08/09/2026
A desesperación é un sentimento complexo. Un ou unha pode estar farta de
escoitar ou ver algo e empezar a pasar diso, mais se desaparece por un tempo...
entón a cousa cambia. Porque xa o demostrou Lisa nos Simpsons cando lle quitaba a pelota a Maggie e, xunto con Bart, esta non quería outra cousa que non fose esa pelota. Pura psicoloxía, sempre queremos o que non podemos ter, poñemos de menos aquilo que perdemos. E, cando o recuperamos, aferrámonos a iso por medo a volver a perdelo.
Por iso marchamos de vacacións, para que sentirades o valeiro e, agora, volvemos con máis forza para aturar que nos abracedes con todas as vosas forzas. Quedou isto moi manipulador? Pode. É real? Claro que non, ou pensades que nos
da a cabeza para tanto? Só fomos de vacación por non darvos a turra máis, que ben mereciades un descanso. Porén, volvemos, con máis forza, para dar máis a turra con temas destes que molan a dios. E cando empezamos? Pois este mesmo xoves 10 de setembro, como sempre, as 18:00, onde sempre, en CuacFM, e logo nos mesmos sitios (Ivoox aínda non volveu, por desgraza). Comezamos a tempada cun tema de actualidade e moi duro, como é a maior dificultade para adquirir bens propios, sustituíndose por modelos de alquiler/suscripcións continuas.
Oímonos aboiados e aboiadas. Difundide a palabra!