29/07/2026
Este venres 31 de xullo estaremos no Ágora (A Coruña) para mostrar a nosa peza INTRES, unha combinación danza-música baseada no texto poético de Borges “Instantes”.
Compartimos escenario cunhas bailarinas espectaculares que tamén están de estrea!! Así que se che gusta a danza, esta é a mellor ocasión para apoiar á nosa canteira.
Para esta peza estivemos no programa de creación PACE do Laboratorio Escénico Coop . Agradecemos especialmente á nosa mentora Alba Fernández Cotelo que nos acompañou con moitísimo agarimo e cunha visión imprescindible para nós.
Agardámosvos alí!! Recordade que é entrada libre ata completar aforo. Dentro de pouco contarémosvos máis deste proxecto que comeza a súa andaina pola terra 🍃