31/01/2026
《 Galicia é un país chuvioso e o nivel de precipitacións recollidas nos últimos meses está por riba da media (por riba do normal) pero entra dentro da norma.
A comparación dos datos sumados de novembro, decembro e xaneiro cos valores habituais nestes meses (resultantes dos valores medios das últimas décadas) amosa que a precipitación recollida este ano é superior ao habitual e as horas de sol son inferiores. Porén, ningún dos valores dos acumulados mensuais se achega aos récords recollidos por Meteogalicia
As predicións de Aemet falan de, cando menos, dúas semanas chuviosas máis, ata mediados de febreiro, Meteogalicia prognostica un tempo húmido para toda a semana que vén e algúns modelos xa anticipan que a terceira semana de febreiro continuará a sucesión de borrascas. 》
Nos últimos 104 días, dende o 19 de outubro, en boa parte de Galicia choveu 7 ou 8 de cada 10 días, con apenas 20 ou 30 xornadas sen precipitacións. Pontevedra foi a urbe na que máis choveu, por diante de Santiago, por riba dos 1.000 litros por metro cadrado, valor ao que tamén chegou Vigo, pe...