Radio Negreira

Radio Negreira A radio local de Negreira e comarcas

Séguenos no 107.0 FM ou en http://radionegreira.itnor.es/
(1)

Bienvenido/a al Facebook de Radio Negreira, emisora de radio comarcal del Val de Barcala. Sintonízanos en el 107.0 de FM, o en nuestra emisión por Internet en: http://www.concellodenegreira.es/radio/player.php

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧  🎙 𝗔𝗚𝗥𝗜𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔A menos dun mes de que arrinque a campaña de ensilado do millo, as previsións non poden ser máis p...
05/08/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗔𝗚𝗥𝗜𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔
A menos dun mes de que arrinque a campaña de ensilado do millo, as previsións non poden ser máis pesimistas. Falamos con 𝗫𝗼𝗮́𝗻 𝗥𝗮𝗺𝗼́𝗻 𝗔𝗹𝘃𝗶𝘁𝗲, xornalista de La Voz de Galicia, especializado en temas relacionados coa agricultura e gandeiría, quen contounos como a calor extrema e a ausencia de choivas durante as semanas decisivas do cultivo do millo, semellan que van botar por terra a colleita deste ano, que xa moitos gandeiros sinalan vai ser a peor da última década.

𝗘𝗦𝗖𝗢́𝗜𝗧𝗔𝗢 𝗔𝗤𝗨𝗜́

https://www.concellodenegreira.gal/gl/podcasts/xoan-ramon-alvite-2

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗧𝗨𝗥𝗜𝗦𝗠𝗢O Concello de Negreira editou neste 2026 a súa terceira 𝙜𝙪𝙞́𝙖 𝙩𝙪𝙧𝙞́𝙨𝙩𝙞𝙘𝙖 e ao igual que as dúas anterio...
04/08/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗧𝗨𝗥𝗜𝗦𝗠𝗢
O Concello de Negreira editou neste 2026 a súa terceira 𝙜𝙪𝙞́𝙖 𝙩𝙪𝙧𝙞́𝙨𝙩𝙞𝙘𝙖 e ao igual que as dúas anteriores (1999 e 2009), da súa elaboración e coordinación encargouse o historiador e veciño, 𝙓. 𝘼𝙢𝙖𝙣𝙘𝙞𝙤 𝙇𝙞𝙣̃𝙖𝙧𝙚𝙨 𝙂𝙞𝙧𝙖𝙪𝙩. Unha completa guía da que xa o día da súa presentación, o propio Amancio avanzou que vai sela última da súa autoría; abrindo ás portas a que outra persoa/as vaian collendo o testemuño de cara ao futuro!

Esta guía chegou ás casas da zona rural de Negreira. Está pendente agora o seu reparto nos domicilios da vila segundo sinalabába hoxe na conversa con 𝙀𝙢𝙞𝙡𝙞𝙤 𝙁𝙤𝙧𝙟𝙖́𝙣 🗣

𝗘𝗦𝗖𝗢́𝗜𝗧𝗔𝗢 𝗔𝗤𝗨𝗜́

https://concellodenegreira.gal/gl/podcasts/amancio-linares-8

𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗗𝗘 𝗧𝗥𝗔́𝗙𝗜𝗖𝗢 𝗣𝗢𝗥 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗦 𝗡𝗔 𝗥𝗨́𝗔 𝗙𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗗𝗢 𝗖𝗔𝗥𝗠𝗘🚧 O proxecto de mellora da rúa Fonte do Carme consistente na renovació...
04/08/2026

𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗗𝗘 𝗧𝗥𝗔́𝗙𝗜𝗖𝗢 𝗣𝗢𝗥 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗦 𝗡𝗔 𝗥𝗨́𝗔 𝗙𝗢𝗡𝗧𝗘 𝗗𝗢 𝗖𝗔𝗥𝗠𝗘

🚧 O proxecto de mellora da rúa Fonte do Carme consistente na renovación de colectores subterráneos e a capa de rodadura, 𝗼𝗯𝗿𝗶𝗴𝗮 𝗮 𝗰𝗼𝗿𝘁𝗮𝗿 𝘁𝗼𝘁𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗮́ 𝗰𝗶𝗿𝗰𝘂𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝘃𝗲𝗵𝗶́𝗰𝘂𝗹𝗼𝘀, a partir do 𝗟𝗨𝗡𝗦 𝟭𝟳 𝗗𝗘 𝗔𝗚𝗢𝗦𝗧𝗢 📆 e durante o tempo que duren os traballos. Igualmente, tampouco poderá estacionarse na rúa e a entrada e saída dos garaxes queda restrinxida puntualmente.

‼️ A alternativa para o tráfico será continuando pola avenida de Santiago (tramo Casa Barqueiro e farmacia), 𝗰𝗼𝗻 𝘅𝗶𝗿𝗼 𝗼𝗯𝗿𝗶𝗴𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗮́ 𝗱𝗲𝗿𝗲𝗶𝘁𝗮 𝗵𝗮𝗰𝗶𝗮 𝗮 𝗿𝘂́𝗮 𝗱𝗼 𝗖𝗮𝗿𝗺𝗲 (Casa do Concello), en dirección contraria ó habitual para logo conectar coa rúa Camiño Vello e a rúa de Castelao.

⛔ 𝗩𝗲𝗵𝗶́𝗰𝘂𝗹𝗼𝘀 𝗽𝗲𝘀𝗮𝗱𝗼𝘀

O tráfico de camións e outros (máis de 3,5 toneladas) polo centro urbano será desviado a través da 𝗩𝗮𝗿𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗮 𝗿𝗼𝘁𝗼𝗻𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗻𝗮 𝘇𝗼𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗔 𝗕𝗮𝗿𝗾𝘂𝗶𝗻̃𝗮 𝗲 𝗱𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗼 𝗱𝗮 𝗙𝗲𝗶𝗿𝗮.

🚍 𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗯𝘂𝘀

Infórmase á veciñanza e visitantes que a parada do transporte de viaxeiros pasará a estar situada provisionalmente e mentres duren as obras, 𝗻𝗮 𝗮𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 (abaixo de Ferretería Ferreiro), facilitando así, a circulación dos buses de entrada e saída do centro urbano.

Todos os cambios e desvíos alternativos estarán perfectamente sinalizados. Pregamos a colaboración da veciñanza e desculpen as molestias que uns traballos tan necesarios poidan ocasionar.

𝙋𝙊𝘿𝘾𝘼𝙎𝙏 🎙 𝘿𝙀𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀𝙎𝗙𝗿𝗮𝗻 𝗥𝗮𝘃𝗶𝗻̃𝗮 tivo a estrea soñada como adestrador: primeiro título en xogo e primeiro éxito tras gañar...
03/08/2026

𝙋𝙊𝘿𝘾𝘼𝙎𝙏 🎙 𝘿𝙀𝙋𝙊𝙍𝙏𝙀𝙎
𝗙𝗿𝗮𝗻 𝗥𝗮𝘃𝗶𝗻̃𝗮 tivo a estrea soñada como adestrador: primeiro título en xogo e primeiro éxito tras gañar a 𝗖𝗢𝗣𝗔 𝗗𝗘𝗣𝗨𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗔 𝗖𝗢𝗥𝗨𝗡̃𝗔 🏆 na festa do fútbol provincial o pasado sábado no concello de Miño.

Hoxe conversou con 𝗘𝗺𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗙𝗼𝗿𝗷𝗮́𝗻 e referiuse a que a esixencia nun club como a SD Negreira sempre é alta, e mostrouse «moi ilusionado» con esta nova etapa emprendida este verán. Admiten que poden chegar os últimos reforzos, aínda que móstrase «contento» co plantel de futbolistas e fala da necesidade de ter un maior número de xogadores para chegar nas mellores condicións ao tramo final da tempada!!

𝙀𝙎𝘾𝙊́𝙄𝙏𝘼𝙊 𝘼𝙌𝙐𝙄́

https://l1nq.com/zp1ntn2

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜Ó𝗡Hoxe falamos con 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗮 𝗣𝗼𝗿𝘁𝗲𝗹𝗮, actual 𝘅𝗲𝗳𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝘁𝘂𝗱𝗼𝘀 da 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗜𝗱𝗶𝗼𝗺𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗲𝗻 𝗡𝗲...
30/07/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜Ó𝗡

Hoxe falamos con 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗮 𝗣𝗼𝗿𝘁𝗲𝗹𝗮, actual 𝘅𝗲𝗳𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝘁𝘂𝗱𝗼𝘀 da 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗜𝗱𝗶𝗼𝗺𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗲𝗻 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 no 𝗜𝗘𝗦 𝗫𝘂𝗹𝗶𝗮́𝗻 𝗠𝗮𝗴𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗼𝘀. 📚🇬🇧

Xa está aberto o prazo de matrícula cunha oferta que vai desde o nivel 𝗔𝟭 ata o 𝗖𝟭, permitindo obter unha 𝘁𝗶𝘁𝘂𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗼𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹.

Na conversa abordamos o proceso de inscrición, os prazos, os requisitos de acceso, os niveis dispoñibles, o balance do curso pasado e tamén as perspectivas de futuro da sección da Escola Oficial de Idiomas en Negreira.

▶️ 𝗘𝘀𝗰𝗼́𝗶𝘁𝗮 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮: 👇
https://tinyurl.com/3rj8pp4r

🎙️ 𝗛𝗼𝘅𝗲 𝗳𝗮𝗹𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 da chegada do 𝗗𝗲𝗹𝗮𝘀 𝗙𝗲𝘀𝘁 𝟮𝟬𝟮𝟲 a Negreira, o festival de arte urbana que conta coa participación da art...
28/07/2026

🎙️ 𝗛𝗼𝘅𝗲 𝗳𝗮𝗹𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 da chegada do 𝗗𝗲𝗹𝗮𝘀 𝗙𝗲𝘀𝘁 𝟮𝟬𝟮𝟲 a Negreira, o festival de arte urbana que conta coa participación da artista plástica 𝗜𝘀𝗮 𝗕𝗲𝗿𝗺ú𝗱𝗲𝘇.

🖌️ A creadora xa iniciou o mural que está a realizar no 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗧𝗲𝗺𝗽𝗲𝗿á, na rúa Rosalía de Castro, unha intervención que poderá verse medrar ata o 𝟮 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗼𝘀𝘁𝗼.

Antes de comezar a pintar, Isa Bermúdez percorreu a vila para coñecer de preto a súa historia, as súas tradicións e a súa xente. Da man de Manuel Figueira, da Asociación Folclórica Veiga do Cotón e de numerosas veciñas, pandeireteiras e da Asociación de Mulleres Rurais de Alvite, recolleu historias e vivencias que serven de inspiración para unha obra moi vinculada á identidade de Negreira.

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟A primeira tenente de alcalde do 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗮 𝗕𝗮ñ𝗮, Mónica González, pasou hoxe polos micrófonos de Ra...
27/07/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟

A primeira tenente de alcalde do 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗮 𝗕𝗮ñ𝗮, Mónica González, pasou hoxe polos micrófonos de Radio Negreira para facer un repaso á intensa actividade que vive o municipio durante este verán. ☀️

Na conversa abordamos o balance das actividades culturais, sociais e de lecer desenvolvidas nas últimas semanas e as propostas que aínda quedan por diante nas vindeiras datas.

▶️ 𝗘𝘀𝗰𝗼́𝗶𝘁𝗮 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮: 👇
https://tinyurl.com/59bzxyun

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 | 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗧𝗢𝗕𝗔𝗟𝗜𝗡̃𝗢O presidente da Asociación Negreira Viva, 𝗗𝗶𝗲𝗴𝗼 𝗩𝗶𝗲𝗶𝘁𝗼, pasou polos micrófonos de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿...
24/07/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 | 𝗖𝗥𝗜𝗦𝗧𝗢𝗕𝗔𝗟𝗜𝗡̃𝗢

O presidente da Asociación Negreira Viva, 𝗗𝗶𝗲𝗴𝗼 𝗩𝗶𝗲𝗶𝘁𝗼, pasou polos micrófonos de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 para falar dunha das citas máis agardadas do verán na nosa vila: o 𝗘𝗻𝘁𝗿𝗼𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗩𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝗱𝗼 𝗖𝗿𝗶𝘀𝘁𝗼𝗯𝗮𝗹𝗶𝗻̃𝗼, que se celebra mañá, coincidindo co Día de Galicia. 🎉🎭

Na entrevista repasamos toda a programación, as novidades desta edición e o intenso traballo organizativo que hai detrás dunha festa que ano tras ano reúne a centos de persoas e que xa é todo un referente do calendario festivo na comarca.

▶️ 𝗘𝘀𝗰𝗼́𝗶𝘁𝗮 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮: 👇
https://tinyurl.com/4trmp5bh

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 | 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡O director do 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗢 𝗖𝗼𝘁𝗼 de Negreira, 𝗝𝘂𝗹𝗶𝗼 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲𝘇, pasou polos micrófonos de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 pa...
23/07/2026

𝗣𝗢𝗗𝗖𝗔𝗦𝗧 🎙 | 𝗘𝗗𝗨𝗖𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡

O director do 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗢 𝗖𝗼𝘁𝗼 de Negreira, 𝗝𝘂𝗹𝗶𝗼 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲𝘇, pasou polos micrófonos de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 para facer balance do curso escolar e analizar os principais retos do centro.

Na entrevista falamos dos proxectos de mellora das instalacións e de como se está organizando xa o vindeiro curso escolar.

▶️ 𝗘𝘀𝗰𝗼́𝗶𝘁𝗮 𝗮𝗾𝘂𝗶́ 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮: 👇
https://tinyurl.com/32mwucpp

𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗔𝗢 𝗧𝗥Á𝗙𝗜𝗖𝗢 𝗡𝗔 𝗔𝗩𝗘𝗡𝗜𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔𝗖𝗢 🚧📍 Tal como onte avanzamos, a Avenida de Feiraco permanece cortada ao tráfico den...
22/07/2026

𝗖𝗢𝗥𝗧𝗘 𝗔𝗢 𝗧𝗥Á𝗙𝗜𝗖𝗢 𝗡𝗔 𝗔𝗩𝗘𝗡𝗜𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗜𝗥𝗔𝗖𝗢 🚧

📍 Tal como onte avanzamos, a Avenida de Feiraco permanece cortada ao tráfico dende hoxe debido ás obras de mellora do firme. A restrición manterase tamén durante o xoves 23 e o venres 24 de xullo.

🚫 𝗣𝗥𝗢𝗛𝗜𝗕𝗜𝗗𝗢 𝗘𝗦𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢𝗡𝗔𝗥 durante estas tres xornadas.

🧹 As actuacións inclúen a limpeza da vía e o posterior aglomerado de toda a Avenida de Feiraco.

📻 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 | 𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹

#𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 #𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼𝗡𝗲𝗴𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 #𝗧𝗿á𝗳𝗶𝗰𝗼 #𝗢𝗯𝗿𝗮𝘀 #𝗜𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝗟𝗼𝗰𝗮𝗹

Dirección

Carreira De San Mauro, Nº 11/2ª Planta
Negreira
15830

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Negreira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Negreira:

Atajos

Compartir