02/08/2026
O MULTIUSOS DA LAMA ACOLLE MAÑÁ LUNS 3 DE AGOSTO UNHA DIVERTIDA XINCANA PARA APRENDER SOBRE CONSUMO RESPONSABLE
O Concello da Lama convida os máis pequenos a participar na Xincana do Consumo Responsable, unha actividade educativa de verán pensada para aprender, xogar e descubrir a importancia de coidar o que realmente importa.
A través de diferentes probas e retos, os participantes poderán achegarse dun xeito ameno a hábitos de consumo máis responsables e sostibles.
📅 Luns, 3 de agosto.
🕔 Ás 17:00 horas.
📍 Multiusos da Lama.
Unha proposta para demostrar que os pequenos xestos poden construír un gran futuro. 🌱♻️
Organiza o Concello da Lama coa colaboración da Xunta de Galicia e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.