Laura Meis Draws

Laura Meis Draws Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Laura Meis Draws, Creador digital, El Grove.

Esa vista dende a mesa que o cura todo (e con unha cerveciña moito mellor) 💙 Salitre, música en directo de fondo e as no...
05/08/2026

Esa vista dende a mesa que o cura todo (e con unha cerveciña moito mellor) 💙
Salitre, música en directo de fondo e as nosas dornas tradicionais descansando na Barrosa. Porque hai lugares que teñen ese encanto que nos lembran que os veráns aquí son mellores. 🎶🛶🌅.
Segunda lámina da colección de “kioskos”, dispoñibles en tamaños A5 e A4. Papel Turner de 300gr .

Memoria arquitectónica sobre algodón ☁️ A fachada do antigo pavillón comedor do Gran Hotel da Toxa, xa inexistente, impr...
02/01/2026

Memoria arquitectónica sobre algodón ☁️
A fachada do antigo pavillón comedor do Gran Hotel da Toxa, xa inexistente, impresión sobre papel artesanal de Algodón
Un agasallo ideal para amantes da historia nestes próximos Reis. 👑 Estará dispoñible na tenda .
❕Nota: Só haberá unha unidade enmarcada, ademais das opcións en papel.

Combarro IA maxia do granito á beira do mar, os hórreos de Combarro nunha lámina, que conquistou o verán.Tamén o agasall...
21/11/2025

Combarro I
A maxia do granito á beira do mar, os hórreos de Combarro nunha lámina, que conquistou o verán.
Tamén o agasallo perfecto neste Nadal. 🎄😉 (PD. Pódese pedir enmarcado)

A casa de chalán, é a primeira das Casas Mecas que fixen, con ela empezou unha boa historia, agora van o redor de 35 🏠 i...
03/11/2025

A casa de chalán, é a primeira das Casas Mecas que fixen, con ela empezou unha boa historia, agora van o redor de 35 🏠 ilustracións … Ainda me quedan unhas cuantas 🙃
Que casiña meca crees que debería estar na colección? 😉📝
PD. Un ano destes anímome a subir mais contido que teño un mundo sin publicar 😅

Cemento e Memoria: O Gran Hotel da Toxa non é só un edificio. É historia, é memoria, é identidade. Cada unha das súas co...
09/02/2025

Cemento e Memoria:

O Gran Hotel da Toxa non é só un edificio. É historia, é memoria, é identidade. Cada unha das súas columnas sostén o peso dun pobo que o viu erguerse con orgullo, de xeracións que o encheron de vida, de encontros que deixaron pegada no seu interior.

As súas escaleiras foron testemuñas de pasos ilustres e anónimos, de soños que subiron e baixaron coa esperanza dun futuro mellor. Nos seus salóns resoaron risas, acordos, despedidas e promesas. Cada recuncho garda a esencia dunha época, dun esplendor que non se pode medir só en riquezas, senón no valor do que significa para todos os que algunha vez o sentiron seu.

Pero a historia non só se derruba cunha "simple" demolición. Destrúese co esquecemento, coa indiferencia, coa escusa de que o progreso esixe borrar o que fomos. Non hai modernidade que xustifique arrincar as raíces dun pobo. Non hai futuro se quedamos sen pasado. Espero que nun futuro nin próximo nin afastado nos atopemos co letreiro das obras destrozando a súa estrutura para novos apartamentos turísticos "de lujo". (ou outros inventos similares). Isto pesará non só no pobo, tamén en quen ignorou o seu potencial como Ben de Interese Cultural, e tamén en quen o apoiou nos cambios que se aveciñan.

Esta ilustración trata sobre o antigo Pabillón Comedor, do que da fachada non queda nada. Pero non esquezamos que a súa estrutura, as súas columnas, seguen estando ahí. por agora, claro.

Bo Nadal!! 🎄🎄🎄Feliz Navidad a todos!! 🎄🎄🎄Hoxe ensinovos o mellor canciño que pintei estas navidades (co perdón do resto ...
25/12/2024

Bo Nadal!! 🎄🎄🎄
Feliz Navidad a todos!! 🎄🎄🎄
Hoxe ensinovos o mellor canciño que pintei estas navidades (co perdón do resto que pintei estas datas, que foron una cuantos! ❤️❤️)
Django era o canciño de miña nai e meu irmán, que morreu hai algo mais de un ano, pero que lle tiñamos todos mooooito cariño, porque era moi simpatico e cariñoso, e boiño como él solo) ❤️ Django era cocñecido tamén polas suas orellas, unha arriba e outra abaixo, e tiñan que estar tal que así .
Moitas gracias pola confianza, porque a verdad e quw ainda non sei como tantos fixen 🫠🫠 (e ainda me quedan 🤣)

25/12/2024

Dirección

El Grove

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Laura Meis Draws publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Laura Meis Draws:

Atajos

Compartir

Categoría