
04/11/2024
Vai un aviso para que compartades. A Biblioteca Municipal de San Sadurniño (Lendo En San Sadurniño) modifica os seus horarios desde esta mesma semana.
Até novo aviso abrirá de luns a venres en horario de 10:30 a 14:00h e os martes e xoves de 15:00 a 19:00h.
Xa vos avanzamos tamén que o servizo permanecerá pechado durante as vacacións escolares, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro.
Pregamos escusas polos inconvenientes que estes cambios vos poidan causar, agardando que a biblioteca e os clubes de lectura poidan volver á normalidade no prazo máis curto posible.