O Balueiro A Guarda

O Balueiro A Guarda Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de O Balueiro A Guarda, Periódico, a guarda, La Guardia.

Sábado noche toca DJs, ¡Sodes bailaríns carallo!   Prensa  Concello da Guarda A GUARDA CELEBRA ESTE SÁBADO “O SON DOS CA...
27/08/2026

Sábado noche toca DJs, ¡Sodes bailaríns carallo!



Prensa Concello da Guarda

A GUARDA CELEBRA ESTE SÁBADO “O SON DOS CASTROS” UN EVENTO QUE REUNIRÁ A DIVERSOS DJS E MOITA MÚSICA NO ESTADIO DO TECLA

• O evento, con entrada gratuíta, dará comezo ás 22:30 horas nunha noite pensada especialmente para a mocidade e para todas as persoas que queiran desfrutar da música e do ambiente festivo

A Guarda prepárase para vivir este sábado, 29 de agosto, unha gran noite de música coa celebración de O Son dos Castros, un evento con DJs que terá lugar no Estadio do Tecla a partir das 22:30 horas, con entrada gratuíta.

A proposta nace coa intención de ofrecer á mocidade da Guarda e da contorna unha alternativa de ocio musical e festivo, aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran achegarse e g***r dunha noite diferente.

A sesión contará coa participación dos seguintes DJs: Guille, Cristian Pereyra, DaríoGZ, Joselete, Tito, Igar e Axel, que serán os encargados de poñer ritmo á noite. A orde das sesións son:

• 22:30 horas – Cristian Pereyra
• 23:15 horas – DaríoGZ
• 00:00 horas – Guille
• 00:45 horas – Joselete
• 01:30 horas – Tito
• 02:15 horas – Igar DJ
• 03:00 horas – Axel

O Son dos Castros presenta así unha noite pensada para desfrutar da música na Guarda, cunha programación especialmente orientada ao público xuvenil pero aberta a todas as idades.

SE TRASPASA NEGOCIO¡Gran Oportunidad! Traspaso de Negocio con Doble Licencia en A Guarda Se traspasa negocio mixto en pl...
27/08/2026

SE TRASPASA NEGOCIO

¡Gran Oportunidad!

Traspaso de Negocio con Doble Licencia en A Guarda Se traspasa negocio mixto en pleno funcionamiento en A Guarda. Ubicación estratégica con clientela fija todo el año y excelente paso de peregrinos (Camino de Santiago).

Negocio ideal para gestión familiar con rentabilidad inmediata. Ventajas clave del negocio:
• Completamente reformado en 2022: Instalaciones, diseño y acabados modernos, listos para continuar la actividad sin necesidad de invertir en obras o actualizaciones.
• Doble Licencia independiente: Cuenta con dos licencias de actividad en regla (Cafetería y Despacho de Pan/Pastelería). Máxima seguridad jurídica y comercial.
• Terraza privada SIN TASAS: Zona de terraza en espacio privado. No se pagan impuestos ni tasas de ocupación al ayuntamiento. ¡Ahorro directo y limpio!
• Contratos estables con proveedores: Acuerdos comerciales cerrados y vigentes con los mejores proveedores de la zona. Operatividad garantizada desde el primer día.
• Operativa ágil sin cocina: Local sin salida de humos, enfocado a desayunos, meriendas, sándwiches, raciones frías y despacho de pan con horno de cocción. Gestión limpia y económica.
• Totalmente equipado: Barra, cafetera, vitrinas expositoras, hornos, mobiliario interior y de terraza. Todo incluido.
El motivo del traspaso es exclusivamente por cambio de profesión del propietario. El negocio queda en perfecto estado y listo para entrar a trabajar de inmediato. Para más detalles, fotografías o concertar una visita sin compromiso, contacta por privado o teléfono.
¡Una de las mejores oportunidades comerciales en O Baixo Miño!

Tlf. De contacto: 620 876 888

Los equipos, infantil, cadete y juvenil del Club Balonmán Atlético Guardés ya están compitiendo en las fases de clasific...
27/08/2026

Los equipos, infantil, cadete y juvenil del Club Balonmán Atlético Guardés ya están compitiendo en las fases de clasificación.

El infantil ganó en la primera jornada, el cadete perdió y las juveniles descansaron y juegan su primer partido el martes día 1.

ya está aquí el espectacular descenso de carrilanas.  Concepción Arenal se convertirá , el sábado,  en un escenario inme...
27/08/2026

ya está aquí el espectacular descenso de carrilanas. Concepción Arenal se convertirá , el sábado, en un escenario inmejorable para ver y disfrutar de esta popular actividad desarrollada dentro del marco de la fiesta de Las Mercedes.



PRENSA Concello da Guarda

OS DESEÑOS E A CREATIVIDADE SOBRE RODAS SERÁN PROTAGONISTAS ESTE SÁBADO NA GUARDA COA IX BAIXADA DE CARRILANAS

• O acto dará o pistoletazo de saída á programación da Festa das Mercedes
• A rúa Concepción Arenal volverá converterse no escenario desta tradicional cita, que reunirá participantes e público nunha tarde marcada polo enxeño

A Festa das Mercedes volverá encher de velocidade, creatividade e diversión as rúas da Guarda coa celebración da IX Baixada de Carrilanas, que terá lugar este sábado 29 de agosto a partir das 18:00 horas.

A actividade está organizada pola Asociación de Veciños O Percamino, coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra, e volverá converter a baixada da rúa Concepción Arenal nun dos grandes atractivos das Festas das Mercedes da Gándara.

O percorrido terá a súa saída na Praza Avelino Vicente e continuará pola rúa Concepción Arenal ata chegar á rúa O Porto, onde estará situada a meta. Durante a tarde, o público poderá desfrutar dunha particular carreira na que o enxeño e a orixinalidade das carrilanas serán, unha vez máis, protagonistas.

Nesta IX edición establécense diferentes categorías e recoñecementos. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría dobre e da categoría individual, así como un premio á carrilana máis divertida e orixinal. Ademais, todas as persoas participantes recibirán unha medalla como recordo da súa participación.

Para poder participar, as carrilanas deberán cumprir unha serie de requisitos obrigatorios: contar con catro rodas, ser para unha ou dúas persoas, dispoñer dun freo practicable e levar casco. Así mesmo, establécense unhas dimensións máximas de 160 centímetros de ancho e 240 centímetros de longo.

As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar coa organización nos teléfonos 661 281 254, 649 887 379 e 647 607 456.

En O Balueiro ya hubo un adelanto de lo que os podeis encontrar en el libro con el poema dedicado a sus hijos.   PRENSA ...
26/08/2026

En O Balueiro ya hubo un adelanto de lo que os podeis encontrar en el libro con el poema dedicado a sus hijos.



PRENSA Concello da Guarda

MARÍA JESÚS ALONSO PRESENTA O LIBRO RAÍCES DE NIEBLA ESTE VENRES NA CASA DO CONCELLO

O acto terá lugar o 28 de agosto, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial

Este venres, 28 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial a presentación do libro Raíces de Niebla, da escritora guardesa María Jesús Alonso.

Raíces de Niebla é un íntimo percorrido pola memoria, a fe e a nostalxia, no que a autora entrelaza, a través da poesía, lembranzas, perdas, migracións e renacementos. Entre Galicia, Nova York e outros paisaxes, María Jesús Alonso constrúe unha voz poética tenra e serena que busca sentido nos momentos que marcan unha vida.

A infancia galega, a experiencia da emigración, a presenza do divino, o amor maternal, a beleza da natureza, o duelo e a esperanza percorren unha obra na que cada poema se converte nunha raíz que xorde entre a néboa: ás veces suave, outras desgarrada, pero sempre auténtica.

O libro preséntase así como un refuxio, unha homenaxe e unha despedida, pero tamén como un canto á vida e á terra. Un testemuño persoal no que a memoria e a emoción se transforman en poesía e no que, mesmo na distancia e na sombra, permanece a luz necesaria para seguir creando beleza.

Dende o Concello da Guarda convidamos á veciñanza e a todas as persoas interesadas na literatura e na poesía a asistir a esta presentación. Ao remate do acto ofrecerase un viño español para compartir este encontro nun ambiente de conversa e celebración.

Los equipos del SPORTING GUARDÉS ya están entrenando para preparar la temporada que viene. Así queda definido el calenda...
26/08/2026

Los equipos del SPORTING GUARDÉS ya están entrenando para preparar la temporada que viene.

Así queda definido el calendario de sus entrenamientos. Si quieres jugar al fútbol, anímate a jugar en el Sporting Guardés.

Seis jugadoras de la base del Club Balonmán Atlético Guardés participaron el pasado fin de semana en el entrenamiento de...
26/08/2026

Seis jugadoras de la base del Club Balonmán Atlético Guardés participaron el pasado fin de semana en el entrenamiento de las preselecciones gallegas cara al CESA2027.

Julia Lomba e Silvia Lomba con la juvenil Femenina.
Daniela Álvarez con la Cadete Femenina.
Carolina Martínez, Marcela Sobrino e Valentina Eiras con la Infantil Femenina.

Enhorabuena a todas y al club. El mayor patrimonio de un club son su afición y las categorías base.

PRENSA Concello da Guarda    O VIDOC VOLVE Á GUARDA EN SETEMBRO PARA A RENOVACIÓN DO DNI E PASAPORTE• O Vehículo Integra...
26/08/2026

PRENSA Concello da Guarda



O VIDOC VOLVE Á GUARDA EN SETEMBRO PARA A RENOVACIÓN DO DNI E PASAPORTE

• O Vehículo Integral de Documentación instalarase no noso municipio os mércores 9 e 30 de setembro
• As persoas interesadas en realizar os trámites deberán pedir cita previa o mércores 2 de setembro, a partir das 9:00 horas, presencialmente na planta baixa do Concello ou no 986 61 00 00

A Guarda, 26 de agosto do 2026 - O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de setembro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).

Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do vindeiro mércores, 2 de setembro, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas.

O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, os mércores 9 e 30 de setembro. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa.

Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.

As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Prensa Concello da Guarda    A UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITARÁ A GUARDA OS DÍAS 28 E 29 ...
25/08/2026

Prensa Concello da Guarda



A UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITARÁ A GUARDA OS DÍAS 28 E 29 DE AGOSTO

• A unidade móbil instalarase na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural, o venres 28 e o sábado 29 de agosto
• O venres atenderán en horario de 10:15 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado só atenderán en horario de mañá, de 10:15 a 14:30 horas

A Guarda, 25 de agosto do 2026- A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volverá visitar A Guarda esta semana para facilitar á veciñanza a doazón de sangue, un xesto solidario e imprescindible para garantir a atención sanitaria e contribuír a salvar vidas.

A unidade móbil estará instalada na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural, durante o venres 28 e o sábado 29 de agosto. O venres atenderá ás persoas doantes en horario de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado estará dispoñible de 10:15 a 14:30 horas.

ADOS lembra a importancia de manter as doazóns tamén durante os meses de verán, cando as reservas de sangue poden verse afectadas polos desprazamentos e os cambios nos hábitos da poboación, mentres que as necesidades hospitalarias continúan sendo constantes.

Para poder doar é preciso ser maior de idade, pesar máis de 50 quilogramos e atoparse nun bo estado de saúde. As persoas doantes deberán acudir provistas do DNI ou dun documento identificativo.

Así mesmo, recoméndase acudir despois de almorzar ou, no caso de realizar a doazón pola tarde, deixar transcorrer polo menos dúas horas dende o xantar. As persoas que estean a tomar algún medicamento deberán informar ao persoal sanitario antes da doazón.

La Voz de Galicia se hace esta pregunta. Después de haber pasado las fiestas es un buen momento para conocer la opinión ...
25/08/2026

La Voz de Galicia se hace esta pregunta. Después de haber pasado las fiestas es un buen momento para conocer la opinión de la gente. ¿Qué os parece? ¿Podría ponerse la música más baja?

Debate abierto.

Torsten Wiesel, premio Nobel de medicina en 1981 (e bo amigo de Galicia), demostrou que a organización funcional do cerebro humano non é algo que veña invariablemente fixado pola xenética

Dirección

A Guarda
La Guardia
36780

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Balueiro A Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría