo ten os seus pros e os seus contras, pero vivir un pouco máis despreocupado da parte burocrática tamén está MOI ben, non si?

03/12/2025

Sabías que en NUME tamén impartimos formacións para conservatorios, escolas de danza, música...?

Explicamos de forma clara e práctica todo o que necesitas saber sobre contratación, facturación, seguros, dereitos laborais…

Porque a profesionalización tamén se aprende, e canto antes, mellor.

Se queres que a túa escola ou alumnado coñeza como funciona o sector, escríbenos e organizamos unha sesión adaptada ás vosas necesidades.

19/11/2025

Tes proba de son un día pola tarde… e o concerto xa pasada a medianoite.

Sabías que iso pode contar como dous días diferentes de traballo?

Legalmente, terías que estar de alta os dous días, algo que moitas veces se escapa nos orzamentos.

En Nume, estudamos cada caso para atopar a mellor opción posible, sempre dentro da legalidade e pensando no teu benestar e protección.

Se o caché o permite, recomendaremos dúas altas. Se non, buscaremos a fórmula máis axeitada para que poidas actuar sen problemas.

06/11/2025

A inspiración é libre pero os dereitos teñen dono. Falamos do caso Amaia – Aliboria:

O novo tema de Amaia, “Aralar”, soa demasiado a “Caroi”, peza emblemática de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Foron os propios seguidores quenes o sinalaron: mesmo patrón rítmico, mesma estrutura vocal, mesma alma…

O que pasou?

👉 Samplearon o ritmo de “Caroi” sen permiso.
👉 Amaia recoñeceu o erro.
👉 As dúas partes están xa resolvéndoo de forma cordial.

Pero isto é un bo exemplo para lembrar que a creatividade non entende de fronteiras, pero os contratos si.

05/11/2025

Tes un bolo fóra?

Se vas tocar noutro país da UE, hai cousas que tes que saber antes de facer as maletas:

💸 Salarios mínimos obrigatorios
📅 Días de alta laboral
📄 Documentación legal para non ter problemas cos servizos de inspección

En Nume axudámosche a que todo estea en regra, para que ti só te preocupes do escenario.

Contáctanos!


Dirección

Curtis

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Nume Producións publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Nume Producións:

Compartir

Categoría