infoxinzo

infoxinzo Información ao día da parroquia ponteareá de Xinzo e da súa contorna

🔴 CONVOCATORIA VECIÑAL‼️Fronte ao discurso da ideoloxía da dereita, a mesma dereita que defende os valores cristiáns e h...
23/09/2026

🔴 CONVOCATORIA VECIÑAL‼️

Fronte ao discurso da ideoloxía da dereita, a mesma dereita que defende os valores cristiáns e humanistas, mañá estades convocadas todas as veciñas de Ponteareas e da comarca do Condado a expresar a vosa carraxe por unha das moitas inxustizas que se cometen no Estado español.

Hoxe máis ca nunca, todas somos Maricarmen!

Hoxe, xoves 24 de setembro, ás 20 horas diante dos xulgados de Ponteareas.

Preocupación da veciñanza de Xinzo pola presenza do mosquito tigre.As picadas nas extremidades inferiores e de día, dife...
20/09/2026

Preocupación da veciñanza de Xinzo pola presenza do mosquito tigre.

As picadas nas extremidades inferiores e de día, diferencian a este insecto doutros mosquitos comúns, que polo xeral pican en calquera parte do corpo e de noite.

O mosquito tigre é unha especie de mosquito da familia dos culícidos orixinaria das áreas tropicais e subtropicais do sueste asiático.

A súa propagación é inédita no noso país e aínda que o seu radio de acción é curto, a súa extensión faise a través dos vehículos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/026251/xunta-amplia-red-gallega-vigilancia-vectores-con-31-ayuntamientos-integrados

🔴 ÚLTIMA HORA‼️🔥 Incendio forestal en Bugarín, Ponteareas.
18/09/2026

🔴 ÚLTIMA HORA‼️

🔥 Incendio forestal en Bugarín, Ponteareas.

O Goberno municipal de Ponteareas mobiliza a centos de ponteareás preocupadas pola defensa da sanidade, a educación e os...
02/09/2026

O Goberno municipal de Ponteareas mobiliza a centos de ponteareás preocupadas pola defensa da sanidade, a educación e os servizos públicos da cidade autónoma de Ceuta.

Concello de Ponteareas

A Comunidade de Montes de Xinzo xa ten perfil no Facebook.Seguídeo!https://www.facebook.com/share/19SVBoW3Li/
30/08/2026

A Comunidade de Montes de Xinzo xa ten perfil no Facebook.
Seguídeo!

https://www.facebook.com/share/19SVBoW3Li/

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo:
🌱 Dende 1979, coidando o monte e defendendo o noso territorio.
📍 Xinzo. Ponteareas. Pontevedra.

Hoxe o único que se vai mollar vai selo pan!Pola Festa da Peixeira de Xinzo, a sardiña molla o pan!Se queredes vir, vide...
28/08/2026

Hoxe o único que se vai mollar vai selo pan!
Pola Festa da Peixeira de Xinzo, a sardiña molla o pan!

Se queredes vir, vide!
Que non volo conten!

💚🤍💚 FESTA DA PEIXEIRA EN XINZO

A parroquia ponteareá de Xinzo celebra esta fin de semana as súas festas grandes de Santo André e Virxe das Dores

Pero antes, este venres celebra a Festa na honra ás peixeiras de Xinzo e as xincesas e xinceses que viviron, viven e vivirán do mar.

Xinzo celebra a súa ###IV Festa da Peixeira! 🐟🍷

Ponteareas prepárase para unha das citas gastronómicas e tradicionais máis agardadas do verán, unha homenaxe indispensable ás peixeiras da nosa comarca.

A parroquia de Xinzo abre os seus días grandes cunha gran sardiñada popular para toda a veciñanza e visitantes.

🗓️ Venres 28 de agosto
19:00 h. | Misa e ofrenda no monumento á Peixeira.
21:00 h | Sardiñada popular (coa adquisición do prato e taza conmemorativa).
22:00 h | Animación musical a cargo da Charanga Os Imperiais e DJ Chote.
23:00 h | Pregón oficial por Roi Groba (RTVE).

E o sábado, domingo e luns a festa segue!

💚🤍💚 FESTAS EN XINZO💚🤍💚✅ ️28, 29, 30 e 31 de agosto✅️ SANTO ANDRÉ E VIRXE DAS DORESAínda non sabes onde mover o esqueleto...
27/08/2026

💚🤍💚 FESTAS EN XINZO💚🤍💚

✅ ️28, 29, 30 e 31 de agosto
✅️ SANTO ANDRÉ E VIRXE DAS DORES

Aínda non sabes onde mover o esqueleto o venres, o sábado, o domingo e o luns?

A comisión de festas de Xinzo prepararouvos catro sesións diarias de baile, boa música, bo ambiente!
Acuegádevos!
E se chove, que chova!

💚🤍💚 DISPOÑIBLE A CAFETERÍA DO CENTRO CULTURAL XINZOA cafetería do Centro Cultural Xinzo está dispoñible no seu mellor mo...
27/08/2026

💚🤍💚 DISPOÑIBLE A CAFETERÍA DO CENTRO CULTURAL XINZO

A cafetería do Centro Cultural Xinzo está dispoñible no seu mellor momento, nun edificio con moita vida social, cultural e económica e que nun breve prazo de tempo contará na súa contorna cun centro de día municipal.

Se queres collela, cóllea!

Dirección

Puenteareas
36891

Teléfono

+34699921062

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando infoxinzo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a infoxinzo:

Atajos

Compartir