radiONeria

radiONeria Emisora municipal de Corcubión. Fundada en 1990, é a radio decana da Costa da Morte. Síguenos no 107.8 da FM e en http://radioneria.blogspot.com.

A información máis cercana, a cultura e o entretemento, constitúen o eixo da programación.

Martes 15 de setembro. Hoxe, en Radio Neria, ofrecemos un novo programa de CARNE CRUDA que esta vez nos trae "Ugo sin Ha...
15/09/2026

Martes 15 de setembro. Hoxe, en Radio Neria, ofrecemos un novo programa de CARNE CRUDA que esta vez nos trae "Ugo sin Hache: ¿Cuánta gente con discapacidad ves en la tele?”. E despois, MUNDOFONÍAS, hoxe con "Favoritos de septiembre + Ritos y ecos".
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com

Luns 14 de setembro. Hoxe temos tres propostas para a nosa programación. Arrancamos con CARNE CRUDA con "Derroteros: Inc...
14/09/2026

Luns 14 de setembro. Hoxe temos tres propostas para a nosa programación. Arrancamos con CARNE CRUDA con "Derroteros: Incendios, bomberos y robles, con Santiago Alba Rico". Despois, lembramos a entrevista que Luis Corral lle fixo a Bruno Suárez, de SUAREA en CHEGAR A BO PORTO. E rematamos coas novidades en ciber seguridade con CIBER CLICK.
Escoitámonos a partir das 11:30 e ás 21:30 en https://radioneria.blogspot.com
Concello de Corcubión@concellocorcubion

Con Boomers a Conciencia sumámonos a tendencia de tamén poder ver a radio. Na nosa canle de YouTube imos colgar vídeos d...
11/09/2026

Con Boomers a Conciencia sumámonos a tendencia de tamén poder ver a radio. Na nosa canle de YouTube imos colgar vídeos dalgúns dos nosos programas para que poidades velos.
https://youtube.com/?si=iqrMtlPUmId54SJv
Este é enlace á nosa canle de YouTube. Coma sempre, escoitámonos, pero agora tamén Vémonos

Venres 11 de setembro. Hoxe arranca a nova temporada de BOOMERS A CONCIENCIA,  un programa de cine e fotografía de Rebec...
11/09/2026

Venres 11 de setembro. Hoxe arranca a nova temporada de BOOMERS A CONCIENCIA, un programa de cine e fotografía de Rebeca Ayala e Pablo Álvarez. Será ás 12:10, despois de RADIO CERNA, o boletín informativo da Asociación Ecoloxista Adega. E tamén teremos CARNE CRUDA, que hoxe nos traen "El ser querido y Pipiolas: matar al padre".
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Concello de Corcubión

10/09/2026

Celina Cambeiro Sambade, historia viva da Costa da Morte, este sábado en FALAR SEN CANCELAS, con Pepe Formoso.

10/09/2026

Esta fin de semana arranca de novo FALAR SEN CANCELAS en Radio Neria. E temos a honra de que visite os nosos estudos Celina Cambeiro Sambade, veciña do Ézaro que en xaneiro cumprirá 94 anos. Conversas de Pepe Formoso, neste caso, cunha persoa que é historia viva da Costa da Morte.
Concello de Corcubión

Xoves 10 de setembro, hoxe volve ás ondas REALIDADE E SOÑOS, o programa decano de Radio Neria, a mellor escolma poética ...
10/09/2026

Xoves 10 de setembro, hoxe volve ás ondas REALIDADE E SOÑOS, o programa decano de Radio Neria, a mellor escolma poética que nos trae cada semana Manuel Oliveira Gómez, Manolín. Será despois de CARNE CRUDA que hoxe vén con "
Déjate de distopías, dame esperanza"
E MUNDOFONÍAS con "Como un colibrí", nunha edición que regala marabillosas músicas: estreas latinoamericanas, festivais inminentes e sentidas homenaxes.
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21.00 en https://radioneria.blogspot.com
Carne Cruda Concello de Corcubión Mundofonías / Mil mundos

Mércores 9 de setembro. Hoxe temos tres propostas en Radio Neria. Empezamos coma sempre con CARNE CRUDA, que nos traen "...
09/09/2026

Mércores 9 de setembro. Hoxe temos tres propostas en Radio Neria. Empezamos coma sempre con CARNE CRUDA, que nos traen "Ceuta, geopolítica del caos". Despois, un momento para os contos con Soraya Lema en CONTOS NÓMADAS, e rematamos a programación con ÁBRETE DE ORELLAS, a mellor selección musical facendo fincapé no panorama galego.
Escoitámonos a partir das 11:00 e as 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Concello de Corcubión

Martes 8 de setembro. Hoxe temos dúas propostas en Radio Neria. Empezamos con CARNE CRUDA que hoxe nos traen "Sánchez se...
08/09/2026

Martes 8 de setembro. Hoxe temos dúas propostas en Radio Neria. Empezamos con CARNE CRUDA que hoxe nos traen "Sánchez se lía con Ceuta, Ayuso con su ático", e despois, MUNDOFONÍAS, que hoxe traen "Transglobal World Music Chart: Septiembre 2026", con músicas que nos traen aires cubanos, exipcios, finlandeses, azerbaianos, afganos, húngaro-macedonios e mongoles, para rematar co número un do mes, o novo disco dos xaponeses Minyo Crusanders
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Carne Cruda Mundofonías / Mil mundos Concello de Corcubión

Empezamos nova temporada en Radio Neria. Arrancamos hoxe unha nova programación na que damos continuidade a programas xa...
07/09/2026

Empezamos nova temporada en Radio Neria. Arrancamos hoxe unha nova programación na que damos continuidade a programas xa establecidos na nosa grella, coma o de hoxe, CHEGAR A BO PORTO. Luis Corral inicia esta nova serie de entrevistas con Bruno Suárez, un xoven emprendedor que está á fronte da empresa SUAREA, que xestiona o posto de peixe no Mercado Municipal de Corcubión. Tamén teremos CARNE CRUDA e as novidades da ciber seguridade en CLICK CIBER.
Escoitámonos a partir das 11:00 e ás 21:00 en https://radioneria.blogspot.com
Porto Si Mortos Non Luis Corral Dios Concello de Corcubión

Dirección

Corcubión
15130

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando radiONeria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a radiONeria:

Atajos

Compartir

Categoría