Novos Medios

Novos Medios 👩🏻‍💻👨🏽‍💻 Grupo de investigación Novos Medios
🔎📊 , ,

📢 O grupo de investigación Novos Medios organizou un seminario centrado no uso de técnicas para a xestión e análise de g...
29/05/2026

📢 O grupo de investigación Novos Medios organizou un seminario centrado no uso de técnicas para a xestión e análise de grandes volumes de datos no ámbito da investigación en Comunicación, unha cuestión cada vez máis relevante no actual ecosistema dixital.

👨🏻‍🏫 A sesión foi impartida por Carlos Arcila Calderón, catedrático da Universidade de Salamanca (USAL) e membro do Observatorio dos Contidos Audiovisuais (OCA), quen compartiu a súa experiencia e coñecementos sobre metodoloxías dixitais aplicadas ao estudo dos fenómenos comunicativos.

📊 Durante o seminario, titulado “Técnicas de xestión de grandes cantidades de datos para a investigación en comunicación”, abordáronse diversas estratexias, ferramentas e enfoques para a análise de datos a gran escala, con especial atención ás súas aplicacións no campo dos estudos en Comunicación.

Moitas grazas a Carlos Arcila Calderón pola súa participación e por ofrecer unha perspectiva especializada e actual sobre os retos e oportunidades que presenta a análise de grandes datos na investigación en Comunicación.

📚🧠 Esta semana o equipo de Novos Medios participou nun seminario sobre o impacto da IA no xornalismo e na comunicación, ...
29/04/2026

📚🧠 Esta semana o equipo de Novos Medios participou nun seminario sobre o impacto da IA no xornalismo e na comunicación, impartido por Carlos Elías Pérez e Uxía Carral Vilar (UC3M).

Unha sesión centrada nas oportunidades e desafíos da IA nun contexto de desinformación.

Grazas por compartir coñecemento 👏

📍 O equipo do grupo de investigación Novos Medios participou nunha nova sesión formativa centrada na transferencia de co...
22/04/2026

📍 O equipo do grupo de investigación Novos Medios participou nunha nova sesión formativa centrada na transferencia de coñecemento, unha cuestión clave para reforzar a conexión entre a universidade, o tecido institucional e o ámbito empresarial.

👩‍🏫 A sesión foi impartida por Emilio M. Martínez Rivas e Lydia Fernández Pérez, técnicos superiores de xestión na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC. Achegaron unha visión práctica e especializada sobre os mecanismos e posibilidades de transferencia no contexto universitario.

📖 Durante o encontro abordáronse cuestións fundamentais como o marco legal da colaboración Universidade-Empresa en España, as vías para chegar a empresas e institucións, os retos da colaboración coa contorna, a formalización de acordos con entidades públicas e privadas, a protección dos resultados de investigación e o papel das licenzas e da creación de empresas baseadas no coñecemento.

👏🏼 Moitas grazas a Emilio e Lydia pola vosa achega e por compartir ferramentas e coñecementos de grande utilidade para seguir impulsando a proxección, aplicación e impacto social da investigación desenvolvida en Novos Medios.








23/02/2026

📢 Xa está dispoñible una nova entrega da Newsletter do proxecto EUDEM!

A desinformación está máis presente do que parece e afecta á forma na que pensamos e nos informamos cada día. Nesta terceira edición da Newsletter📩 do proxecto EUDEM, descubrimos as “batallas invisibles” que afectan ás mulleres, presentamos un estudo sobre alfabetización mediática entre a mocidade en Eslovenia, compartimos novas voces expertas no podcast e coñecemos obradoiros que reforzan unha cidadanía dixital máis crítica e activa.

Desde a Fundación CEER, como entidade socia do proxecto europeo EUDEM, traballamos activamente en colaboración con Alphabet Formation ABF , MILObs , Novos Medios e CEFEX Universidade da Coruña para impulsar de forma conxunta accións formativas e recursos que reforcen o pensamento crítico e a responsabilidade no entorno dixital.

👉 Podes ler a newsletter completa na seguinte ligazón:
https://eudem.alphabetformation.org/wp-content/uploads/2026/01/Copy-of-EU-DEM-NEWSLETTER-TEMPLATE-1.pdf

📢 O vindeiro 25 de maio o grupo Novos Medios organiza o seminario “Técnicas de Xestión de Grandes Cantidades de Datos pa...
13/02/2026

📢 O vindeiro 25 de maio o grupo Novos Medios organiza o seminario “Técnicas de Xestión de Grandes Cantidades de Datos para a Investigación en Comunicación”

🗣️ Impartido por Carlos Arcila Calderón
🗓️ 25 de maio
🕒 12:30 h
📍 Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación

📍 O equipo do grupo de investigación Novos Medios participou nunha sesión formativa arredor da   e do repositorio instit...
12/02/2026

📍 O equipo do grupo de investigación Novos Medios participou nunha sesión formativa arredor da e do repositorio institucional, cun enfoque orientado á mellora das prácticas de investigación e difusión científica.

👩‍🏫 A sesión foi impartida por Lourdes Pérez González, directora da biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación - USC, quen realizou un percorrido pola historia da ciencia aberta e presentou distintos recursos e ferramentas de interese para o equipo investigador.

📖 Durante o encontro afondouse na integración da ciencia aberta nas dinámicas de investigación, na accesibilidade e visibilidade dos resultados científicos e no papel dos repositorios institucionais para incrementar o impacto do coñecemento xerado polo grupo.

👏🏼 Moitas grazas, Lourdes, pola túa achega e por compartir coñecementos clave para reforzar o compromiso de Novos Medios cunha investigación rigorosa, transparente e aberta.





📢 O catedrático Carl-Gustav Lindén, da Universidade de Bergen (Noruega), visitou este xoves a Facultade de Ciencias da C...
31/10/2025

📢 O catedrático Carl-Gustav Lindén, da Universidade de Bergen (Noruega), visitou este xoves a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC da Universidade de Santiago de Compostela para impartir a conferencia “Conceptualising Augmented Journalism”.

🗣️ Na sesión, organizada polo Grupo Novos Medios, Lindén presentou o concepto de Augmented Journalism, que serviu como punto de partida para un interesante debate sobre a intelixencia artificial no xornalismo.

🙌🏽 Grazas pola visita!

📢 Os profesores Miguel de Aguilera e Francisco Javier Paniagua, da Universidad de Málaga, visitaron esta mañá a Facultad...
10/10/2025

📢 Os profesores Miguel de Aguilera e Francisco Javier Paniagua, da Universidad de Málaga, visitaron esta mañá a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC para conversar e debater sobre os principais desafíos actuais da investigación na Comunicación e no Xornalismo na Universidade española.

Durante a actividade, organizada polo Grupo Novos Medios, os profesores De Aguilera e Paniagua reivindicaron a necesidade de reforzar a conexión da academia co ámbito profesional 🏫🎙️, de incentivar a investigación propositiva 🌱 e, entre outros aspectos, de impulsar a transferencia do coñecemento 🎯.

Grazas pola vosa visita!

📢 Eva Campos, profesora titular da Universidad Complutense de Madrid e investigadora do grupo Mediaflows, visitou esta m...
23/07/2025

📢 Eva Campos, profesora titular da Universidad Complutense de Madrid e investigadora do grupo Mediaflows, visitou esta mañá a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC da Universidade de Santiago de Compostela para impartir a conferencia "Esfera pública posmediática e participación cidadá: enfoques e camiños metodolóxicos".

🗣️ Durante a actividade organizada polo Grupo Novos Medios, Campos abordou o problema da desinformación, o papel da intermediación mediática e as características da nova esfera pública, entre outros aspectos.

Grazas pola visita! 🙌🏽

Dirección

Facultad De Ciencias De La Comunicación, Avenida De Castelao, S/n
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Novos Medios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Novos Medios:

Compartir