A Hedreira

A Hedreira 📍 Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo.
🕖 Aberto sempre: xoves e venres de 19:00 - 21:00 Que facemos? Como funcionamos?

A Hedreira é un centro social autoxestionado na cidade de Lugo. Nace do desexo de construírmos un espazo de confluencia social e da necesidade de ter un lugar de encontro, xa que consideramos que é mais doado materializar as ideas cando compartimos o espazo. Móvenos a solidariedade, o apoio mutuo, a xustiza social, a creación colectiva e a defensa do territorio. Buscamos un espazo autoxestionado o

nde a comunidade e a cooperación substitúan a visión atomista, heteropatriarcal, de competitividade e de progreso egoísta. Exploramos vías diversas de organización social, creando vínculos comunitarios e fins colectivos, promovendo o pensamento crítico, compartindo espazos, recursos, ferramentas ou saberes e xerando alternativas a un modelo de sociedade profundamente desigual que mantén a tantos millóns de persoas na pobreza e a dependencia. Reivindicamos tamén a posibilidade de acceder a unha cultura alternativa que non reduza a nosa vida social a unha versión estritamente mercantil, que nos obriga a vivir como meros poboadores dun espazo público limitado ao consumo e á circulación, facéndonos esquecer aquelas posibilidades que xorden cando se habita comunalmente. Buscamos a auto-organización como forma de relacionarnos, apartándonos das dinámicas que nos converten a todas en “usuarias ou clientes”. Por todo isto somos A Hedreira e como as hedras medramos, apoiándonos unhas nas outras, subimos muros e entretecémonos creando comunidade. Veciñas con miradas diversas pero conectadas, con ganas de sentarnos xuntas, recuperar debates, expresar inquietudes e crear tecido social dun xeito horizontal e aberto. Organizamos charlas e xornadas e temos actividades fixas como obradoiros de costura, teatro e danza en movemento, pole dance, capoeira, k-pop, cineforum, hai aulas de galego para inmigrantes, etc. Dispoñemos de biblioteca e somos un lugar de encontro e intercambio, entre outros do colectivo do Banco do Tempo de Lugo e Radio Fenda. Somos tamén un espazo para un lecer diferente. Como centro social autoxestionado funcionamos a través das asembleas, o consenso, a horizontalidade, libre de xerarquías e de subvencións. Todo isto constrúese mediante a implicación e o compromiso das diferentes persoas que habitamos o espazo, onde nos atopamos diversas personalidades e ideoloxías, desde abaixo e á esquerda, buscando construír colectivamente. É grazas as cotas dxs compañeirxs que podemos manter o local. Non funcionamos como unha asociación ao uso: todas contamos por igual e todas podemos gozar do centro social en base aos principios que imos acordando xuntas e o compromiso co espazo. Local social, cultural e político, pero apartidista (sen vinculación a ningún partido político). Aquelas actividades que se queiran levar a cabo na Hedreira pasan por asemblea para que entre todas debatamos a proposta. A data da asemblea anúnciase cada mes.

🤳📱"Fai o teu móbil seguro e privado" impartido por membros de "Enxeñería sen Fronteiras".  Enxeñería Sen FronteirasActiv...
24/08/2026

🤳📱"Fai o teu móbil seguro e privado" impartido por membros de "Enxeñería sen Fronteiras". Enxeñería Sen Fronteiras

Actividade vinculada ao programa de obradoiros para o cambio ecosocial. Amosarase como instalar aplicacións libres de publicidade para navegar pola rede e o correo electrónico e crear e gardar os contrasinais de xeito seguro, prentendendo axudar a evitar así que os nosos datos alimenten o algoritmo e as corporacións tecnolóxicas, axudando a manter un Internet máis rápido, limpo e seguro para todas.

Necesario inscribirse a través do teléfono do cartaz ou usando o QR.

Quorum mínimo de 10 persoas.

Martes 4 ás 20:30 cineforum
04/08/2026

Martes 4 ás 20:30 cineforum

📅 Programación agosto 🏖️
04/08/2026

📅 Programación agosto 🏖️

27/07/2026
24/07/2026

♻️

24/07/2026

Oural non vale nada???

♻️

🌞OBRADOIRO FORNO SOLAR🌞O mércores 18 temos esta actividade tan útil e divertida. Á 13h haberá una demostración do que po...
08/07/2026

🌞OBRADOIRO FORNO SOLAR🌞
O mércores 18 temos esta actividade tan útil e divertida. Á 13h haberá una demostración do que podemos facer co sol ☀️ e ás 18h comezará un obradoiro de construción do forno. Para isto precisamos que vos apuntades no correo [email protected]

🌱 Ademais, o mesmo día ás 21:30 temos a cea vegana do mes, na que comeremos algunha das cousas cociñadas no obradoiro (para isto precisamos que vos apunteded tamen)

Vémonos alí! 😎☀️🧑🏽‍🍳👩🏿‍🍳👨🏻‍🍳🍴

En máis de 300 localidades, en máis de 60 países. Unha mesma voz en solidariedade co pobo palestino 🇵🇸 Este xoves 25 de ...
24/06/2026

En máis de 300 localidades, en máis de 60 países. Unha mesma voz en solidariedade co pobo palestino 🇵🇸 Este xoves 25 de Xuño, no C.S. A Hedreira, ás 20:00h proxectaremos 6 curtas cuirs do festival internacional Q***r Cinema for Palestine. O noso orgullo sempre foi resistencia, solidariedade e liberación. Seis curtas que nos falarán de identidades e desexos disidentes, vidas diversas baixo a ocupación e a arte como refuxio 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️🍉

🐟🔥 Un ano mais, cacharela organizada pola Rede Asociativa de Lugo. Ante a especulación inmoviliaria, que non quede sardi...
17/06/2026

🐟🔥 Un ano mais, cacharela organizada pola Rede Asociativa de Lugo. Ante a especulación inmoviliaria, que non quede sardiña con cabeza 🔥🗝️

Martes 23 de xuño do 2026 a partires das 18:00 entre o Paseo dos Estudantes e a Rúa Fonte da Bica

🥕🥪 Coma sempre opción vegana disponible
🪩🕺Trae o teu instrumento e ven cantar e bailar connosco

Cea vegana de xuño 🫶🏼🌷🤸🏻‍♀️
09/06/2026

Cea vegana de xuño 🫶🏼🌷🤸🏻‍♀️

Dirección

Rua Catasol, 17
Lugo
27002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Hedreira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Hedreira:

Atajos

Compartir

Categoría