09/09/2026
🎓 A Universidade de Vigo está a un Vitrasa de distancia 🚌
Se estudas no campus, lembra que as lanzadeiras U1 e U2 facilitan a conexión coa Universidade desde dous puntos clave da cidade: Praza América e Praza de España.
🚍 Consulta os horarios, localiza a parada que mellor che veña e combina o teu traxecto co resto da rede de Vitrasa para chegar ás clases de forma máis sinxela.
📱 Planifica a túa viaxe coa App Vigo e garda as túas paradas habituais como favoritas.
E lembra: cando no teu traxecto intervén unha lanzadeira U1 ou U2, o tempo de transbordo amplíase ata os 75 minutos.
Este curso, chega á Universidade en Vitrasa. ❤️