El intermiño

El intermiño Xa coñecen as novas de Miño, agora contaremoslle a verdade. Sempre con humor, iso que non falte!

07/08/2025

Bos días miñocas e miñocos!

Despois de escoitar as conversas de varios veciños, pensamos que cando o río sona, auga leva. Temos unha invasión de fodechinchos criminal, que ademáis de encher o pobo, teñen menos luces ca un candil apagado. Pero e que ademáis temos que sumarlle outra praga nova: as autocaravanas. Como di o refrán, eramos poucos e pariu a vella.

Os fodechinchos aínda van deixando algo de cartos no pobo, ben sexa en restauración ou en aloxamento pero e que agora está de moda ir ó Gadis ou ó Eroski, mercar catro cousas, meterse na autocaravana e a vivir. Iso non é bo turismo, é pseudoturismo. Se aturamos ós fodechinchos pois é o que hai, temos que ter paciencia e pensar que os nosos veciños tamén son hosteleiros e nesta época fan cartos. Ó que non debemos estar dispostos e a aturar turismo que non deixa beneficio e soamente incomoda.

Xa nin falemos dos incívicos que fan as súas necesidades ou guindan as augas porcas das autocaravanas en calquer cuneta do pobo. Para iso deberían estar os campings, non un aparcamento calquera. E xa nin falar dos que aparcan collendo dúas ou tres plazas de coche.

Xa hai Concellos poñendo medidas para estos aproveitados mais o noso, en vez de poñerlle un pouco de freo, ten proxectada unha área de autocaravanas na Galea. Manolo, hai que darlle unha voltiña a iso, eh? Os veciños non están moi de acordo con esa proposta.

Ánimo, que en pouco mais dun mes, voltamos á tranquilidade.



Boas noites miñocas e miñocos!O meme da noite, porque o da tarde non chegamos. Estamos completamente convencidos de que ...
30/07/2025

Boas noites miñocas e miñocos!

O meme da noite, porque o da tarde non chegamos. Estamos completamente convencidos de que María Rivas está pensando que Manolo ten un pelazo Pantene, Manolo contándolle como o outro día na Feira da Cultura lle puxeron churrasco ó forno e a nosa amada líder Fátima vendo unha m***a de can.

A nosa imaxinación, a veces algo trebella, non ten límites.

Boas tardes miñocas e miñocos!Como di o refrán, ata o rabo todo é equipo. Ou non era así? Agora xa estamos en dúbidas. E...
28/07/2025

Boas tardes miñocas e miñocos!

Como di o refrán, ata o rabo todo é equipo. Ou non era así? Agora xa estamos en dúbidas. En definitiva, o mércores 23 tomou posesión como concelleiro de Miño o señor don Luis Puente Ramos. Se hai algún nostálxico na sala e conserva a papeleta do PP poderá ver que vaise cansar de ler nomes ata chegar a el, porque literalmente xa é un suplente. Tendo en conta que a Héctor xa o cesaron na campaña, a seguinte sería a nosa amiga e seguidora Begoña Blanco Permuy.

Soamente vos dicimos unha cousa, Fátima ten que estar contenta de carallo, líder por accidente e con compañeiros tamén por accidente (ou accidentados).

Despois aprobáronse os festivos e as tarifas dos taxis, nada con salseo.

E xa falando de todo un pouco, que tal cos madrileños? Boa xente, eh? Sempre aparcando ben, coa súa boa educación e por suposto coas suas brillantes ideas que escoitas de fondo mentres están tomando "unas cañitas porque semos callejeros". Canta faltiña facía unha taxa turística en Miño ou un test psicotécnico para entrar no pobo. Como a segunda sería faltarlle ó respeto os test, quedamos coa primeira.

Deica logo miñocas e miñocos.



Dirección

Rua A Carreira, 38
Miño
15630

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando El intermiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a El intermiño:

Compartir