24/08/2023
🏃♀️🏃♂️Presentación oficial do IV Trail da Carixa
ℹMembros da organización, xunto con patrocinadores, autoridades e directiva da proba, fixeron en Vila de Cruces a presentación oficial do Trail Da Carixa.
👉Dende o GTR-Galaico Trail Run anuncian sorpresas que so se verán o mesmo día da proba.
📌Salientan o elevado ritmo de inscricións no peque-trail, "unha proba con solvencia e que agrada aos máis pequenos". Empezará ás 11:00 da mañana do sábado, 9 de setembro e terá distancias esquío, corzo e xabarín, de 200m, 500m e 3000m, respectivamente.
📌O domingo haberá a xa mítica proba de 20qm con 1000 positivos. Terá saída na praia fluvial da Carixa, transcurrirá pola Fervenza do Toxa e dará paso ao mirador da Carixa.
📸Haberá premio de unha comida para dúas persoas á foto mais orixinal que se faga dende este punto.
📌 O percorrido continuará a carón do castro e ata a praia fluvial pasando pola aldea de Merza.
📌Despois irase polo sendeiro antigo que levaba ao mosteiro de Carboeiro. O chegar a el haberá parte da proba que transcorrerá polo seu interior, antes de realizar o ascenso ao cumio do monte preto da Peneda de Espiñeira con posterior baixada ata cruzar o río Deza.
📌Haberá outra das míticas subidas ata o poboado mineiro, onde se iniciarán os últimos 4 quilómetros a meta de pura baixada, rodeados de soutos e carballeiras ata a chegada de volta a Carixa.
😋Na post-carreira haberá empanada, tortillas, callos, queixos con marmelo, cervexa, auga...
➡A organización agradece aos patrocinadores a súa colaboración. Son Profecon-Profecar, Queixos Anzuxao, Casa Don-Din, Restaurante Esgalla, Bar Galicia, Suministros Pampín, Panadería Altamira, Panadería Mazas, Panadería González, Panaderia Leveda, supermercados Más, Bar Rufino, Bar Refuxio, Librería Susana, Grúas forte, Hitraf, Rg-Bike, Fisioterapia Heia, Restaurante a Robleda, Casa Samartín, Artes Gráficas Pegatinas e Arlit artes Gráficas.
▶️Tamén agradecen ao numeroso batallón de voluntarios "que fan que sexa unha gran fin de semana".