Rádio Filispim - Colectivo Opaii

Rádio Filispim - Colectivo Opaii A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos
emitindo desde Ferrol, 102.3 FM
📣2005/2025 2️⃣0️⃣🎉 Quen Somos?

(texto completo)

O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunh

a actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim. Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos. Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim (RFM), sendo unha actividade do Colectivo OPAII, asume como seus os principios do colectivo, que son os seguintes:

1º OPAII - RFM, organízase de forma asemblearia con todo o que isto implica, tentando crear unha actitude e posicionamento como colectivo e fuxindo da posibilidade de persoalismo ou egocentrismos, ficando específicadas claramente as opinións persoais discrepantes e as ausencias de posicionamento, para no derivar en falsos consensos.

2º OPAII - RFM, apoia un modelo económico no que o importante sexan as persoas e o su desenvolvemento persoal, fronte a un modelo que fomenta a competición e o indiviualismo, onde o importante son os beneficios económicos. Un modelo que non permita a existencia de relacións de sumisión ou dependencia que limiten a liberdade do proxecto. O modelo de xestión económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a axuda mutua dirixida por uns principios éticos. Así, entendemos que a autoxestión, é o modelo económico que posibilita que OPAII-RFM, responsabilice ás persoas participantes no proxecto da súa financiación, e procure a independencia e autonomía, tanto do Colectivo como do proxecto en si mesmo.

3º OPAII-RFM empregará sempre a lingua galega. Estamos nunha realidade (especificamente á ferrolá) que queremos transformar. Nese camiño potenciaremos a lingua propia e loitaremos contra a marxinación da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, deste xeito, o Colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro medio. Por tanto, todos os programas de produzón propia e aqueloutros conducidos por persoas integrantes de OPAII-RFM terán como lingua vehicular o idioma galego, agás os realizados por persoas doutras comunidades, e seccións de espazos nos que se interactúe coas mesmas, que poderán realizarse noutras linguas, previa consideración da Asemblea. En OPAII-RFM todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade.

4º Canto a linguaxe, OPAII-RFM, a considera un elemento fundamental no noso medio. Enviamos mensaxes continuamente ao través da radio, tanto musicais como faladas, por iso tentaremos despoxar á lingua e á musica de expresións ra***tas, sexistas, homófobas… comprometéndonos a utilizar unha linguaxe non violenta nen discriminatoria. OPAII-RFM entende que mulleres e homes debemos ser tratados con dignidade, polo que se compromete co emprego dunha linguaxe non sexista nin discrimintaria. Por todo isto, tanto nas actividades, programas ou asembleas organizadas por OPAII-RFM, non se admitirán actitudes discriminatorias.

5º No que se refire a defensa do medio, OPAII.RFM, defende un desenvolvemento da humanidade respetuoso coa natureza, e implicarase de xeito activo na defensa do medio ambiente, actuando en distintos puntos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibiliten un aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difusión das campañas de sensibilización. No día a día do colectivo, aplicarase a regra dos tres erres: reutilizar, reciclar e reducir.

6º OPAII-RFM pretende ser un colectivo de carácter local, e dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato. Isto non quere dicir que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesario esto para unha comprensión da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, ofrécese aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para que estes utilizen OPAII-RFM como medio de expresión. OPAII-RFM, respaldará as iniciativas que saian neste senso, e tentará no posíbel que a difusión das novas se leve a cabo polos propios protagonistas.

7º OPAII-RFM debe garantir a participación de persoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará calquera actitude ra***ta e a quen a promova. Colaborará con colectivos que favorezan a integración de inmigrantes e colectivos marxinados, ao través do coñecemento das súas culturas e realidades.
8º OPAII-RFM posiciónase fronte o militarismo e calquera forma de autoritarismo, por consideralos medios para oprimir aos povos e persoas. Rexeita os valores fascistas e a discriminación que estos promoven ao non respetar e negar o pensamento individual. Posiciónase fronte á violencia en todas as súas manifestacións, por ser unha forma de perpetuación das desigualdades. Defende xeitos de resolución dos conflictos en convivencia cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos en comunidade.

9º OPAII-RFM non casa con partido político algún. As persoas que participan no colectivo o fan en nome propio, non como vozeiros de organizacións políticas, aínda que poidan militar nelas a título individual. Polo mesmo, OPAII-RFM non admitirá propostas de programas radiofónicos a título de vozeiros de partidos, organizacións ou siglas políticas concretas, que si poderán selo de ideas.

10º OPAII-RFM utilizará nos equipos e
ordenadores das súas instalacións, software libre, ao consideralo coincidente coa súa filosofía de compartir o coñecemento de forma libre, e porque utilizar software privativo, implicaría unha contradición con o principio de liberdade e un apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante que o mesmo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das súas posibilidades, ao fomento de artistas, grupos e programas informáticos que comparten as súas creacións e coñecementos baixo licenzas libres.

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: Universo Nosso - Programa 5 da temporada 03
14/06/2026

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: Universo Nosso - Programa 5 da temporada 03

12/06/2026 A Brincarmos na Rádio Filispim! Na sexta-fira 12 de junho de 2026 gravamos um programa especial. Em vez de realizar o programa n...

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 15, 5.ª F, 11-VI-2026
14/06/2026

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 15, 5.ª F, 11-VI-2026

VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 15, 5.ª F, 11-VI-2026 Manter uma posição ativa em Ferrol contra o militarismo da Armada ...

Dende RadioFilispiM participamos esta fin de semana no Festival de Podcast de Emisoras Municipais Galegas - Gravación en...
13/06/2026

Dende RadioFilispiM participamos esta fin de semana no Festival de Podcast de Emisoras Municipais Galegas

- Gravación en vivo do programa Universo Nosso
- Participación na mesa sobre uso do galego en RRSS e medos de comunicación
- Dous dos nosos programas resultaron premiados Ábrete de orellas e Sábados no Cruceiro

Toda a info no noso Blog! 👉

O venres 12 deste mes Radio FilispiM participou na II Edición do Festival de Podcasts das Emisoras Municipais Galegas coa gravación en dire...

Hoxe dende Radio FilispiM participamos na primeira das xornadas do II Festival de podcast coa gravación en directo do pr...
12/06/2026

Hoxe dende Radio FilispiM participamos na primeira das xornadas do II Festival de podcast coa gravación en directo do programa Universo Nosso e coa participación na mesa sobre o uso do galego en RRSS e en medios de comunicación, xunto a compañeiros de e .gal

Grazas a polo convite! Mañá máis na segunda xornada deste festival

UNHA TARDE NO MUIÑO Programa 274Luns 8 de Xuño. 17,30h dende Rádio Filispim (102.3).*Carmen Cuesta entrevista a Rubén Am...
09/06/2026

UNHA TARDE NO MUIÑO
Programa 274
Luns 8 de Xuño. 17,30h dende Rádio Filispim (102.3).

*Carmen Cuesta entrevista a Rubén Amado: da aula ao barrio.
*TEATRO DO MUIÑO
Esther Estévez entrevista Lidia India tras recibir o premio Martín Codax na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe.
*Á CONTRA
Compostaxe, Horta Comunitaria, Agrocabaré.
Cal e a unión de estas zonas do Barrio?
Contaránolo Guillermo Castro.

https://archive.org/details/muinho-275

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 14, 5.ª F, 4-VI-2026
07/06/2026

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 14, 5.ª F, 4-VI-2026

VIDA E OBRA DE ERNESTO GUERRA DA CAL PROGRAMA N.º 14, 5.ª F, 4-VI-2026 Ricard Sicré Cerdá, o da foto. Colocamos a questão de se as fraga...

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: JBMP #169 - Novidades 2026 Vol. 4
04/06/2026

Rádio FilispiM, libre e comunitaria, 102.3 FM: JBMP #169 - Novidades 2026 Vol. 4

O programa de hoje está preenchido com o quarto volume de novidades discográficas portuguesas deste ano 2026. "Jardim à beira mar plantado"...

Dirección

R/Poeta Pérez Parallé, Centro Cívico
Ferrol
15401

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rádio Filispim - Colectivo Opaii publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría