Bica Magazine

Bica Magazine A revista da vida cultural e social de Neda

Xa podes pedir o número de Inverno 2024 ou facerte con el no Estanco de Neda. Escríbenos para saber máis!

Bica é a revista da vida social e cultural de Neda que escribes ti. Sae en papel cada verán e cada inverno e estamos sempre abertas a que nos envíes as túas creacións.

Coa primavera xa (oficialmente) aterrada, o próximo número de Bica Magazine entra no forno para estar listo para o verán...
31/03/2024

Coa primavera xa (oficialmente) aterrada, o próximo número de Bica Magazine entra no forno para estar listo para o verán. Se escribes, debuxas, opinas, ou tes algo que dicir dende Neda ou para Neda tes un espazo nas páxinas da revista da vida cultural e social da vila.

🎱 Envía as túas propostas ou pide máis información a través de Facebook, Instagram ou do correo electrónico [email protected]

No último número de Bica Magazine Vicente Sueiras (Neda, 1967) explica como foron os seus primeiros pasos no mindfulness...
20/03/2024

No último número de Bica Magazine Vicente Sueiras (Neda, 1967) explica como foron os seus primeiros pasos no mindfulness e fala da súa experiencia hoxe no sector. As súas clases no local da Toeleira son, dende hai anos, unha das actividades de maior éxito das organizadas pola Asociación Amas de Casa de Neda.

Podes ler a entrevista completa no número de Inverno 2024 de Bica Magazine, a revista da vida social e cultural de Neda. Contacta vía redes sociais ou correo electrónico para facerte co teu exemplar!

Adrián Tre Polo publica no último número de Bica Magazine 'Catro historias da Galicia esquecida', unha escolla de lendas...
26/02/2024

Adrián Tre Polo publica no último número de Bica Magazine 'Catro historias da Galicia esquecida', unha escolla de lendas da zona ilustrada polo mesmo autor. A investigación é parte do Traballo de Fin de Grao deste veciño de Trasmonte, e anima a contactar con el para aportar novas historias e enriquecer o proxecto.

🏁 A primeira tirada do número de Inverno 2024 de Bica Magazine está xa rematada. Se quedaches con ganas de ter o último número da revista da vida social e cultural de Neda aínda podes pedir o teu exemplar contactando vía Facebook, Instagram ou en [email protected]

"Recuncar" é o conto que Estela Sande López publica no último número de Bica Magazine. Un texto sobre a escola, un ambie...
28/01/2024

"Recuncar" é o conto que Estela Sande López publica no último número de Bica Magazine. Un texto sobre a escola, un ambiente abafante onde o pequeno Fabián fai por sobrevivir.

🏁 Contos coma este e outros traballos están dispoñibles no número de Inverno 2024 da revista da vida social e cultural de Neda. Lembra que podes facerte con ela no Estanco de Neda ou pedíndoa vía redes sociais ou en [email protected]. E se todo isto te cae lonxe podes recibila por Correos!

O mindfulness está de moda, pero na Asociación Amas de Casa de Neda hai xa anos que o saben. Impartida por Vicente Salva...
16/01/2024

O mindfulness está de moda, pero na Asociación Amas de Casa de Neda hai xa anos que o saben. Impartida por Vicente Salvador Sueiras Rodríguez, está é unha máis das moitas actividades organizadas pola asociación. Que lles aporta a práctica ás inscritas? En que consiste exactamente? Cal é o segredo detrás desta proposta tan exitosa? No número de Inverno 2024, Bica Magazine falou con algunhas das asistentes para saber que se fai exactamente os venres pola tarde no local que ten a Asociación de Amas de Casa na Toeleira.

☁ Se aínda non tes na sala de estar a revista da vida social e cultural de Neda pídea vía redes sociais, [email protected] ou no Estanco de Neda.

Sabes o que significa o recoñecemento de Xeoparque Mundial da UNESCO para o Cabo Ortegal? Susana González Picos explícao...
12/01/2024

Sabes o que significa o recoñecemento de Xeoparque Mundial da UNESCO para o Cabo Ortegal? Susana González Picos explícao en detalle no número de Inverno de Bica Magazine. Que é un Xeoparque, que ten de especial o Cabo Ortegal ou que posibilidades de futuro se abren agora son algunhas das cuestións que González Picos aborda no seu artigo.

🖌 Aínda non tes o último número da revista da vida social e cultural de Neda? Contacta vía redes sociais, [email protected] ou pásate polo Estanco de Neda para facerte con el.

No número de Inverno 2024 Bica Magazine charla coa gaiteira María López  (Narón, 2004), a persoa máis nova en alzarse co...
08/01/2024

No número de Inverno 2024 Bica Magazine charla coa gaiteira María López (Narón, 2004), a persoa máis nova en alzarse co trofeo MacCrimmon, que levou para a casa cando tiña só 14 anos. Falamos do que se lle dá ben, do que se lle dá mal, do que lle gusta máis alá da música e dos proxectos de futuro desta veciña de Balbís.

🏁 A Bica Magazine gústalle falar coa xente que fai cousas en Neda e que leva o nome da vila alá onde vai. Para ler esta e outras entrevistas faite co último número da revista vía redes sociais, [email protected] ou no Estanco de Neda.

"Tres historias que son unha, coma as tres Mourelas" é o relato que Chelo Gundín Rey publica na Bica Magazine deste inve...
05/01/2024

"Tres historias que son unha, coma as tres Mourelas" é o relato que Chelo Gundín Rey publica na Bica Magazine deste inverno 2024. Unha ficción con trazos autobiográficos, que afonda nas relacións familiares e de comunidade, e en como as condiciona a aparición dunha enfermidade.

🖋 Este e outros contos están dispoñibles no último número de Bica Magazine, a revista da vida social e cultural de Neda. Podes pedir a túa vía redes sociais, en [email protected] ou no Estanco de Neda.

✉ E se todo isto te pilla lonxe lembra que tamén se fan envíos por correo postal!

O número de Inverno 2024 de Bica Magazine xa está á venda! Esta nova edición da revista da vida social e cultural de Ned...
28/12/2023

O número de Inverno 2024 de Bica Magazine xa está á venda! Esta nova edición da revista da vida social e cultural de Neda vén chea de ficción, reportaxes, fotografía, ilustración, entrevistas...

🖤 Dende onte, está á venda no Estanco de Neda, que é posiblemente a tenda máis chula da vila. Tamén podes pedir o teu exemplar a través das redes sociais da revista ou en [email protected]

🖋️ Unha vez máis, grazas a toda a xente que fixo posible que este proxecto saia á luz unha vez máis. Porque en Neda fanse un montón de cousas!

"O tempo dos atrasistas" é un relato curto de Iván Castro Martínez que sairá no próximo número de Bica Magazine. Nel o a...
18/12/2023

"O tempo dos atrasistas" é un relato curto de Iván Castro Martínez que sairá no próximo número de Bica Magazine. Nel o autor narra as estrañas conviccións políticas e filosóficas dunha asociación que se reúne todas as semanas na Rúa Real.

🖤 Nos próximos días sairá á venda o número de Inverno 2024 da revista, que xa podes reservar vía Instagram, Facebook ou en [email protected]. "O tempo dos atrasistas" é unha das 9 pezas que fan parte da segunda edición da revista da vida social e cultural de Neda. Lembra que aínda apodes facerte co número de Verán 2023 e coa cunca de Bica Magazine no Estanco de Neda!

Dirección

Neda

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bica Magazine publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría