11/01/2026
Este post vai para todos aqueles que daban por feito...:
- Un bocadillo e un refresco tanto nos partidos de fora da casa como na casa.
- 2 sudadeiras, 2 camisetas e 2 pantalóns de roupa de entreno por xogador.
- Roupa de xogo cedida polo clube, xunto coa roupa de quencemento do pre-encontro e de abrigo para os xogadores suplentes.
- Servicio de lavandería para a roupa citada anteriormente.
- Fisioterapia gratuíta para xogadores do Clube.
- Servicio de autocar para todos os encontros de fora da casa que albergasen unha distancia maior que Buño-Baio
- Augas individuáis tanto en entrenos coma en encontros para evitar contaxio de enfermidades.
- Froita variada nos descansos dos encontros tanto nos da casa como nos de fora.
- Adestradores titulados e completamente autónomos en decisións e modelos de traballo dirixidos fronte un estilo único de Clube levado a cabo mediante unha tamén autónoma coordinación deportiva.
É un post para recordar que o tempo desenmascara toda mentira.
Un Clube que decían era moi viable, con un superávit anual be***al, tivo que facer recortes en absolutamente todos os puntos comentados anteriormente.
Menospreciaron ata unha lavandería que chegaron a decir "en dous días temos toda roupa preparada e lista" e agora son os xogadores os que teñen que levar a roupa de xogo pa súas casas e lavala. Sabedes o porqué disto?, porque para lavala o clube primeiro hai que ter cartos e despois traballo, traballo e máis traballo.....
Cumprense 3 anos do cambio de directiva máis vergoñento da historia do Fútbol da Costa é polo menos xa que nin unhas mínimas disculpas recibimos nunca o respecto, nadie vai olvidar todo o que fixemos sempre desinteresadamente porque imos estar aquí para recordalo. Nadie vai actuar de "rositas" porque tamén imos tar aquí para recordar todo o prometido e que non se está cumprindo.
O dito de sempre, "nin uns son tan bos nin os outros eran tan malos", "sempre virá alguén que bo che fará"