Bueno Carallo Bueno

Cómo llegar

Bueno Carallo Bueno Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO. Din eles.

21.10.2026Programa con público (en Barcelona). Pouquísimas prazas! Se queres vir, escríbenos!
10/10/2026

21.10.2026

Programa con público (en Barcelona). Pouquísimas prazas! Se queres vir, escríbenos!

22/09/2026

88 episodios.
Cero aprendizaxes.
E aínda nos quedaron cousas por dicir. Mala cousa.

🎙️ Bueno Carallo Bueno volve coa SÉTIMA TEMPADA.

Pensabades que seis eran suficientes?
Pois nós tampouco.

Máis conversa, máis retranca e, probablemente, máis m###x. 💙

🔔 Síguenos para non perder o regreso.

NovaTempada

20/09/2026

O espectáculo está a piques de comezar. Estades preparados?

14/09/2026

Así chega a SÉTIMA TEMPADA do Bueno Carallo Bueno: con rigor, profesionalidade, personalidade… e a rivalidade galega perfectamente xestionada. Máis ou menos. 😂

Silvio, do Celta. Alberte, do Dépor.

O resto xa volo podedes imaxinar.

🎙️ Volvemos.
🏀 Hai baloncesto.
🔥 E hai contas pendentes.

Imos a pola sétima.

01/08/2026

No maratón de galeguidades do .gal tivemos que contat unha anécdota e escollemos a vez que esqueceu que EN GALICIA FAI FRÍO e houbo que ir de outlets.

Bos recordos do .rir

Grazas a todos e todas por acompañarnos neste peche de tempada do Bueno Carallo Bueno.Pasámolo moi ben compartindo unha ...
22/06/2026

Grazas a todos e todas por acompañarnos neste peche de tempada do Bueno Carallo Bueno.

Pasámolo moi ben compartindo unha tarde de podcast en directo, conversas, risas e moito bo ambiente no Centro Galego de Barcelona Centro Galego de Barcelona

Queremos agradecerlle especialmente ao Centro Galego de Barcelona a súa xenerosidade e a confianza por abrirnos as portas e acollernos unha vez máis.

Grazas tamén a Pablo Casal, que coa súa particular maneira de ver o mundo sempre consegue que as conversas collan camiños inesperados e que acabemos falando de cousas que non sabiamos nin que tiñamos na cabeza.

E, por suposto, grazas a toda a xente que nos segue, nos escoita e nos acompaña nesta aventura. Sen vós, todo isto tería bastante menos sentido.

Desta volta, ademais, montamos un pequeno posto coas camisolas do Bueno Carallo Bueno, que nos vai vir moi ben para darlle un pequeno impulso ao proxecto. Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes, preguntastes e levastes unha para a casa.

Queredes unha camisola de Bueno Carallo Bueno?

Pois estade atentos, porque igual aínda non está todo dito… 😉

21/06/2026

LA VENTANITA (gaita version), o mellor xeito de pechar a tempada. Grazas Samuel e por todas as facilidades 🙌🏻🙌🏻

Seica xa comezou o Mundial. Xa tes os nosos cromos? 🤣 PANENE A QUE ESPERAS?!Este sábado 20 de xuño ás 18h esperámosvos n...
15/06/2026

Seica xa comezou o Mundial. Xa tes os nosos cromos? 🤣 PANENE A QUE ESPERAS?!

Este sábado 20 de xuño ás 18h esperámosvos no Centro Galego de Barcelona

Esta semana tivemos lío. Pero o día 20 de xuño vémonos no Centro Galego de Barcelona. Por certo, ao Papa gustoulle o lic...
11/06/2026

Esta semana tivemos lío.

Pero o día 20 de xuño vémonos no Centro Galego de Barcelona.

Por certo, ao Papa gustoulle o licor café. Da casa.

09/06/2026

Sábado 20 de xuño ás 18h no Galego de Barcelona 💜

O mellor p**o podcast en do mundo. Ao vivo. Sexta tempada.

Dirección

Barcelona

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bueno Carallo Bueno publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir