
28/08/2025
✨ Descubre a Compostela máis oculta!
Sabías que só na rúa Nova hai ata 12 placas conmemorativas de persoeiros ligados á cidade... e moitas veces nin reparamos nelas?
O xornalista e promotor cultural Fernando Franjo Franjo quere cambiar isto con📖 "Aquí viviu. Por aquí pasou", unha publicación coeditada por e o Consorcio de Santiago
📍 A través de 52 nomes, planos, máis de 200 imaxes e historias fascinantes, propón unha ruta pola cidade dividida en cinco zonas: Alameda, Cidade Histórica, Galeras-Vista Alegre, Santa Clara-San Roque e Conxo.
No percorrido atoparás a Rosalía, Castelao, Valle-Inclán, As Marías, Hemingway, Eva Perón ou Lorca, entre outros, acompañados de esculturas e bustos de artistas como Asorey ou Mariano Benlliure.
🌟 Un xeito diferente de redescubrir Santiago e reivindicar un patrimonio que estaba, en palabras do autor, “non esquecido, pero si invisibilizado”.
👉 Atréveste a facer esta ruta e mirar a cidade con novos ollos?
La Voz de Galicia
A «sorpresa» máis grande «é que dos 52 nomes, só nove son de mulleres»