02/10/2020
🧜♀️🍀🧜♂️
Este é un prototipo.
As primeiras unidades xa foron reservadas. Grazas a todas 💚💚🧜♀️🧜♀️🧜♂️
Desculpade, que hai chats que inda non abrín. Hoxe estivemos teletraballando e terminamos ás tantas...
Iremos contando todo o que está a acontecer, pero non damos parado de parir en todas as disciplinas que temos ó alcance.
Pensamos que temos un apoio be***al da contorna. 💚🥰💚GRAZAS!!!
Xuntos fixemos cousas incríbles este ano, e seguimos.
Desta volta é a versión de impresión por estereolitografía do instrumento de vento mais antigo da cultura galega e común a tódalas covilizacións do Planeta.
O seu nome na Ulla e en Berres (lugar de produción deste instrumento dende antigo) é “pínfano”, outros nomes:
Frautín
Requinto
Requinta (mal chamado)
Gaita de man
Chifro
Frauta do peregrino
Gaitín
Traverso
Fixemos esto porque de algo nos tiña que valer herdala marca Crof®️ 😅
Son cousas que nos fan ilusión.
Esta frautiña é máxica, é un instrumento para seres sensibles... quizáis por esto 8 de cada dez reservas foron de heroínas decididas a aprender... non sabedes a maxia que vos agarda.
Iremos subindo vídeos de cómo se toca e como soa.
Dos procesos
Calidades
Ventaxas
Personalización
Versións
De momento podes reservar 605042052 por 28€
A ver o que pasa, porque sen contalo aquí xa... flipando estamos.
Queremos dar as gracias... eso xa iremos contando acerca dun actor moi importante en toda esta aventura 🧜♂️
A mesma frauta que tocan as sereas🧜♀️
Vou durmir 🤦♂️