TATATA | COMUNICACION | DISEÑO

TATATA | COMUNICACION | DISEÑO Axencia, fundada en 1997, especializada en comunicación 360º, con énfase en deseño gráfico, editorial e estratexias integrais de marca.

Tamén destacamos en deseño museográfico, creando experiencias visuais únicas para exposicións e espazos culturais. Como traballamos:

En TATATA, o deseño e a comunicación visual teñen que ver con capturar a esencia das cousas e comunicar dun xeito atractivo e único. O noso obxetivo é traducir as mensaxes dos nosos clientes cara unha linguaxe visual que sexa fácil de entender e á vez de lembrar, c

oa fin de comunicar de forma clara, sucinta, e sobre todo coherente. Xunto cos nosos clientes, analizamos a situación e debatimos as posibles solucións de deseño e comunicación. O resultado é un concepto de comunicación sempre a medida e personalizado, que sexa percibido polo público de xeito eficaz e duradeiro. Sabemos aportar un enfoque analítico e preciso para lograr os obxectivos dos nosos clientes. Esforzámonos en crear unha boa imaxe gráfica para que poda ser usada coherentemente a través dos diferentes soportes e medios que existen no campo da comunicación. Empresa:

Desde a súa fundación en 1996, TATATA convertiuse nunha axencia de referencia. O noso equipo está implicado na creación de identidades visuais, eficaces e incisivas para diversos clientes, tanto empresas como institucións. Somos provedores de solucións integrais no ámbito da comunicación e do deseño gráfico. A nosa actividade céntrase principalmente en proxectos de imaxe corporativa, imaxe de marca, campañas publicitarias, packaging, web, vídeo, stands e de forma destacada no deseño editorial e de espazos expositivos. Dentro do deseño editorial a nosa principal especialidade está na edición de catálogos de arte e exposicións, onde contamos cun amplo abano de publicacións realizadas para distintos museos, galerías e artistas de Galicia e outras comunidades.

🏅​ Parabéns, Encarna! 🤩​ Encarna Lago Gonzalez ✨ Desde TA TA TA felicitamos á xerente da Rede Museística Provincial de L...
27/12/2024

🏅​ Parabéns, Encarna! 🤩​ Encarna Lago Gonzalez

✨ Desde TA TA TA felicitamos á xerente da Rede Museística Provincial de Lugo pola súa merecida Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024, outorgada polo Ministerio de Cultura

💪 Un recoñecemento ao seu incansable traballo pola museoloxía social, inclusiva e igualitaria, sempre poñendo ás persoas no centro. 🍀​ Tivemos -e temos- a sorte de colaborar con ela en numerosos proxectos de museografía, exposicións, obradoiros e xornadas ao longo de moitos anos de traxectoria compartida que, de seguro, formaron parte deste merecido recoñecemento ⛓️​

🫶​ Grazas, Encarna, por inspirarnos, por situar a Lugo como referente en inclusión, igualdade e accesibilidade... e por ser sempre defensora do bo deseño! 🎨​🖋️​

📸 David Aguilar Sánchez

💼 🕵 OFERTA DE   💼 🕵👩‍💻​👨‍💻 Buscamos un/unha profesional de   para incorporarse ao noso equipo de forma presencial a medi...
11/09/2024

💼 🕵 OFERTA DE 💼 🕵

👩‍💻​👨‍💻 Buscamos un/unha profesional de para incorporarse ao noso equipo de forma presencial a media xornada en horario de mañá!

Valorarase: experiencia en xestión administrativa, coñecemento de ferramentas ofimáticas e capacidade de organización.

📨 Mándanos o teu CV a: [email protected]

🌞​🕗​ Empezamos horario de verán en TA TA TA! 👉​ A partir de hoxe estaremos dispoñibles de luns a venres de 8.00 a 15.00 ...
08/07/2024

🌞​🕗​ Empezamos horario de verán en TA TA TA! 👉​ A partir de hoxe estaremos dispoñibles de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas

😎​ E o resto do día... a g***r do verán! ​ E vós... tedes algún plan? 🤔​

26/01/2024

🏆Velaquí unha das últimas campañas que realizamos e que se presentou en 🌍

👉Baixo o lema "Naturalmente Irresistible" configuramos unha campaña integral dende a conceptualización da idea orixinal, guión, dirección de arte, gráfica e adaptación a diferentes soportes promocionais 🫶🚀

😁Pola nosa parte, estamos felices de que o traballo duro vexa por fin a luz!

😍❤️‍🔥Nós non podemos ser obxectivos... pero a vós, que vos parece? 🤭🤭

🌿🫶✨🌈🤩🚀

🔍🤓 Publicado o catálogo da exposición Valle-Inclán Íntimo, un proxecto no que traballamos de maneira integral no deseño ...
12/01/2024

🔍🤓 Publicado o catálogo da exposición Valle-Inclán Íntimo, un proxecto no que traballamos de maneira integral no deseño gráfico e expositivo 🖌️

😊✨Que o mesmo equipo se encargue tanto do catálogo como da exposición garante unha coherencia gráfica en todo momento 💫

🖼️ A exposición, inaugurada no pasado ano 2023 no Colexio de Fonseca, en 📍Santiago de Compostela, recreou o universo íntimo do afamado dramaturgo. Aínda que a mostra xa non está dispoñible, aínda podedes consultala a través do 📖 que encontraredes en librerías e bibliotecas da universidade 👩‍🎓



👉 Organiza: Cátedra Valle-Inclán
👉 Colaboran: Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC, Deputación da Coruña, La Voz de Galicia, Xunta de Galicia, BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e Facultade e Biblioteca da Facultade de Filoloxía - USC

31/12/2023

🤔 Din que se dis tres veces “ta!” no brinde de fin de ano terás un 2024 de moi boa sorte 🥂Ainda non o temos moi claro... pero este 31 imos probar, por se acaso! 🍾

✨FELIZ E CREATIVO ANO 2024!✨

🙏Grazas por un 2023 cheo de deseño e comunicación! 🧠💡

#2024

🎨🖌️ Onte asistimos á presentación do catálogo de Roberto Gonzalez Fernandez no 📍 Museo Provincial de Lugo, unha peza na ...
21/12/2023

🎨🖌️ Onte asistimos á presentación do catálogo de Roberto Gonzalez Fernandez no 📍 Museo Provincial de Lugo, unha peza na que tuvemos a honra de traballar no e .

📖 A publicación, dividida en tres tomos que suman máis de 1.200 páxinas, recompila a súa prolífica traxectoria composta de máis de 8.000 obras e rende homenaxe a toda unha vida de creatividade artística.

📢 Roberto González:
"Habíamos hecho ya algún catálogo con TA TA TA y como nos gustaba cómo trabajaban decidimos hacerlo con ellos. Estamos encantados con el resultado, es justo lo que queríamos. De más de 150 catálogos que tengo editados, este es sin duda el mejor en cuanto a edición y fiabilidad en la reproducción de color"

👉 O catálogo está dispoñible en versión PDF nos seguintes enlaces:

🔗 TOMO I: https://cutt.ly/SwDWnq5S
🔗 TOMO II: https://cutt.ly/OwDWnQQR
🔗 TOMO III: https://cutt.ly/owDWnMZ1

Studiorgf_arriaza11
Javier Mazorra
Rede Museística Provincial de Lugo
Encarna Lago Gonzalez

🎂5⃣0⃣💙 Parabéns á EASD Ramón Falcón Lugo por 50 anos de talento educando en arte e deseño!A exposición que celebra o seu...
27/03/2023

🎂5⃣0⃣💙 Parabéns á EASD Ramón Falcón Lugo por 50 anos de talento educando en arte e deseño!

A exposición que celebra o seu aniversario acolle traballos de profesionais do ámbito artístico que se formaron neste centro, e nós temos o noso oco baixo o nome "TA TA TA, un soño feito realidade!"

Convidámosvos a visitala, antes do 30 de abril no O Vello Cárcere de Lugo.

🤓✍️ Esta semana inaugurouse a exposición "Valle-Inclán íntimo" no Colexio de Fonseca.A mostra na que traballamos (imaxe ...
10/02/2023

🤓✍️ Esta semana inaugurouse a exposición "Valle-Inclán íntimo" no Colexio de Fonseca.

A mostra na que traballamos (imaxe gráfica e proxecto expositivo) recrea o universo íntimo de Ramón María del Valle-Inclán con boa parte do patrimonio artístico que o autor albergaba no seu domicilio.

Convidámosvos a visitala ata o 1 de abril 🙌

📸 Imaxes da exposición da Universidade de Santiago de Compostela

▪ Organiza: Cátedra Valle-Inclán
▪ Colaboran: Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC, Deputación da Coruña, La Voz de Galicia,Xunta de Galicia,BUSC - Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e Facultade e Biblioteca da Facultade de Filoloxía - USC

24/11/2022

🎥 Aproveitando que se achegan as compras de Nadal, compartimos con vós este vídeo que realizamos para visibilizar A PANCHA, a moeda local de Ribadeo coa que gañas cartos 🪙📲.

Concello de Ribadeo
Área de Desenvolvemento Local Ribadeo

Dirección

Rúa Nova 19
Lugo
27001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TATATA | COMUNICACION | DISEÑO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a TATATA | COMUNICACION | DISEÑO:

Compartir