Premios Fouciño

  • Home
  • Premios Fouciño

Premios Fouciño Premios Fouciño é un festival de cinema sen ánimo de lucro desenvolvido dende 2016 en Baio, que premia produccións audiovisuais curtas.

Ao longo de varios veráns, aproximadamente entre o 1994 e o 1999, unha panda de amigos de Baio reuníase para rodar esceas da que ía ser unha curtametraxe, dada a súa afección ao cine; concretamente, foi un membro dese grupo de amigos o que desempeñou todos os roles detrás da cámara, incluido guión, música orixinal e dirección, e ata pediu un crédito para o equipo de edición, o cal consistiu en dous equipos de VHS. Esta peza, na que participaron entre vinte e trinta mozos e que dura pouco máis dunha hora, viu a luz nun pub da vila; vinte anos despois do estreo de “Fouciño Sanguento”, este grupo de amigos quere conmemorar este feito creando os “Premios Fouciño”, homenaxeando a que consideran a primeira peza creada na Costa da Morte.

🎬 Hai unha semana remataba o noso Obradoiro Documental, unha experiencia audiovisual da man de  na que xs máis novxs for...
09/09/2026

🎬 Hai unha semana remataba o noso Obradoiro Documental, unha experiencia audiovisual da man de na que xs máis novxs foron por un par de días guionistas, cámaras, entrevistadorxs e, sobre todo, contadorxs de historias. Unha aventura para aprender facendo, descubrir o audiovisual e mirar Baio con outros ollos. 📹✨

Grazas a e a todo o equipo que fixo posible este obradoiro, e, por suposto, a todxs xs participantes por poñerlle ganas, creatividade e moita ilusión.

O resultado? Aínda teremos que agardar para velo na VI edición dos Premios Fouciño. 😉

Que vivan os Premios Fouciño! 🎥🐗

🎥 O Obradoiro Documental dos Premios Fouciño tamén se escoita na radio! Grazas ao equipo de A Tarde de  por achegarse a ...
08/09/2026

🎥 O Obradoiro Documental dos Premios Fouciño tamén se escoita na radio! Grazas ao equipo de A Tarde de por achegarse a coñecer de preto o noso obradoiro e compartir cos seus oíntes este proxecto, no que xs participantes traballaron da man de no documental sobre o comercio de Baio que se estreará o vindeiro outubro. 🎬

🎧 Podedes escoitar a entrevista completa na ligazón das nosas historias, a partir do minuto 2:41:00.

🎬 Documentando Baio. Xs participantes do Obradoiro Documental xa viviron a súa primeira xornada e saíron cámara en man p...
02/09/2026

🎬 Documentando Baio. Xs participantes do Obradoiro Documental xa viviron a súa primeira xornada e saíron cámara en man polos comercios de Baio, acompañados do equipo de A Furna. De todo este traballo sairá un documental que se estreará o vindeiro 24 de outubro, no marco da VI edición dos Premios Fouciño. 🎥 Estamos desexando ver o resultado!

Grazas a todos os comercios que nos abriron as súas portas e compartiron a súa visión para formar parte deste documental. 💛

🎬 A historia de Baio tamén se conta nos seus comercios! Chega o Obradoiro Documental dos VI Premios Fouciño de Baio, unh...
27/08/2026

🎬 A historia de Baio tamén se conta nos seus comercios! Chega o Obradoiro Documental dos VI Premios Fouciño de Baio, unha oportunidade para que a rapazada aprenda a contar historias a través do cine. 🎥

O reto? Crear unha curtametraxe documental sobre a historia de Baio a través dos seus comercios, descubrindo as historias dos establecementos de toda a vida e dos máis recentes, e como os seus cambios tamén reflicten a evolución da vila. O documental estrearase na VI edición o día 24 de outubro.

O obradoiro estará impartido polo equipo de A Furna e terá dúas sesións:

📅 Martes 1 e mércores 2 de setembro
🕙 10:00–14:00 h e 16:30–19:30 h
📍 CSC de Baio
👥 Aforo: 15 persoas
👦👧 De 11 a 16 anos
💛 Actividade gratuíta

🎬 A primeira sesión será para a gravación das entrevistas e a segunda para a creación do guión e a edición do vídeo.

👉 Inscrición no formulario ou chamando/enviando unha mensaxe ao 646 391 245.

🚨 Batemos o noso propio récord! 🚨 E cando pensabamos que xa non podiades sorprendernos máis... Chegáchedes vós e fixéste...
07/07/2026

🚨 Batemos o noso propio récord! 🚨 E cando pensabamos que xa non podiades sorprendernos máis... Chegáchedes vós e fixéstelo de novo. 🎬

Este ano superamos o récord de inscricións grazas a todas as curtas que nos enviáchedes. Mil grazas a todxs por participar e por facer medrar, un ano máis, esta aventura.

Agora só queda desfrutar do cinema, celebrar o talento e vivir unha nova edición inesquecible.

Vivan os Fouciño! 🌾✨

🎬🍿 O público tamén ten o seu espazo nos Premios Fouciño! 🍿🎬 Na V edición incorporamos dous Premios do Público para que v...
05/06/2026

🎬🍿 O público tamén ten o seu espazo nos Premios Fouciño! 🍿🎬 Na V edición incorporamos dous Premios do Público para que vós tamén puideses apoiar e recoñecer as curtas que máis vos emocionaron, sorprenderon ou fixeron reflexionar. ❤️✨

As obras gañadoras desta edición foron:

🏆 Premio do Público – Categoría Xeral
🎥 Maltrix — Sandra Ramilo Rodo

🏆 Premio do Público – Categoría Escolar
🎥 A verdade que calamos — IES Isidro Parga Pondal (Carballo)

E este ano a próxima curta gañadora podería ser a túa! 🌟🎞️

📸 Alejo Romero ()

⏳ Lembra: tes ata o 30 de xuño para enviar a túa curta.

Moita sorte e... Acción! 🎬✨

🎬✨ ESTE ANO PODE SER TEU! ✨🎬 Os nosos premios Fouciño buscan gañadorxs e a túa curta pode ser a próxima protagonista! 🏆🎥...
03/06/2026

🎬✨ ESTE ANO PODE SER TEU! ✨🎬 Os nosos premios Fouciño buscan gañadorxs e a túa curta pode ser a próxima protagonista! 🏆🎥

Se tes unha historia que contar, unha idea que compartir ou unha peza audiovisual da que te sintas orgullosx, non perdas esta oportunidade. 💫

⏳ Lembra enviar a túa curta antes do 30 de xuño.

📸 Alejo Romero ()

📲 Consulta toda a información na nosa web ou envíanos unha mensaxe se tes algunha dúbida.

Agardamos polo teu traballo! 🍿🎞️

🏰🌊 A costa e os castelos xa dispoñible!A curtametraxe documental dirixida por Alejandro Gándara Porteiro () xa se pode v...
17/04/2026

🏰🌊 A costa e os castelos xa dispoñible!

A curtametraxe documental dirixida por Alejandro Gándara Porteiro () xa se pode ver completa en YouTube despois da súa estrea nos V Premios Fouciño.
Un percorrido visual polo noso patrimonio, a nosa historia e a forza dunha paisaxe única.

🎬 Queres saber máis do proceso creativo?
Tes unha nova oportunidade para visionala en pantalla grande e asistir ao coloquio co director o 24 de abril. Podes consultar máis información sobre os pases en .

🎙️ Voz en off: María Lado ()
🎥 Fotografía: Manuel Lucas Mariño ()
🎵 Música: Linho do Cuco
🎨 Deseño gráfico: Agustina Shuan ()

🎞️ E ti, tes unha curta? Inscríbete

Address


24020

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Premios Fouciño posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Premios Fouciño:

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed Media Company?

Share