Baía Edicións

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Baía Edicións Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, así como libros Peteiro, Guías de Iniciación, O meu pequeno animalario...)

Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público infantil e xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos a esta franxa de idade, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Contos da igualdade, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia, Emocións, Pregunta á Dra. con outros con predominio lúdico-literario (Meiga Moira, Xiz de cor, Rodribico, Mar de letras, Grandes clásicos adaptados, Fabulando, A nosa historia de Pepe Carreiro, Barriga Verde infantil...), todos eles cun importante contido visual. No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, alcanzando en 2016 a súa sétima edición, que se ten convertido un auténtico foro para autoras e autores novos que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito. Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación e de promover un estilo de vida en harmonía coa natureza. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, integrada por máis de 20 títulos ilustrados entre guías da natureza, guías prácticas e unidades didácticas, premiada, entre outros, en 2013 no seu conxunto co Mellor proxecto editorial concedido pola Federación de Librerías de Galicia. En 2007 a Guía dos mamíferos de Galicia logrou o Premio “Isaac Díaz Pardo “ ao Mellor Libro Ilustrado concedido pola Asociación Galega de Editoras. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo. Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand World Cookbook Awards. Desde os nosos inicios, tivemos clara a necesidade de impulsar o ensino en galego e desde Galiza, por ese motivo, ao longo dos anos e adaptados aos diferentes proxectos curriculares, ofertamos Libros de Texto feitos en galego e pensados desde Galiza por profesionais que coñecen a nosa realidade social e educativa e que, co tempo, fomos actualizando ás novas tecnoloxías, coa creación de libros educativos electrónicos e a plataforma Aula Virtual de Baía, coa que se dota dunha ferramenta áxil e permanentemente actualizada ás/aos ensinantes para facilitar o seu traballo pedagóxico e didáctico diario. Asemade, promoveu o selo editorial Ártabro Editora para a publicación en español e participou na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que se foi convertendo na única accionista, e que, na actualidade, conta na súa carteira de distribución co 80 % das empresas editoriais galegas. Iniciou a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en portugués, euskera, catalán, castelán e francés.

Desde Baía Edicións queremos felicitar a todas e cada unha das escritoras do panorama editorial e concretamente ás que c...
19/10/2026

Desde Baía Edicións queremos felicitar a todas e cada unha das escritoras do panorama editorial e concretamente ás que confiaron en Baía Edicións para xestionar as súas publicacións neste ! Parabéns e grazas!📚💜

Preparando a presentación deste xoves 1 de outubro en Oleiros da obra COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA, ...
29/09/2026

Preparando a presentación deste xoves 1 de outubro en Oleiros da obra COMO SE FORMOU ESTA PAISAXE? XEOLOXÍA DE GALICIA, de . 📚⛰
Libro no que tratamos de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.
https://baiaedicions.gal/ensaio/602-como-se-formou-esta-paisaxe.html

Unha pequena mostra da marabillosa tarde que pasamos na Libraría de Mulleres Lila de Lilith o xoves pasado falando da úl...
28/09/2026

Unha pequena mostra da marabillosa tarde que pasamos na Libraría de Mulleres Lila de Lilith o xoves pasado falando da última obra de Eli Rios, RdC. 📚💜

📣Queda un día para poder conversar con Eli Rios sobre a súa última obra "RdC" na Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Un...
23/09/2026

📣Queda un día para poder conversar con Eli Rios sobre a súa última obra "RdC" na Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Unha tarde na que contaremos coa presencia de Luna Bouzada e Adela Touriñán para acompañar á autora nesta conversa. Vémonos!! 📚💜
📆 Xoves 24 de setembro ás 19:00 h. na Libraría Lila de Lilith.
Ilustración da cuberta: Laura Barreiro Andrés.
https://baiaedicions.gal/categoria/617-rdc.html

Alegrámonos de que esta marabilla de colección sobre as Emocións poida estar ao acceso de todas e todos! Grazas Normaliz...
23/09/2026

Alegrámonos de que esta marabilla de colección sobre as Emocións poida estar ao acceso de todas e todos! Grazas Normalización Concello da Coruña📚💜

11/09/2026
📣Preparando a presentación de "RdC", de Eli Rios na Libraría Lila de Lilith. Acto no que estará acompañado por Luna Bouz...
11/09/2026

📣Preparando a presentación de "RdC", de Eli Rios na Libraría Lila de Lilith. Acto no que estará acompañado por Luna Bouzada e Adela Touriñán. Vémonos!! 📚💜
📆 Xoves 24 de setembro ás 19:00 h. na Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
Ilustración da cuberta: Laura Barreiro Andrés.
https://baiaedicions.gal/categoria/617-rdc.html

  A MONA DE SCHRÖDINGER, de  !📚🐵Nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, "A mona de Schrödinger" co...
01/09/2026

A MONA DE SCHRÖDINGER, de !📚🐵
Nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, "A mona de Schrödinger" convídanos a acompañar a mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.
https://baiaedicions.gal/creacion-literaria/566-a-mona-de-schrodinger.html

📣Comezamos a semana cun libro didáctico, A MAXIA DA CERÁMICA, de Sabela Orgueira Viqueira. Un conto no que descubrirás a...
31/08/2026

📣Comezamos a semana cun libro didáctico, A MAXIA DA CERÁMICA, de Sabela Orgueira Viqueira. Un conto no que descubrirás a maxia da cerámica! Aprenderás a transformar o barro e convertelo en fermosas pezas, coñecerás as ferramentas, técnicas, procesos e acabados cerámicos con ilustracións para inspirarte e facer as túas propias creacións. 📚🏺
https://baiaedicions.gal/xiz-de-cor/587-a-maxia-da-ceramica.html

Dirección

Baía Edicións, Segunda Avenida, A2, 52, Polígono De Pocomaco
A Coruña
15190

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981174296

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Baía Edicións publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Baía Edicións:

Atajos

Compartir

Categoría