Aires Novos

Aires Novos "As palabras perténcenlle ao ar porque están feitas del. Saberás que se agochan no vento. Que zoan, que bouran, que nacen libres e loitan por fuxir do chan.

Aférranse aos soños instintivamente. Son aires novos e queren voar". Aires Novos é unha revista de creación literaria, polo de agora autoeditada, que pretende servir de canle de difusión para todas/os aquelas/es mozas/os que sintan o desexo de compartir co alguén colectivo as súas palabras. Tal vez xa nos coñezas, mais poida que non e que che pique a curiosidade. Para facerte co noso traballo exis

ten dúas opcións. A primeira é a edición en papel da revista, que custa 1€. Porén, como o noso espazo de distribución se limita, con algunha que outra excepción, á cidade de Lugo, ofrecemos a posibilidade de recibila de balde por correo electrónico. Nos dous casos é preciso que nos contactedes, pois os propios creadores somos o punto de venda ambulante. Podedes facelo a través do Facebook, ou ben enviándonos un correo á dirección [email protected] onde manifestedes a vosa intención. Por outra banda, se estás interesado en formar parte do grupo, polo momento reducido, de persoas que plasman a súa pegada nas páxinas desta pubicación, só tes que dicilo. Non existe, en principio, ningún requisito especial en canto a idade, xénero, temática, estilo... Mesmo estamos abertos a propostas artísticas non literarias, sempre e cando poidan integrarse no noso formato. Comunícate connosco empregando os medios xa citados. Que se escoiten as túas ideas! Agardámoste.

27/12/2012
27/12/2012
31/10/2012
31/10/2012
16/06/2012

El Progreso, o xornal dixital galego.

16/06/2012
14/06/2012

Que emoción, que emoción! Só falta un día para o noso primeiro recital!!

Este venres, dia 15, faremos unha pequena presentacion da nosa revista mais un recital co elenco completo actual de Aire...
11/06/2012

Este venres, dia 15, faremos unha pequena presentacion da nosa revista mais un recital co elenco completo actual de Aires Novos, na libraría Trama ás 20.00h.
Estades todos convidados!

Dirección

Avda. Ramón Ferreiro, 23
Lugo
27002

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aires Novos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Aires Novos:

Compartir

Categoría