04/06/2026
“O deporte para as persoas con discapacidade segue sendo un luxo.”
Esta noite en SERES falamos con Desirée Vila, unha das grandes referencias do deporte paralímpico galego. Atopou no atletismo adaptado unha nova oportunidade para superarse, converténdose en campioa de España e representante española en dúas edicións dos Xogos Paralímpicos. Este ano presenta o documental Ganas de vivir, no que comparte a súa historia de esforzo, resiliencia e paixón pola vida. Falaremos de deporte, de superación e da forza necesaria para transformar a adversidade nun novo comezo.
Non te perdas o noso novo programa, de luns a xoves ás 00:00h na Radio Galega ! 🎙 E a calquera hora en A Galega Audio🎙️ Únete a nós para escoitar a súa historia.
Sintoniza e comparte este momento connosco!
🔊 Estarás con nós?
📱 Lembra que podes enviarnos un audio ou mensaxe de voz ao +34 618 51 24 35