Xornal de Lemos

Xornal de Lemos Xornal de Lemos é o primeiro gran xornal dixital en galego do sur da provincia de Lugo. Contacto: [email protected]

10/09/2026

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de Veciños de Bardaos, acadou o primeiro posto na clasificación e levará como premio a actuación da orquestra Cinema. A festa celebrarana o vindeiro 16 de outubro en Bardaos. O proceso ...

A concentración está programada para este venres, 11 de setembro, ás 12:00h diante do Centro de Saúde da Pobra do Brolló...
10/09/2026

A concentración está programada para este venres, 11 de setembro, ás 12:00h diante do Centro de Saúde da Pobra do Brollón. Durante a mobilización tamén se levará a cabo unha recollida de sinaturas entre os veciños e veciñas, co obxectivo de trasladar ás administracións competentes o apoio da cidadanía a esta reivindicación e solicitar solucións.

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir un servizo médico digno e de calidade. A concentración está programada para este venres, 11 de setembro, ás 12:00h diante do Centro de Saúde da Pobra do Brollón. Durante a mobil...

O Concello de Chantada revalida a Categoría Ouro de Praias sen Fume do Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabac...
10/09/2026

O Concello de Chantada revalida a Categoría Ouro de Praias sen Fume do Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco, que promove a Rede Galega de Praias Sen Fume.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade concede á Praia Fluvial do Sangoñedo, son 6 anos recibindo este recoñecemento. “A Praia do Sangoñedo consolídase como espazo li...

O proxecto 'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa que COGAMI está a desenvolver e...
10/09/2026

O proxecto 'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa que COGAMI está a desenvolver en colaboración con COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para avanzar cara a unha educación plenamente inclusiva.

‘Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula’ é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e o Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 que ten como obxectivo garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade mediante unha intervención i...

O 'Día d@ Nen@', organizado pola CCA Ribeira Sacra, será este 11 de setembro e a cativada terá unha chea de atraccións e...
09/09/2026

O 'Día d@ Nen@', organizado pola CCA Ribeira Sacra, será este 11 de setembro e a cativada terá unha chea de atraccións e actividades para pasalo en grande na contorna das Piscinas Municipais entre as 16:30 e as 19:30 h.

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizarán unha xornada festeira para os e as pequenos/as da casa como remate a esta semana de volta ás aulas e comezo do novo curso escolar. Trátase do evento coñecido como ‘Día d@ Nen@’ e nel ofrécense diferentes atraccións, ...

Saúde Pública realiza seguimento epidemiolóxico desde a aparición do último caso, mentres a Xunta lembra que a infestaci...
09/09/2026

Saúde Pública realiza seguimento epidemiolóxico desde a aparición do último caso, mentres a Xunta lembra que a infestación se transmite polo contacto directo e prolongado e non está relacionada cos hábitos de hixiene.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde Pública está a levar a cabo unha vixilancia e seguimento epidemiolóxico na residencia de Monforte de Lemos, onde se rexistrou un gromo de sarna hai unhas semanas. Segundo indicou, esta medida forma parte...

Os viños amparados pola D.O. Ribeira Sacra volveron destacar no panorama internacional coa obtención de 4 Grandes Medall...
09/09/2026

Os viños amparados pola D.O. Ribeira Sacra volveron destacar no panorama internacional coa obtención de 4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro na edición 2026 do Mondial des Vins Extrêmes, certame organizado por Cervim - Viticoltura Eroica, que se celebrou os días 25 e 26 de agosto.

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais concursos internacionais especializados nos chamados viños heroicos e constitúe o único certame internacional dedicado exclusivamente aos viños procedentes de territorios caracterizados por condicións de viticultura extrema,...

O BNG Monforte levou a cabo na mañá deste mércores, 9 de setembro, na rúa Cardeal, unha acción informativa sobre o proxe...
09/09/2026

O BNG Monforte levou a cabo na mañá deste mércores, 9 de setembro, na rúa Cardeal, unha acción informativa sobre o proxecto da nova ponte do Malecón, coa que busca achegar directamente á veciñanza as características da actuación e as repercusións para este espazo da cidade.

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do propio proxecto sometido a exposición pública. O BNG considera fundamental que a veciñanza poida coñecer a dimensión real da infraestrutura e formar a súa propia opinión contando con tod...

A quinta edición da Carreira e Andaina, “Monforte en Marcha contra o Cancro” que a delegación lucense da Asociación Espa...
09/09/2026

A quinta edición da Carreira e Andaina, “Monforte en Marcha contra o Cancro” que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro (AECC) organiza coa colaboración do concello de Monforte celebrarase o domingo 13 de setembro, ás 12.00 horas.

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica de actividade física como parte dun estilo de vida saudable e contribuír á concienciación social na loita contra o cancro. Así, a recadación da proba destinarase a mellorar a vida das persoas con cancro e da...

Ribeira Sacra pecha agosto cun 92,16 % de ocupación e mantén boas perspectivas de cara ao mes de setembro. Segundo infor...
09/09/2026

Ribeira Sacra pecha agosto cun 92,16 % de ocupación e mantén boas perspectivas de cara ao mes de setembro. Segundo informa o Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten un moi bo comportamento da ocupación durante o mes de agosto, cunha media do 92,16 %.

Cun 92,16% este agosto deixa un dos mellores resultados dos últimos anos. A ocupación medra máis de 12 puntos porcentuais respecto a 2025, cando se situara no 80,10 %, e supera tamén os datos rexistrados en 2023 e 2024. En total, contabilizáronse 9.876 prazas ocupadas sobre 10.716 prazas totais...

Dirección

Lugo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xornal de Lemos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir