Baía Edicións

  • Home
  • Baía Edicións

Baía Edicións Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, así como libros Peteiro, Guías de Iniciación, O meu pequeno animalario...)

Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público infantil e xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos a esta franxa de idade, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Contos da igualdade, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia, Emocións, Preg

unta á Dra. con outros con predominio lúdico-literario (Meiga Moira, Xiz de cor, Rodribico, Mar de letras, Grandes clásicos adaptados, Fabulando, A nosa historia de Pepe Carreiro, Barriga Verde infantil...), todos eles cun importante contido visual. No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, alcanzando en 2016 a súa sétima edición, que se ten convertido un auténtico foro para autoras e autores novos que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito. Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación e de promover un estilo de vida en harmonía coa natureza. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, integrada por máis de 20 títulos ilustrados entre guías da natureza, guías prácticas e unidades didácticas, premiada, entre outros, en 2013 no seu conxunto co Mellor proxecto editorial concedido pola Federación de Librerías de Galicia. En 2007 a Guía dos mamíferos de Galicia logrou o Premio “Isaac Díaz Pardo “ ao Mellor Libro Ilustrado concedido pola Asociación Galega de Editoras. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo. Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand World Cookbook Awards. Desde os nosos inicios, tivemos clara a necesidade de impulsar o ensino en galego e desde Galiza, por ese motivo, ao longo dos anos e adaptados aos diferentes proxectos curriculares, ofertamos Libros de Texto feitos en galego e pensados desde Galiza por profesionais que coñecen a nosa realidade social e educativa e que, co tempo, fomos actualizando ás novas tecnoloxías, coa creación de libros educativos electrónicos e a plataforma Aula Virtual de Baía, coa que se dota dunha ferramenta áxil e permanentemente actualizada ás/aos ensinantes para facilitar o seu traballo pedagóxico e didáctico diario. Asemade, promoveu o selo editorial Ártabro Editora para a publicación en español e participou na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que se foi convertendo na única accionista, e que, na actualidade, conta na súa carteira de distribución co 80 % das empresas editoriais galegas. Iniciou a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en portugués, euskera, catalán, castelán e francés.

Unha nova incorporación ao espazo literario en Nós Televisión 🌊  ! Aquí vos deixamos a entrevista a Carlos Labraña falan...
11/08/2025

Unha nova incorporación ao espazo literario en Nós Televisión 🌊 ! Aquí vos deixamos a entrevista a Carlos Labraña falando da obra O FARO.📚💜
Anselmo Vilar, o fareiro galego de Torre del Mar (Málaga), quen tivo a valentía de manter as luces apagadas para axudar as miles de persoas que fuxían durante A Desbandá, un dos episodios máis terribles e esquecidos da guerra civil.

https://nostelevision.gal/o-faro/
🌊

Interesada pola Xeoloxía de Galicia? Aquí tes a túa obra! COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA, de Eduardo G...
08/08/2025

Interesada pola Xeoloxía de Galicia? Aquí tes a túa obra! COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA, de Eduardo González Clavijo. 📚⛰
Libro no que tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
https://baiaedicions.gal/ensaio/602-como-se-formou-esta-paisaxe.html

Vimos de incorporar outra novidade máis en Baía!"VIÑETAS EN VEGLIOTA. O nacemento da banda deseñada galega", de Uxío Pér...
06/08/2025

Vimos de incorporar outra novidade máis en Baía!
"VIÑETAS EN VEGLIOTA. O nacemento da banda deseñada galega", de Uxío Pérez López.📚✍️
Un libro no que se adentra nas orixes da banda deseñada nos anos 70, para dar a coñecer á sociedade os autores, obras e procesos que botaron a andar a novena arte en Galicia; así como aquelas características estilísticas, narrativas e temáticas que diferencian a nosa banda deseñada da realizada noutros territorios.
https://baiaedicions.gal/ensaio/607-vinetas-en-vegliota

Éxito rotundo na presentación de MORTE EN KINGSTON ROAD, de Carmen Alcañiz Lorenzo na Feira do Libro da Coruña. Unha con...
05/08/2025

Éxito rotundo na presentación de MORTE EN KINGSTON ROAD, de Carmen Alcañiz Lorenzo na Feira do Libro da Coruña. Unha conversa do máis interesante entre a autora, a editora e Mónica Gómez Pedreira sobre os personaxes e acontecementos da obra que se alongou coa sinatura de libros a todas as persoas asistentes ao acto.
https://baiaedicions.gal/narrativa/600-morte-en-kingston-road.html

Comeza a   e a nós tócanos preparar a presentación do próximo 4 de agosto ás 18:00h. MORTE EN KINGSTON ROAD de Carmen Al...
01/08/2025

Comeza a e a nós tócanos preparar a presentación do próximo 4 de agosto ás 18:00h. MORTE EN KINGSTON ROAD de Carmen Alcañiz Lorenzo e ilustración da cuberta, Marco Tripiana González. 📚🤩
📆 Luns 4 de agosto ás 18:00 h. na Feira do Libro da Coruña.
Un libro que engadimos á nosa colección de Baía Narrativa!
https://baiaedicions.gal/narrativa/600-morte-en-kingston-road.html

Felices coa acollida que está a ter a obra de Eduardo González Clavijo, COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA...
30/07/2025

Felices coa acollida que está a ter a obra de Eduardo González Clavijo, COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA. 📚⛰
Nesta obra tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
https://baiaedicions.gal/ensaio/602-como-se-formou-esta-paisaxe.html

Felices de anunciar unha novidade que chegará aos nosos almacéns en breve!NAIS, de Charo Valcárcel. Un libro que engadim...
29/07/2025

Felices de anunciar unha novidade que chegará aos nosos almacéns en breve!
NAIS, de Charo Valcárcel. Un libro que engadimos á nosa colección de Baía Narrativa. 📚💜
Unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano, pola violencia…

Preparando a  ! O próximo 4 de agosto ás 18:00h. presentamos MORTE EN KINGSTON ROAD de Carmen Alcañiz Lorenzo e ilustrac...
28/07/2025

Preparando a ! O próximo 4 de agosto ás 18:00h. presentamos MORTE EN KINGSTON ROAD de Carmen Alcañiz Lorenzo e ilustración da cuberta, Marco Tripiana González. 📚🤩
📆 Luns 4 de agosto ás 18:00 h. na Feira do Libro da Coruña.
Un libro que engadimos á nosa colección de Baía Narrativa!
https://baiaedicions.gal/narrativa/600-morte-en-kingston-road.html

Sabemos o que facemos cando arrincamos, cortamos ou prendemos lume a unha planta?📚🌱🌿🪴🍃Científicos recentes poñen patas a...
11/07/2025

Sabemos o que facemos cando arrincamos, cortamos ou prendemos lume a unha planta?📚🌱🌿🪴🍃
Científicos recentes poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores.
Sabiades que se interesan polo mundo que as rodea e reaccionan ante el ou que poden comunicarse?
Se estades intrigadxs e queredes saber máis este é o voso libro!
'A LINGUAXE DAS PLANTAS. Os seres máis fascinantes do planeta', obra traducida por María Reimóndez. 😊
https://baiaedicions.gal/infantil-xuvenil/567-a-linguaxe-das-plantas-os-seres-mais-fascinantes-do-planeta.html

Coñece un pouco máis sobre as nosas árbores! Explora coa cativada o seu contido e información! Aquí vos deixamos a nosa ...
09/07/2025

Coñece un pouco máis sobre as nosas árbores! Explora coa cativada o seu contido e información! Aquí vos deixamos a nosa recomendación. A ÁRBORE. 📚🌳💚
Magnífica adaptación de María Reimóndez. 🤩
https://baiaedicions.gal/quen-vive-ai/599-a-arbore.html

Xa está traballando a ilustradora na obra premiada do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, O...
04/07/2025

Xa está traballando a ilustradora na obra premiada do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, O SEGREDO DAS CÍES. En breve, máis noticias sobre a mesma! 📚💜
Volvemos a darlle os parabéns á premiada, Ana Rebeca Fernández González!🥳🥇
Coa colaboración da Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Address

Baía Edicións, Segunda Avenida, A2, 52, Polígono De Pocomaco

15190

Opening Hours

Monday 08:00 - 15:00
Tuesday 08:00 - 15:00
Wednesday 08:00 - 15:00
Thursday 08:00 - 15:00
Friday 08:00 - 15:00

Telephone

+34981174296

Website

https://baiaedicions.gal/editorial/, https://aulavirtual.baiaedicions.gal/

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Baía Edicións posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Baía Edicións:

Shortcuts

  • Address
  • Telephone
  • Opening Hours
  • Alerts
  • Contact The Business
  • Claim ownership or report listing
  • Want your business to be the top-listed Media Company?

Share