As Furias Vigo

As Furias Vigo Feministas abolicionistas e anticapitalistas de Galicia. As radicáis que non puidestes queimar 🌙🔮♀🔥
📩 asociació[email protected] 📩

🔥 Volvemos cunha nova entrega de "Expoñendo agresores". Nesta 8ª edición, poñemos o foco nos influencers, esas figuras c...
15/06/2025

🔥 Volvemos cunha nova entrega de "Expoñendo agresores". Nesta 8ª edición, poñemos o foco nos influencers, esas figuras con millóns de seguidores que marcan discurso, e que tamén acumulan acusacións por vi0l3nci4, 4bus0 e condutas machistas. 📲🧠

📉 A cultura da fama dixital non pode ser escudo para o 4bus0 de poder. Nin likes, nin contratos, nin pantallas borran o dano causado. Non é salseo, é violencia. ⚠️

👀⬇️ Aquí vos deixamos algúns casos públicos e coñecidos. Se sabedes doutros, compartídeo nos comentarios.

Hoxe voltamos coa sétima edición de violencia en cifras, esta vez: discriminación sexista ❌️⚖️‼️ A pesares de que os mac...
12/06/2025

Hoxe voltamos coa sétima edición de violencia en cifras, esta vez: discriminación sexista ❌️⚖️

‼️ A pesares de que os machistas se empeñen en negalo, a fenda salarial e o teito de cristal seguen existindo en tódolos ámbitos e profesións ‼️

⬇️ Fonte consultada ⬇️
Instituto das Mulleres, Ministerio de Igualdade.


A semana pasada enterámonos da dimisión de Alfonso Villares , Conselleiro do mar na Xunta de Galicia. Isto sucedeu cando...
11/06/2025

A semana pasada enterámonos da dimisión de Alfonso Villares , Conselleiro do mar na Xunta de Galicia. Isto sucedeu cando chegou a prensa a noticia de que fora denunciado por agresión sexual fai meses. Como feministas galegas temos que dicir algo e por suposto sinalar a este agresor sexual.

⚫️ Rematamos o mes de Maio de 2025 lamentando 3 feminicidios máis, un deles vicario dunha rapaza de tan só 13 anos.🔥 BAS...
09/06/2025

⚫️ Rematamos o mes de Maio de 2025 lamentando 3 feminicidios máis, un deles vicario dunha rapaza de tan só 13 anos.

🔥 BASTA DE TERRORISMO MACHISTA 🔥

#2025

📢 As Furias estaremos como promotoras no próximo CONGRESO DO ACTIVISMO FEMINISTA GALEGO.Este terá lugar:📍Auditorio Const...
07/06/2025

📢 As Furias estaremos como promotoras no próximo CONGRESO DO ACTIVISMO FEMINISTA GALEGO.

Este terá lugar:
📍Auditorio Constante Liste (Teo, Santiago de Compostela)
🗓 27 y 28 setembro

Para máis información consultar aquí ⤵️
📧 www.congreso.feminista.gal

¡Vémonos alí compañeiras! ✊🏼💜

📢 Dende Galicia, nos unimos á convocatoria estatal  de CONCENTRACIÓNS FEMINISTAS ⤵️🗓 Sábado, 21 de xuño🕛 12:00 horasNas ...
05/06/2025

📢 Dende Galicia, nos unimos á convocatoria estatal de CONCENTRACIÓNS FEMINISTAS ⤵️

🗓 Sábado, 21 de xuño
🕛 12:00 horas

Nas seguintes localidades:
📍 Vigo - Porta do Sol
📍 Santiago de Compostela - Fronte á Casa da Muller Xohana Torres (Rúa Eduardo Pondal)

🔥 A LEI TRANS É INCONSTITUCIONAL 🔥
Anticientífica, antifeminista e antidemocrática.




Asociacións participantes:

As coñecidas como "As 6 da Suiza" son 6 sindicalistas de Xixón que entrarán en prisión nos vindeiros días por facer uso ...
04/06/2025

As coñecidas como "As 6 da Suiza" son 6 sindicalistas de Xixón que entrarán en prisión nos vindeiros días por facer uso da lei sindical.

Todas as compañeiras están condenadas a 3 anos e medio por estar presentes en concentracións realizadas cumprindo todos os cauces legais. Un ataque contra 6 sindicalistas que se emprega como ameaza para toda a clase traballadora.

Esta condena crea un precedente que afecta a todas as persoas e movementos socias. A mensaxe está clara.

Todo o conseguido foi loitando na rúa, e o sistema e os poderosos sábeno ben, por iso cremos que é o noso deber de clase saír a berrar contra esta atrocidade e solidarizarnos con aquelas mulleres que queren apresar.

Vén á concentración:

🗓 Xoves, 5 xuño
🕗 20:00 horas
📍Museo Marco, Vigo

✊🏼🔥 SOLIDARIEDADE COAS 6 DA SUIZA!

🔥 "As 6 da Suiza" son 6 sindicalistas condenadas a 3 anos e medio de prisión por participar en concentracións contra un ...
02/06/2025

🔥 "As 6 da Suiza" son 6 sindicalistas condenadas a 3 anos e medio de prisión por participar en concentracións contra un empresario acusado de acoso laboral e s3xu4l a unha traballadora, que é tamén unha das condenadas.

✊🏼 7 anos de loita sindical, apoio social e xuízos sucedidos en Xixón. Un drama social que comezou como un conflito sindical e que funciona como un aviso para todas as que estamos na loita, para as que nos organizamos, e para as que berramos na rúa.

🔥 A desobeciencia pode rematar en prisión. Facémosvos un brevísimo resumo nesta publicación.

Hoxe traémosvos un post adicado ao coñecido como "grooming" ou engano ped3r4sta, explicando as súas características, per...
29/05/2025

Hoxe traémosvos un post adicado ao coñecido como "grooming" ou engano ped3r4sta, explicando as súas características, perfís de vítimas e vitimarios, as principais sinais de alerta, así como algúns tips a ter en conta unha vez sucedeu o delito.

🔥 AS NENAS E NENOS NON SE TOCAN 🔥

Hoxe é o día da muller antimilitarista e non podemos estar caladas con todas as guerras nas que hoxe, mulleres, homes e ...
24/05/2025

Hoxe é o día da muller antimilitarista e non podemos estar caladas con todas as guerras nas que hoxe, mulleres, homes e crianzas son asasinadas. Deixámosvos unha breve reflexión.

⚫️ En febreiro deste ano, nunha prisión do leste da República Democrática do Congo, máis de 150 mulleres e as súas crian...
22/05/2025

⚫️ En febreiro deste ano, nunha prisión do leste da República Democrática do Congo, máis de 150 mulleres e as súas crianzas foron vi*l4das, engaioladas e qu3im4das vivas polos homes da mesma prisión, liberada polo grupo M23.

🔥 Nas Furias analizamos cómo todo conflito bélico sempre victimiza primeiro ás mulleres e á infancia🔥

🤍💙🤍 Hoxe queremos reparar nesta data especial, pois este ano o "Día das Letras Galegas" está dedicado ás mulleres cantar...
17/05/2025

🤍💙🤍 Hoxe queremos reparar nesta data especial, pois este ano o "Día das Letras Galegas" está dedicado ás mulleres cantareiras 🎶

A todas aquelas que cantaron e cantan as nosas cancións tradicionais e que fixeron que estas non se perdesen.

Unha celebración por partida dobre. Un día para celebrar a nosa lingua e para recordar que a contribución das mulleres á sociedade é normalmente invisibilizada.

💜 Hoxe repítese o nome de 7 mulleres que comparten con todas as que cantaron e cantan este 17 de maio.

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando As Furias Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a As Furias Vigo:

Compartir