Concello de San Sadurniño

10/12/2025
O Concello está repartindo xa os talonarios entre os establecementos participantes (bares, restaurantes, tendas, superme...
10/12/2025

O Concello está repartindo xa os talonarios entre os establecementos participantes (bares, restaurantes, tendas, supermercados e outros negocios).

Por gastos inferiores a 10€ entrarás no sorteo dunha das sete cestas valoradas en 70 euros. Entre as papeletas de gasto superior a 10€ sortearanse outros tres lotes, valorados neste caso en 140€ cada un.

Facer gasto nos establecementos de San Sadurniño volverá ter premio durante estas festas do Nadal. E é que o Concello promove de novo a campaña de apoio aos negocios locais “Polo Nadal, consumo local”. Unha proposta coa que se pretende dinamizar o noso tecido comercial e hostaleiro, ademais ...

A unidade móbil de renovación de dnis e pasaportes da Policía Nacional volverá por San Sadurniño o próximo 19 de decembr...
09/12/2025

A unidade móbil de renovación de dnis e pasaportes da Policía Nacional volverá por San Sadurniño o próximo 19 de decembro. Debes solicitar cita previa chamando ao Concello.

O obradoiro desenvolverase este sábado 13 de decembro a partir das 11:00h no local social da Seara, en Ferreira de Abaix...
09/12/2025

O obradoiro desenvolverase este sábado 13 de decembro a partir das 11:00h no local social da Seara, en Ferreira de Abaixo. Estará conducido por Tania Couce, de Floristería La Feria, e só se ofrecen 12 prazas. Reserva a túa en [email protected] ou chamando ao 695 876 178.

A florista Tania Couce de Paz vai ser a encargada de dirixir o último obradoiro do programa "Tempos para compartir" deste ano, no que aprenderemos a facer coroas de Nadal e outros adornos cos que decorar a casa para as festas que nos veñen aí. O encontro terá lugar no local social da Seara, en.....

Esta fin de semana prendemos a iluminación do Nadal que engalana os principais espazos do centro urbano. Iniciamos así u...
05/12/2025

Esta fin de semana prendemos a iluminación do Nadal que engalana os principais espazos do centro urbano. Iniciamos así un programa que terá a súa primeira cita o sábado 13 co "Tempos para compartir" onde a florista Tania Couce de Paz nos ensinará a facer espectaculares coroas de Nadal e adornos con motivos vexetais.

Podes consultar a programación completa na web municipal e no Google Calendar.

Exposicións, música, escénicas, a visita do Apalpador e dos Reis Magos de Oriente... San Sadurniño énchese de propostas de lecer e de maxia durante as festas do Nadal e Reis, seguramente as máis sentidas e familiares do ano. O Concello, que acenderá esta fin de semana a iluminación do centro...

llega700 acaba de informar ao Concello do próximo acendido dun repetidor de telefonía móbil que podería interferir no si...
04/12/2025

llega700 acaba de informar ao Concello do próximo acendido dun repetidor de telefonía móbil que podería interferir no sinal da televisión. Se notades algún problema de recepción, contactade coa empresa na súa web -dentro da noticia tedes a ligazón- ou chamade ao 900 833 999 para que volo solucionen totalmente gratis.

Movistar, Vodafone e Orange seguen despregando redes 5G para ofrecer maiores caudais de datos e velocidades de conexión á rede de telefonía móbil. Un proceso que vai pouco a pouco e que, debido á activación de novos repetidores, pode provocar interferencias na recepción da TDT, como por exemp...

A nosa recente campioa de España vai xa camiño de Tenerife á procura dun novo éxito, desta vez no europeo. Leva o nome d...
03/12/2025

A nosa recente campioa de España vai xa camiño de Tenerife á procura dun novo éxito, desta vez no europeo. Leva o nome de San Sadurniño na súa táboa, xunto cos azos que lle enviamos todas e todos nós. Moita sorte Candela!!!!

Xeoparque Cabo Ortegal

A surfista de San Sadurniño Candela Pérez Dopico, recente campioa de España Sub-12, viaxa esta fin de semana a Tenerife para competir no Eurokids, o circuíto europeo infantil integrado no Las Américas Pro Surf Fest. Candela, de só 11 anos, buscará repetir —ou mesmo mellorar— a prata que t...

02/12/2025
Actualizamos a guía redactada hai uns anos para adaptala á realidade actual, e para seguir promovendo a igualdade a trav...
02/12/2025

Actualizamos a guía redactada hai uns anos para adaptala á realidade actual, e para seguir promovendo a igualdade a través da lingua, que é unha das pezas clave da construción social. No interior da nova tedes a ligazón de descarga. San Sadurniño En Igualdade

A área municipal de Igualdade acaba de de editar a segunda Guía de Linguaxe Inclusiva e Non Sexista, un documento que actualiza e amplía a primeira versión publicada en 2013. O novo material encádrase nas accións do IV Plan de Igualdade municipal e ten como obxectivo reforzar o compromiso inst...

02/12/2025
Podedes visitar a exposición nos horarios de apertura das oficinas municipais. Ademais tamén podedes contactar cos autor...
01/12/2025

Podedes visitar a exposición nos horarios de apertura das oficinas municipais. Ademais tamén podedes contactar cos autores por se vos interesa algún dos cadros expostos.

A galería da Casa do Concello de San Sadurniño exhibe ata finais de decembro unha exposición conxunta dos artistas ferroláns Carlos Barcón e Julio Ferrín, dous creadores que achegan olladas complementarias sobre o territorio: o primeiro, a través da forza e a poesía do mar en once óleos de ...

30/11/2025

Dirección

Lugar Do Casal 16
A Coruña
15560

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34981490027

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de San Sadurniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir