28/10/2024
Abierta convocatoria DA MAN 2025, para emergentes en danza residentes en Galicia
Abrimos convocatoria!!
Da Man é un proxecto colaborativo de Amarelo Distribución Escénica e Manu Lago Danza co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego para o acompañamento de artistas emerxentes en danza seleccionadas mediante convocatoria cos obxectivos de impulsar novas artistas en danza, promover a creación e dinamizar o mercado con novas linguaxes.
As artistas son acompañadas durante o proceso de creación dunha peza ou do proxecto de compañía a través de titorías de contido administrativo, loxístico, artístico, financieiro e de calquera outra temática que o proceso en concreto requira. Durante este acompañamento se lle trasladan os coñecementos e informacións necesarias para realizar unha produción profesional, búsqueda de residencias e recursos económicos, venda e distribución do espectáculo, redes e circuitos e contactos, etc.
Que buscamos?
Un proxecto de danza de artista/s emerxente/s galega/s ou residentes en Galicia.
Artistas que, sen importar a súa idade, xénero, nin datos biométricos, non teñan creados máis de 3 espectáculos integrados en circuitos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza de danza, impulsar a súa compañía ou outro tipo de proxecto arredor da danza.
Que ofrecemos?
1- Un acompañamento 360: facemos un acompañamento en todo o proceso de xestión de compañía, de produción e creación, plan de distribución e calquera outra etapa que contemplen os plans das creadoras.
2- A inclusión da peza no catálogo de AMARELO, no caso dunha nova produción.
Que pedimos?
3 documentos en pdf:
1- Carta de motivación. Máximo 1 páxina.
2- Proxecto no que se mostren as claves da nova creación ou do proxecto (tipoloxía, formato, equipo, calendario previsto, e todos os datos que se consideren relevantes). Máximo 3 páxinas
3- CV con links a traballos anteriores (se os hai). Máximo 2 páxinas.
Onde e cando?
Prazo de recepción de solicitudes: Ata o 11 de novembro de 2024. Envía a documentación a [email protected] co asunto Da Man.
O día 25 de novembro de 2024 publicarase a resolución en redes e web.
Toda a info en www.amarelo.es/da-man