Arousa Si Radio

Arousa Si Radio A Radio a carón de ti. Directos no 107.9 FM e en streaming aquí: http://www.siradiodegalicia.com/

AROUSA SI RADIO constitúese como unha nova oferta radiofónica que ten como obxectivo servir de canle informativa e de entremento para os veciños e veciñas das comarcas de O Salnés, O Barbanza, Ulla-Umia e Pontevedra, cunha clara vocación de servizo público e de defensa dos intereses xerais destas comarcas. A nosa programación combina a información, a música e o deporte co entretemento positivo, f

acendo programación local en directo. A nosa intención é acompañarte nas ondas a través deste diales: 107.9, 101.7 e 89.9 da FM, facilitando a túa participación a través do teléfono 986 54 20 54, do correo electronico [email protected] ou das redes sociais a través do Facebook e Instagram

E lembra que, dende agora, nos bos e malos momentos AROUSA SI RADIO está contigo.

  ✔️𝐎 𝐁𝐍𝐆 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐠𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 𝐩𝐢𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐥𝐞𝐦𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐧𝐚 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐈𝐧𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚📌O grupo ...
07/09/2026

✔️𝐎 𝐁𝐍𝐆 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐠𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 𝐩𝐢𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐥𝐞𝐦𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐧𝐚 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐈𝐧𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚

📌O grupo municipal do BNG Vilagarcía de Arousa reclama ao goberno local que execute unha actuación na Praza da Independencia para solucionar os problemas de seguridade e mobilidade que presenta actualmente este espazo público.

📌A formación nacionalista recolle "numerosas denuncias trasladadas por persoas usuarias da praza" que, tras sufrir caídas e tropezos, alertan do perigo que supoñen os diferentes ocos existentes no pavimento.

📌Espazos deseñados nun principio para a vexetación pero que permanecen baleiros, "converténdose en zonas de terra, con desniveis e socavóns".

📌Por elo, o BNG levará ao pleno deste mes de setembro unha moción instando ao Goberno municipal a que proceda ao arranxo: “estamos a falar dunha actuación pequena, concreta e perfectamente asumible que pode evitar accidentes", indican

  ✔️𝐎 𝐭𝐞𝐬𝐨𝐮𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐱𝐮𝐛𝐢́𝐥𝐚𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐬 𝟑𝟒 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐞𝐧 𝐒𝐚𝐧𝐱𝐞𝐧𝐱𝐨. 📌Tras dúas prórrogas, Luis Sabariz Roldán conc...
07/09/2026

✔️𝐎 𝐭𝐞𝐬𝐨𝐮𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐱𝐮𝐛𝐢́𝐥𝐚𝐬𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐬 𝟑𝟒 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐞𝐧 𝐒𝐚𝐧𝐱𝐞𝐧𝐱𝐨.

📌Tras dúas prórrogas, Luis Sabariz Roldán conclúe, con 70 anos, unha dilatada traxectoria laboral no municipio que lle permitiu coexistir con cinco alcaldes en distintas épocas e partidos: José Antonio Nieto, José Luis Rodríguez, Catalina González, Gonzalo Pita e Telmo Martín.

📌Lembra que cando chegou ao Concello de Sanxenxo "apenas cabiamos no edificio” e que “houbo momentos complicados cando foi a crise en 2009 porque non entraba diñeiro”.

📌Sempre cun trato afable e colaborador, Sabariz presume de “levarse sempre ben cos membros das distintas corporacións” e de “non ter présa se o traballo requiría botarlle máis horas das previstas”.

📌Nunca se propuxo solicitar un traslado a outro concello, a pesar dos case cincuenta quilómetros que o separan da súa casa en Pontecesures.

📌“Non collín nunca unha baixa e, cando tiven algún achaque de saúde, sempre me permitiu volver pronto. Sempre tiven vocación de servizo público”, apunta.

📌O alcalde, Telmo Martín, recibiuno no seu despacho o Día de Santa Rosalía coincidindo co seu último día de traballo e do seu 70 aniversario.

  ✔️𝐎 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐇𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐌𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐦𝐞𝐬 𝐚 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐧𝐮́𝐬 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐂𝐚́𝐫𝐢𝐭𝐚𝐬 📌O alumn...
07/09/2026

✔️𝐎 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐇𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐌𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐢𝐧𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐦𝐞𝐬 𝐚 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐧𝐮́𝐬 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐂𝐚́𝐫𝐢𝐭𝐚𝐬

📌O alumnado do Obradoiro de Hostalería Mar de Santiago, que se celebra no Centro de Desenvolvemento Local do Pazo de Vista Real do Concello De Vilanova de Arousa, elaborará
este mes de setembro 40 menús semanais para o comedor social de Cáritas Arousa.

📌A iniciativa solidaria xa se levou con éxito en anteriores edicións do obradoiro, estendendo así ao alumnado de cociña e sala no aspecto humanitario da súa formación

📌Segundo a docente do Obradoiro, Beatriz Regueira, o estudantado, 10 persoas en cada especialidade, "está a demostrar un extraordinario compromiso e capacidade de traballo nos tres meses desde o inicio das clases".

📌Durante este tempo, xa participaron en situacións prácticas como a presentación en Lalín da Festa do Mexillón e o Berberecho, os almorzos para o alumnado dos cursos ADF que tamén se imparten en Vista Real, o xantar para as persoas usuarias das casas do maior de Vilanova ou os petiscos para o nomeamento de Soledad Puértolas como Filla Adoptiva da vila.

  ✔️𝐑𝐚𝐯𝐞𝐥𝐥𝐚 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐭𝐚 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐧𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐚𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐱𝐢𝐨 𝐄𝐬𝐜𝐚𝐫𝐝𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞𝐢𝐭𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐫𝐫𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐜𝐢𝐫𝐜𝐮𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚...
07/09/2026

✔️𝐑𝐚𝐯𝐞𝐥𝐥𝐚 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐭𝐚 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐧𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐚𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐱𝐢𝐨 𝐄𝐬𝐜𝐚𝐫𝐝𝐢𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞𝐢𝐭𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐫𝐫𝐢́𝐬 𝐝𝐞 𝐜𝐢𝐫𝐜𝐮𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐨́𝐧𝐬

📌O Concello Vilagarcía de Arousa
executará este martes unha nova actuación no marco do programa dos "Camiños Escolares Seguros" para mellorar a seguridade viaria no acceso do CEIP da Escardia.

📌Atendendo á demanda realizada dende o propio centro e tras consensualo coa dirección e a ANPA, acordouse estreitar o ancho dos carrís de circulación uns metros antes do paso de peóns situado fronte á entrada da rúa Ramón López Piñeiro.

📌O obxectivo é obrigar aos vehículos a reducir a velocidade ao achegarse á zona de tránsito da rapazada.

📌A medida materializarase pintando franxas "cebreadas" en ambas beiravías da rúa dende uns 20 metros antes e outros tantos despois do paso elevado.

📌As áreas delimitaranse con pivotes e colocarase a debida sinalización vertical advertindo aos condutores sobre o estreitamento de vía na zona escolar.

📌Os traballos, que serán executados por operarios municipais, rematarán na mesma xornada para que estean listos o mércores no inicio do curso escolar.

  ✔️𝐒𝐚𝐥𝐧𝐞́𝐬𝐂𝐥𝐢𝐜𝐤 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐚𝐬 𝟔𝟓𝟒 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐡𝐞𝐫𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐬𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝟒𝟏𝟑.𝟎𝟎𝟎 𝐫𝐞𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐫𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐚𝐧𝐨📌A...
07/09/2026

✔️𝐒𝐚𝐥𝐧𝐞́𝐬𝐂𝐥𝐢𝐜𝐤 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐚𝐬 𝟔𝟓𝟒 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐡𝐞𝐫𝐢𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐬𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝟒𝟏𝟑.𝟎𝟎𝟎 𝐫𝐞𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐫𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐚𝐧𝐨

📌A plataforma xestionada pola Mancomunidade Do Salnés, Salnés Click, continúa consolidándose como unha ferramenta de promoción e visibilidade para as empresas da comarca.

📌De acceso totalmente gratuíto para as empresas, conta actualmente con 654 firmas integradas e, segundo sinala a entidade comarcal, converteuse nun "escaparate dixital" para dar a coñecer a ampla oferta turística e gastronómica do Salnés".

📌O total de empresas adheridas "reúne xa unha representación significativa do tecido empresarial do Salnés" pero a Mancomunidade pretende "continúar traballando para ampliar e actualizar a súa oferta".

📌A Plataforma compleméntase coas redes sociais como outra das principais vías para dar visibilidade ás empresas e aos recursos da comarca

📌Segundo os datos da Mancomunidade, no que levamos de 2026 os reels publicados nas redes sociais de Salnés Click acumularon 413.676 reproducións,
"unha cifra que reflicte o alcance que están a adquirir estes contidos e a súa capacidade para achegar a oferta da comarca a novos públicos".

📌As empresas adheridas, tanto comercios como negocios vinculados ao turismo, trasladaron a súa satisfacción cos resultados.

📌O obxectivo da Mancomunidade é "continuar xerando contidos atractivos" que permitan descubrir O Salnés a través das súas empresas, produtos, gastronomía e experiencias.

05/09/2026

✔️ 𝐈𝐧𝐜𝐞𝐧𝐝𝐢𝐨 𝐧𝐚 𝐬𝐮𝐛𝐞𝐬𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐥𝐞́𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐢𝐯𝐨

  ✔️𝐎 𝐏𝐏 𝐝𝐞𝐧𝐮𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐨 𝐚𝐛𝐚𝐧𝐝𝐨𝐧𝐨 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐚 𝐝𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐟𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐫𝐝𝐨́𝐧📌O PP de Vilagarcía de Arousa  denuncia o "grave ...
04/09/2026

✔️𝐎 𝐏𝐏 𝐝𝐞𝐧𝐮𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐨 𝐚𝐛𝐚𝐧𝐝𝐨𝐧𝐨 𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐚 𝐝𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐟𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐫𝐝𝐨́𝐧

📌O PP de Vilagarcía de Arousa denuncia o "grave estado de abandono" que presenta o aparcamento do campo de fútbol municipal de Berdón.

📌Segundo afirman "hai semanas vénse detectando unha acumulación crecente de residuos e lixo ao lado dos contedores sen que o goberno local adoptase medida algunha para solucionalo".

📌A elo suman a "ocupación" de boa parte do aparcamento por camións abandonados, o que "reduce de forma notable as prazas dispoñibles, ademáis da imaxe deplorable que proxecta a unha semana do inicio das ligas de fútbol de categorías inferior".

📌Problemas que "Alberto Varela non coñece de primeira man porque non pisa o rural", aseveran os populares tras reunirse con membros do Vilagarcía S.D.

📌Por elo, a voceira popular Ana Granja esixe ao goberno local "que se actúe xa", tanto na limpeza como no uso do dominio público.

  ✔️ 𝐒𝐚𝐧𝐱𝐞𝐧𝐱𝐨 𝐫𝐞𝐢𝐯𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚  𝐨 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐫 𝐝𝐚 𝐜𝐞𝐛𝐨𝐥𝐚 𝐧𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐝𝐢𝐬𝐭𝐢𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬📌O Concello de Sanxe...
04/09/2026

✔️ 𝐒𝐚𝐧𝐱𝐞𝐧𝐱𝐨 𝐫𝐞𝐢𝐯𝐢𝐧𝐝𝐢𝐜𝐚 𝐨 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐫 𝐝𝐚 𝐜𝐞𝐛𝐨𝐥𝐚 𝐧𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐝𝐢𝐬𝐭𝐢𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬

📌O Concello de Sanxenxo rendeu tributo ao produto estrela da súa horta na XLIV edición da Feira da Cebola, unha multitudinaria xornada que ateigou a Praza dos Barcos e a contorna portuaria. Lo

📌Os 36 postos de ceboleiras comezaron a primeiras horas
a venda de produto que, nalgúns postos, esgotouse xa nas primeiras horas.

📌Ao mediodía, a comitiva de autoridades e premiadas desta edición, Sandra Patiño e María Jesús Bermúdez, partiron desde o Concello cara a unha abarrotada contorna portuaria.

📌Alí ambas recibiron a insignia da Cebola de Ouro de mans do alcalde Telmo Martín e da Conselleira de Medio Rural María José Gómez.

📌Durante o acto, tamén se entregaron os 1.780 euros en premios do concurso ao posto mellor decorado, á ristra máis longa (52,80 metros), á cebola máis grande (1.780 gramos) e a mellor composición artística.

  ✔️𝐀 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐧𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞 𝐚 𝐪𝐮𝐞𝐝𝐚𝐫 𝐩𝐞𝐜𝐡𝐚𝐝𝐚 𝐚𝐨 𝐛𝐚𝐧̃𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐮𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐞𝐩𝐢𝐬𝐨𝐝𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐦𝐢𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 📌O Concello Vilagarcía de ...
04/09/2026

✔️𝐀 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐧𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞 𝐚 𝐪𝐮𝐞𝐝𝐚𝐫 𝐩𝐞𝐜𝐡𝐚𝐝𝐚 𝐚𝐨 𝐛𝐚𝐧̃𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐮𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐞𝐩𝐢𝐬𝐨𝐝𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐦𝐢𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧

📌O Concello Vilagarcía de Arousa ordenou hoxe o o peche provisional na praia de Canelas, en Vilaxoán, ao terse superado os niveis de e.coli permitidos para as zonas de baño

📌Segundo explica o goberno local, causa deste novo episodio, o terceiro no verán, é a rotura do emisario submarino da Estación Depuradora de Augas Residuais de Vilagarcía.

📌O episodio microbiolóxico responde á mostraxe tomada hai dous días, o mércores 2 de setembro, e cuxos resultados Sanidade comunicou por teléfono pasadas as 13:30 horas de hoxe.

📌A concesionaria da EDAR, Espina y Delfín, traballa dende hai días con mergulladores para tratar de selar a fisura, unha operación "dificultosa", non só por ter que operar en mergullo, senón pola antigüidade do conduto instalado hai 30 anos, que ademais de fráxil, se atopa enterrado baixo area e rochas.

📌En todo caso, dende Espina aseguraron ao Concello que axilizarán todo o posible a reparación da avaría.

📌O goberno local confía en que este tipo de incidencias na EDAR queden totalmente resoltas unha vez executada a ampliación da planta depuradora proxectada por Augas de Galicia e que o Concello de Vilagarcía cofinancia aportando 6 millóns de euros das arcas municipais.

Dirección

Rúa Ourense, Número 8. Planta 4
Cambados
36630

Horario de Apertura

Lunes 11:30 - 17:00
Martes 11:30 - 17:00
Miércoles 11:30 - 17:00
Jueves 11:30 - 17:00
Viernes 11:30 - 17:00

Teléfono

+34986542054

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arousa Si Radio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Arousa Si Radio:

Atajos

Compartir