21/03/2025
Un placer acompañar hoxe a Tareixa Taboada na Inauguración de unha nova exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense titulada ZEIT (tempo, en alemán) onde a ofrece a súa visión crítica da sociedade a través da pintura, escultura e instalacións
A polifacética artista plástica e galerista e crítica Tareixa Taboada mostra no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha escolma dos seus últimos traballos artellados baixo o título xenérico de Zeit (tempo, en alemán), onde combina pintura con escultura, instalacións e incluso un traballo audiovisual..
Nun mundo que constantemente busca que nos conformemos, Tareixa Taboada lémbranos que é na diferencia, na imperfección e na valentía de aceptarse a un mesmo onde reside a esencia do ser humano”.
O pintor Manolo Figueiras que acompañou a artista na presentación dixo que “a arte de Tareixa Taboada é voluntariamente simbólica, impactante e libre”, unha obra que non está pensada para compracer senón para reflexionar, para cuestionar e para exercer como elemento liberador.
Nesta exposición a autora mostra uha serie de pequenas esculturas realizadas en bronce con certo aire primitivista que se completan con títulos marcadamente irónicos.
O director do centro cultural, Francisco González, cualificou a Tareixa Taboada como unha persoa “esencial e imprescindible para entender a plástica contemporánea en Ourense, cun papel aglutinador entre os nosos.