Xuntanza de Empresarios de Ames

Xuntanza de Empresarios de Ames Xuntanza de empresarios de Ames, apoyemos al pequeño comercio.

14/08/2026

🎥 IDEA PARA O VÍDEO DA XINCANA DE XENTE NOVA XEA! 🎭😂

Á directiva de XEA gústalle moito o de pintar a mona… e por iso aquí vos deixamos un vídeo de exemplo dun dos tipos de propostas que podedes presentar 👀

Non queremos nada profesional! ✨ Non tedes que saír os membros da peña, podedes facelo perfectamente cunha voz en off, poñendo fotos, facendo unha pequena escena… o que se vos ocorra!

O único requisito é o obxectivo: darlle visibilidade á hostalería e comercio de

A idea é botarlle imaxinación e pasalo ben 🤪

🎬 Mirade o vídeo modelo e ide pensando na vosa proposta!

Anímate e participa na Xincana de Xente Nova XEA! 💥

12/08/2026

🦷 Dámosvos a coñecer 𝐑𝐮𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐮́𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥!

Detrás desta clínica están David Fernández Millán e David Fernández Fernández, dous doutores e compañeiros que elixiron Ames para instalar o seu centro e desenvolver aquí o seu proxecto profesional, apostando pola innovación, a tecnoloxía e, sobre todo, polo factor humano.

Porque cando falamos de saúde, a tecnoloxía é importante, pero tamén o son as persoas que están detrás de cada tratamento. E esa combinación é unha das claves da súa forma de traballar!

A experiencia e a ampla formación, os especialistas e o último en tecnoloxía dental (radiografía dixital, escáner dental 3D…) permítelles ofrecer aos pacientes a máxima comodidade e excelencia nos seus tratamentos.

O obxectivo de é claro: un equipo que traballa para conseguir a mellor saúde bucodental e o mellor sorriso!

📍 Están na Rúa Rueiro, nº 5, en Bertamiráns (Ames).

Grazas por ser 🩵




Comeza a conta atrás! ⏳Lembra que está aberta a inscrición 🔎📋 para participar na Xente Nova XEA, unha iniciativa pioneir...
11/08/2026

Comeza a conta atrás! ⏳

Lembra que está aberta a inscrición 🔎📋 para participar na Xente Nova XEA, unha iniciativa pioneira dirixida á mocidade que combina lecer, participación e dinamización do comercio, da hostalaría locais de Ames organizada por XEA en colaboración co e .

🔹Crea a túa peña de 6 a 10 participantes de 16 a 30 anos!
🔹A xincana consta de 3 partes esenciais:

• Vídeo que debe realizar a peña e colgar en colab de e desde o 15 de agosto en diante!
• Xincana estática con probas tipo Gran Prix!
• Probas nos establecementos socios/as de XEA

Toda a ℹ️ en www.xuntanzadeempresariosdeames.gal/xentenova

05/08/2026

Lourdes e Lito dannos a benvida a unha casa con encanto no corazón da tranquilidade 🩵 𝐀 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐨 𝐁𝐨𝐢 é moito máis ca un albergue, é fogar!

Na Casa do Boi, en Ventosa (Ames), atoparás un recuncho para descansar, respirar e vivir a esencia do Camiño de Santiago.

😴 Habitación dobre para unha estadía con todo o confort.
🛏️ Dúas estancias con liteiras, ideais para peregrinos e viaxeiros.
🏡 Unha casa independente perfecta para familias ou grupos que buscan privacidade.

Rodeados de natureza, paz e silencio, está a 9 quilómetros de Santiago de Compostela, no enclave ideal para desconectar e recargar enerxías 🚶🏻🚶🏻‍♀️e tamén poder almorzar ☕️ ou tomarlle unhas 🍻 de tardeo cos amigos!

🌿 Se buscas unha experiencia auténtica, con encanto e o agarimo dunha casa galega, A Casa do Boi agárdate.

acasadoboi.com

Grazas por ser 🩵




SORTEO NESTA PUBLICACIÓN! 🚀 XENTENOVAXEA 2026 xa está en marcha! 🩵📅 05.09.26… Estades preparadxs?Xa está aberto o prazo ...
03/08/2026

SORTEO NESTA PUBLICACIÓN! 🚀 XENTENOVAXEA 2026 xa está en marcha! 🩵

📅 05.09.26… Estades preparadxs?

Xa está aberto o prazo de inscrición das peñas, así que xuntade o voso equipo e preparádevos para unha nova edición chea de probas, diversión e premios 🔗https://forms.gle/vhEs9yPeDtwFHNNAA

🎉 E para comezar… temos SORTEO!

🎁 Sorteamos 2 Bonos XEA de 50 €
(1 en Instagram e 1 en Facebook)

Para participar só tes que:
✅ Mencionar a un amigo/a nos comentarios.
✅ Compartir esta publicación.

🗓️ Podes participar ata o 30 de agosto!

🏆 ATENCIÓN PEÑAS

🎥 Entre o 15 de agosto e o 1 de setembro, cada peña deberá publicar un reel promocionando o comercio e a hostalaría local de Ames.

📲 Ese reel formará parte da puntuación da xincana, así que sacade toda a vosa creatividade e axudade a dar visibilidade aos negocios locais de XEA!

Toda a ℹ️ ao detalle en xuntanzadeempresariosames.gal/xentenova



📢 Desde a Xuntanza de Empresarios de Ames informamos de que o  autorizou ampliación excepcional dos horarios xerais de p...
31/07/2026

📢 Desde a Xuntanza de Empresarios de Ames informamos de que o autorizou ampliación excepcional dos horarios xerais de peche dos establecementos hostaleiros con motivo das festas da Madalena, no Milladoiro, e da Peregrina, en Bertamiráns.

🗓️ A medida estará vixente entre o 31 de xullo e o 9 de agosto de 2026.

⏰ A ampliación será:
• Ata 2 horas nas xornadas de maior afluencia.
• 1 hora no resto das noites festivas.

Esta ampliación aplicarase tanto aos interiores dos establecementos como ás terrazas!

🎉 Desexámosvos unhas felices festas e convidámosvos a festexalas nos nosos restaurantes e bares socios!

 #050926… Estás preparadx? 👀Chega Xente Nova XEA, unha iniciativa pioneira dirixida á mocidade que combina lecer, partic...
30/07/2026

#050926… Estás preparadx? 👀

Chega Xente Nova XEA, unha iniciativa pioneira dirixida á mocidade que combina lecer, participación e dinamización do comercio, da hostalaría locais de Ames organizada por XEA en colaboración co e .

📅 A cita celebrarase o sábado 5 de setembro de 2026, en horario de 16:30 a 21:00 horas, e rematará cunha gran festa final con sesión dj e a entrega de premios 🎉

📍 Reúne a túa peña (de 6 a 10 persoas) percorre o comercio e a hostalaría local, supera retos, crea, compite e gaña bonos para canxear nos negocios socios de Ames!

🎯 Se tes entre 16 e 30 anos, esta é a túa oportunidade de vivir unha experiencia diferente.

🏆 Premios por valor de 1.100 € en bonos para consumir no comercio local:

🥇 600 €
🥈 300 €
🥉 200 €

🎥 Ademais, cada peña terá que crear un reel para Instagram, onde a creatividade tamén suma puntos.

🎧 A xornada rematará cunha gran festa final con DJ e entrega de premios.

📅 5 de setembro de 2026
🕟 De 16:30 a 21:00 h
📍 Ames

🆓 Inscrición gratuíta. As prazas son limitadas (12-15 peñas). Consulta as bases e inscríbete antes de que se esgoten as prazas:

📲 Bases: https://www.xuntanzadeempresariosdeames.gal/xentenova/
📝 Formulario de inscrición: https://forms.gle/vhEs9yPeDtwFHNNAA

Grazas por ser 🩵



ComercioLocal XuntaDeGalicia

28/07/2026

🪄Os libros achégannos a mundos e a historias especiais e á veces tamén nos conectan con persoas e comunidades como a de ! 📚

Unha librería asentada en Bertamiráns, na praza da Mahía, e que evolucionou nun espazo para compartir con outras persoas apaixoadas da lectura.

💬🎼 Obradoiros, contacontos, clubs de lectura, quedadas para aprender idiomas ou falar naquelas linguas que algún que outro veciño asentado en Ames bota de menos… iso é Leria.

Ademais, conta con editorial propia onde atoparás libros que saíron á luz con moito coidado, traballo e detalle, recuperando fragmentos moi especiais de escritores de renome 📖

Grazas por ser 🩵




Feliz   🩵Hoxe celebramos a cultura, a terra, a identidade… e tamén as persoas que fan que medre cada día o noso orgullo ...
25/07/2026

Feliz 🩵

Hoxe celebramos a cultura, a terra, a identidade… e tamén as persoas que fan que medre cada día o noso orgullo de ser galegos e galegas!

🍽️🛍️ A hostalería e o comercio local son parte do que nos define como pobo. Son quen nos dan sabor, servizo e vida en cada rúa, en cada recuncho de Ames !

Grazas a todos os hostaleiros/as e comerciantes de XEA. Moi feliz 25 de xullo!

Dirección

Brion

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xuntanza de Empresarios de Ames publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Xuntanza de Empresarios de Ames:

Atajos

Compartir