Palabra e Memoria

Palabra e Memoria Palabra e Memoria é unha iniciativa de educación social. Está aberta a calquera persoa interesada. Tamén ofrecemos asesoramento e apoio para empresas e familias.

Realizamos a visualización, estudo e divulgación das inscricións dos cemiterios.

ÓUTARAContinúan as revisións por todo o territorio e confírmase a substancial coincidencia dos resultados. Non é relevan...
13/06/2026

ÓUTARA

Continúan as revisións por todo o territorio e confírmase a substancial coincidencia dos resultados. Non é relevante que a información sexa recollida por Ana R. Barreiro, en Lugo ou en calquera concello da provincia; ou que o fagan Jose Caamaño Andrade, na terra do Xallas; José Luis Homedapedra Lozano Rúa, na Limia ou en Monterrei; ou Sílvia Ribas na Terra de Montes. O relevante é que mellora a implicación das familias, que mellora a atención dos servizos e que comunitariamente coñecemos mellor o proceso.
Nestes días, Ana R. Barreiro ofrecíanos outra das súas publicacións pedagóxicas e nela vese moi ben isto que estamos contando. En Óutara, no Brollón, a porcentaxe está no 7.32 %, en só dez anos (a primeira é de 2015).
Fáltanos só información de 5 concellos lugueses para termos o primeiro listado completo de resultados. Pouco vai tardar.

RODEIROBorraxeiro é o nome que recibe a auga miúda, criadora; o regadío da natureza. É tamén topónimo e, como tal, marca...
12/06/2026

RODEIRO

Borraxeiro é o nome que recibe a auga miúda, criadora; o regadío da natureza. É tamén topónimo e, como tal, marca de identidade das persoas que naceron no lugar.
Javier mantívoo con orgullo no nome do comercio familiar e deulle esplendor en todas as iniciativas comunitarias en que participou.
Agora, á sombra das árbores, fai escola.
Non só en Rodeiro.

ESMELLESon as florciñas ventureiras que nacen e crecen en Ferrol e as súas parroquias.Raquel Santiago e Sandra Blanco so...
11/06/2026

ESMELLE

Son as florciñas ventureiras que nacen e crecen en Ferrol e as súas parroquias.
Raquel Santiago e Sandra Blanco son especialistas en localizalas e en facérnolas chegar.

GUAMIL (BAÑOS de MOLGAS)Di José Luis Homedapedra Lozano Rúa que o de Guamil é un cemiterio pequeno. Cun total de 40 cons...
10/06/2026

GUAMIL (BAÑOS de MOLGAS)

Di José Luis Homedapedra Lozano Rúa que o de Guamil é un cemiterio pequeno. Cun total de 40 construcións, ocupa todo o espazo do adro salvo na entrada á igrexa. Son 36 dunha altura, 3 máis antigas contan aínda con tampa única de pedra e 1 hai unha sepultura en terra. O galego está á vista nesta da imaxe.

CORTEGADA de SARREAUSNa primeira fase deste traballo, cando estábamos á procura de contactos nas diferentes localidades,...
09/06/2026

CORTEGADA de SARREAUS

Na primeira fase deste traballo, cando estábamos á procura de contactos nas diferentes localidades, en Sarreaus ou non tíñamos respostas ou eran negativas do tipo "aquí non hai".
Agora xa estamos na fase de estudo das cifras parroquiais e continúan chegando boas noticias.
José Luis Homedapedra Lozano Rúa estivo en Cortegada e comentounos que hai dúas partes no cemiterio: na vella non hai inscricións en galego; e na nova están en 4 das 71 propiedades.
Como exemplo, este fermoso recordo comunitario.

NON CHE DIXEMOS ADEUSBetanzos é un deses lugares en que aínda non conseguimos colaboración con estabilidade. Temosa sort...
08/06/2026

NON CHE DIXEMOS ADEUS

Betanzos é un deses lugares en que aínda non conseguimos colaboración con estabilidade. Temosa sorte de que moitas persoas que pasan por alí aproveitan para facer visualizacións e mándannos imaxes de auténticos tesouros.
Este que recolleu Victorino Pérez Prieto está facendo escola desde 2010.

RUBIACÓSMariluz Rodríguez, a creadora da páxina Vai de vagar. Beariz, envíanos a información da parroquia de Santa Cruz ...
07/06/2026

RUBIACÓS

Mariluz Rodríguez, a creadora da páxina Vai de vagar. Beariz, envíanos a información da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello de Nogueira de Ramuín.
Entre un total de 76 propiedades, son 3 as familias que iniciaron a comunicación en galego. Un magnífico exemplo é este.

MORGADEDentro da iniciativa da Restauración da Memoria Libgüística, na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia, homenaxe...
06/06/2026

MORGADE

Dentro da iniciativa da Restauración da Memoria Libgüística, na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia, homenaxearon as parteiras.
José Luis Homedapedra Lozano Rúa estivo alí e mandounos as imaxes das inscricións.

DONIÑOSAs cifras dannos a razón: o noso idioma está á vista en case todos os camposantos do país. Aínda que nalgúns luga...
05/06/2026

DONIÑOS

As cifras dannos a razón: o noso idioma está á vista en case todos os camposantos do país. Aínda que nalgúns lugares comezan a agromar agora, as referencias aumentan a ritmo constante.
En Ferrol foi difícil comezar a actividade, mais agora o proceso está en marcha. Sandra Blanco fixo a revisión inicial en dúas parroquias e nestes días participou con Raquel Santiago Romo na revisión doutras tres, unha delas Doniños.
En Doniños contabilizaron 326 propiedades (197 en parede e e 129 en terra) e rexistraron inscricións escritas en galego por iniciativa de 9 familias. Tamén chama a atención a información da xestión do acondicionamento do recinto: o anuncio conserva a mesma maqueta dos que hai noutras parroquias, mais neste caso o texto tamén está en galego. Unha boa mostra de sensibilidade.
Como neste momento as nosas publicacións teñen unha media de mil lecturas diarias, hai bastantes posibilidades de que esta mensaxe chegue a persoas de Doniños. Se é así, agradecemos que transmitan o noso recoñecemento á familia de Rita e, obviamente, a Carla.

TABOEXAContinúa Marcelo Marce o traballo de visualización e estudo nos concellos de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra, Ar...
04/06/2026

TABOEXA

Continúa Marcelo Marce o traballo de visualización e estudo nos concellos de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra, Arbo e as Neves.
En Taboexa, nas Neves, contrabilizou propiedades de 319 familias e rexistrou que 10 xa puxeron inscricións en galego.

Endereço

Galiza

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Palabra e Memoria publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Compartilhar