31/08/2024
Por tercer ano consecutivo, imos participar novamente na Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC), organizada por Refuxios da Memoria.
Compartimos parte da información reciba por e-mail por parte dos/as convocantes:
-------------------------------------------------------------------------------------
En canto aos postos de venda de libros, estes vanse situar na R/Boquete de Santo Andrés (na rúa traseira da igrexa castrense). Se chove temos plan B: Instalar os posto no Circo de Artesáns, que está a escasos 50 metros (e que xa accolleu a anterior edición da FLAC).
O horario de apertura do mercadillo será o seguinte: sábado 14, de
11’00 a 21’00, e o domingo 15 de 11’00 a 21’00.
As comidas. A zona está chea de bares e restaurantes a bo prezo, con opción vegana incluída.
Como sabedes, xunto ao mercadillo de libros, hai programada unha serie de actividades paralelas, que comezarán xa o día previo, o venres 13 de setembro, ás 20’00, cun roteiro sobre a Coruña anticlerical e librepensadora, e se extenderán ó longo de toda a fin de semana.
Igualmente o sábado e domingo, como xa ten acontecido en anteriores edicións, haberá varias palestras, presentacións de libros, mesas redondas, obradoiros, etc. en diferentes espazos colaboradores da Feira como o Circo de Artesáns e en varios bares e establecementos hosteleiros da zona moi próximos a rúa onde se sitúa o mercadillo.