Xacias

Xacias Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Xacias, Medio de comunicación/noticias, Pino.

Quedaches con ganas de ir ao curso de podcasting que impartimos na ? Isto interésache! 👀📅 Os próximos días 29 e 30 de ma...
27/02/2025

Quedaches con ganas de ir ao curso de podcasting que impartimos na ? Isto interésache! 👀

📅 Os próximos días 29 e 30 de marzo, volveremos a Santiago a impartir unha segunda edición do obradoiro. Nel ensinámosche todo o proceso de creación dun podcast: desde asentar a idea ata a gravación e a súa difusión.

🎙️ Un curso con algo de teoría, pero centrado na práctica para que salgas del co traballo empezado! Nós coñecemos ben o que é facer un podcast, cales son as complexidades no camiño e as fórmulas que mellor nos funcionaron, así que estamos no curso para tocar todos os puntos e resolver todas as dúbidas.

Tes toda a información sobre o obradoiro na web da Escola Unitaria.

Quedaches con ganas de ir ao curso de podcasting que impartimos na Unitaria? Isto interésache! 👀📅 Os próximos días 29 e ...
27/02/2025

Quedaches con ganas de ir ao curso de podcasting que impartimos na Unitaria? Isto interésache! 👀

📅 Os próximos días 29 e 30 de marzo, volveremos a Santiago a impartir unha segunda edición do obradoiro. Nel ensinámosche todo o proceso de creación dun podcast: desde asentar a idea ata a gravación e a súa difusión.

🎙️ Un curso con algo de teoría, pero centrado na práctica para que salgas del co traballo empezado! Nós coñecemos ben o que é facer un podcast, cales son as complexidades no camiño e as fórmulas que mellor nos funcionaron, así que estamos no curso para tocar todos os puntos e resolver todas as dúbidas.

Tes toda a información sobre o obradoiro na web da Escola Unitaria:

CREACIÓN DUN PODCAST NARRATIVO DENDE CERO Impartido por: Carretando Duración: 8 horas Horario: sábado de 10:00h a 14:00h e de domingo de 10:00h a 14:00h N.º de prazas: 15 Cuota de inscrición: 55€ Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro. Datas: 29 e 30

No inicio do ano todos e todas comezamos a planificar os meses que veñen, a buscar as mellores axendas, cadernos... e is...
18/02/2025

No inicio do ano todos e todas comezamos a planificar os meses que veñen, a buscar as mellores axendas, cadernos... e iso mesmo fixeron desde o Concello de As Pontes! 👀

📆 O noso deseñador gráfico Miguel Ledo Roca foi o encargado de darlle forma ao calendario de actividades da localidade, concretamente á programación en catro niveis: música, teatro, cine e eventos. Para conseguir unha coherencia visual partiu de dous dos espazos culturais máis representativos da vila, o Cine Alovi e a Casa Dopeso.

A través das formas que debuxan os dous edificios e de catro cores principais definiu unha identidade baixo a que comunicar a programación mensual. Cada ton axuda a identificar as diferentes actividades cunha estética común que parte dos detalles das fachadas destes espazos culturais.

Queres darlle unha forma única a iso que tes que comunicar? Precisas un cartel, un calendario ou unha ilustración a medida? Contacta connosco! 📲

🎄 O Nadal é un momento interesante para a comunicación política. Son as festas perfectas para reflexionar sobre o ano pa...
09/01/2025

🎄 O Nadal é un momento interesante para a comunicación política. Son as festas perfectas para reflexionar sobre o ano pasado e o próximo e para reforzar os valores das organizacións. Nunhas datas cargadas de emoción, os políticos e políticas deben aproveitar para mostrarse próximos á cidadanía.

👉 No último artigo do noso blog reflexionamos sobre as oportunidades que brinda o Nadal e analizamos as campañas dos partidos galegos. As tres formacións principais publicaron diferentes vídeos nos que humanizaron a súa imaxe e se aproximaron ao público de diferentes maneiras.

Non se poden deixar escapar estas ocasións para marcar temas ou posicionar o discurso do partido. 📲 Se precisas un asesoramento para unha campaña concreta ou para unha comunicación integral, contáctanos!

🔗 Le o artigo completo aquí: https://xacias.com/comunicacion-politica-en-nadal-galicia/

✨ Feliz 2025, Compartindo Benestar! Compartimos o calendario de Servizos Sociais do  : unha celebración do espírito comu...
03/01/2025

✨ Feliz 2025, Compartindo Benestar!

Compartimos o calendario de Servizos Sociais do : unha celebración do espírito comunitario e a diversidade que nos une.

💛 Este deseño, cheo de cor e vitalidade, representa os valores de solidariedade e inclusión que guían os nosos servizos sociais.

✍🏼 O proceso de deseño foi total: dende a creación dunha portada ata a maquetación do interior; pasando pola edición das fotos tomadas ao longo do ano por Servizos Sociais.

💡 Ademais de inspirarte cada día, atoparás nel información sobre actividades e recursos dispoñibles para ti e para toda a comunidade.

🙌 O venres achegámonos ao Politécnico de Santiago para charlar sobre a nosa experiencia emprendendo como Cooperativa Gal...
12/11/2024

🙌 O venres achegámonos ao Politécnico de Santiago para charlar sobre a nosa experiencia emprendendo como Cooperativa Galega Xuvenil. Sempre é un pracer falar sobre este modelo, unha parte fundamental de Xacias e dos nosos valores.

Tamén impartimos cursos! 🎙️ Hai un mes que parte do equipo de Xacias deu unhas clases de podcasting na Unitaria, en Sant...
28/10/2024

Tamén impartimos cursos!

🎙️ Hai un mes que parte do equipo de Xacias deu unhas clases de podcasting na Unitaria, en Santiago de Compostela. Fixémolo baixo a nosa marca Carretando, desde a cal podemos contar a nosa experiencia co proxecto.

📝 Ao longo de dúas sesións falamos de todo o proceso: o momento de sentarse a pensar unha idea, como trasladala a un formato específico e a xestión do momento de gravación, edición e difusión. O podcast é moito máis que un audio, é creación de comunidade, un espazo transmedia que obriga a mergullarse en diferentes plataformas.

🗣️ Un curso centrado na teoría e na práctica. Cada sesión contou co acompañamento dos titores para axudar a materializar o que cada persoa tiña en mente. Se ben a parte teórica é fundamental, no mundo do podcast hai que animarse a crear cunha estrutura clara para que todo o proceso sexa máis sinxelo.

Encantaríanos repetir a experiencia! Se tes un espazo no que se imparten cursos deste estilo e estás buscando novas formacións, contacta connosco 🤝

🛜 No entorno online actual, as entidades están constantemente comunicando cara o exterior e expoñéndose a posibles crise...
06/08/2024

🛜 No entorno online actual, as entidades están constantemente comunicando cara o exterior e expoñéndose a posibles crises. A posibilidade de entrar en polémica é moi fácil en comparación con antes, o que implica estar alerta e medir cada paso.

Ante esta situación, a xestión de crise pasou a ser unha cuestión crucial para as empresas. Falamos dun ámbito para o que hai que traballar de maneira constante e non cando chega o problema. Por iso, a prevención é fundamental.

Algo que se repite moito é que a mellor crise é a que non estalla. Para conseguir iso, a detección de riscos e a súa xestión son o mellor camiño. Con todo, se a entidade chega a verse nunha situación de crise ten que estar preparada.

👉 Como se consegue iso? Cun manual de crise que guíe nos momentos máis complicados. Ter unhas pautas claras de traballo para o comité e a estratexia de comunicación vai axudar moito a axilizar o proceso e evitar discusións.

A xestión de crise é un ámbito complexo que atinxe a diferentes áreas. Se queres coñecer máis sobre o tema, tes toda a info no noso último post! 👀

Nun entorno volátil e hiperconectado como o actual, as entidades están moi expostas a riscos, o que fai que a xestión de crise sexa fundamental

🛡️ O proxecto de construír unha imaxe recoñecible para as Escolas de Música Tradicional de As Pontes afrontámolo coa ilu...
18/07/2024

🛡️ O proxecto de construír unha imaxe recoñecible para as Escolas de Música Tradicional de As Pontes afrontámolo coa ilusión de contribuír á modernización dun conxunto de agrupacións musicais con fonda identidade e tradición no .

✍🏼 Contamos coa axuda da deseñadora , encargada de crear as iconas individuais das escolas, así coma o deseño informal.

📸 Grazas tamén á modelo , quen colaborou para a sesión fotográfica.

Hoxe é o último día da campaña das eleccións europeas! 📩Desde Xacias sabemos que a meirande parte da poboación ve estes ...
07/06/2024

Hoxe é o último día da campaña das eleccións europeas! 📩

Desde Xacias sabemos que a meirande parte da poboación ve estes comicios desde lonxe. Por iso traemos un post no que facemos un resumo da desde unha perspectiva galega 👀

Nestes comicios o voto conta a nivel estatal, pero tamén temos os nosos representantes. Francisco Millán Mon, Nicolás González e Ana Miranda son os principais nomes galegos que contan con ter representación. Pero, como están a ser as súas campañas? Tes toda a información no noso blog 📲

O 9 de xuño votamos nunhas eleccións europeas que están a pasar desapercibidas entre a actualidade estatal, pero que son fundamentais.

📲 Como divulgar a complexidade do dereito dixital: o caso de Pintos & Salgado🤝 Neste pasado maio, cumpríronse 6 meses de...
04/06/2024

📲 Como divulgar a complexidade do dereito dixital: o caso de Pintos & Salgado

🤝 Neste pasado maio, cumpríronse 6 meses dende que comezamos a traballar man a man co primeiro despacho de avogados de toda Galicia especializado en dereito dixital, Pintos & Salgado Abogados, un bufete de A Coruña con clara vocación divulgativa.

Aproveitando a efeméride, fixemos un balance da nosa estratexia dende o SEO e o gabinete de prensa, unha planificación na que procuramos potenciar a súa grella de contidos corporativos tratando temas de especial interese en cultura dixital: intelixencias artificiais, protección de datos e a actualidade das principais plataformas como Amazon, Google ou Meta.

⬆️ Logramos posicionar aos avogados do despacho en medios locais como Cope A Coruña e Enfoques, mais tamén especializados como Código Cero ou mesmo nacionais, aparecendo organicamente no suplemento Cinco Días de El País.

🗣️ Empatía, bo facer xornalístico e comprensión dos valores de marca son as características que atribúe Víctor Salgado Seguín, socio-director de Pintos & Salgado, ao noso servizo de comunicación corporativa.

🔗 Le o artigo completo aquí: https://xacias.com/pintos-salgado-como-divulgar-a-complexidade-do-dereito-dixital/

📩 Crear unha newsletter para o teu negocio é a opción perfecta para trasladar información dun xeito efectivo, con altas ...
18/04/2024

📩 Crear unha newsletter para o teu negocio é a opción perfecta para trasladar información dun xeito efectivo, con altas probabilidades de que a persoa que reciba o correo o vai ler con interese.

🎯 Hai diversas estratexias, adaptadas ás necesidades das marcas, dos clientes e clientas e ás demandas do momento.

✅ Se queres implementar unha newsletter para a túa empresa, o noso equipo estará encantado de buscar a mellor opción

🔗 Máis info:

Na actualidade a comunicación directa e personal é a que mellor funciona, por iso hoxe falamos de que é unha newsletter e como pode axudarche.

Dirección

Pino

Teléfono

+34624737346

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xacias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Xacias:

Compartir