Canal Rías Baixas

Canal Rías Baixas A televisión comarcal das Rías Baixas Información local y programas locales

As obras de reconstrución do pavillón do IES do Porto do Son encaran a súa recta finalO xefe territorial de Educación, S...
23/09/2026

As obras de reconstrución do pavillón do IES do Porto do Son encaran a súa recta final
O xefe territorial de Educación, Santiago Freire, e o alcalde do Porto do Son, Luís Oujo, visitaron esta mañá as instalacións do instituto da localidade para comprobar o avance das obras de reconstrución do pavillón polideportivo, que xa encaran a súa recta final. A actuación, impulsada pola consellería de Educación, conta cun orzamento duns 267 mil euros.

https://www.canalriasbaixas.com/2026/09/22/as-obras-de-reconstrucion-do-pavillon-do-ies-do-porto-do-son-encaran-a-sua-recta-final/?feed_id=7026&_unique_id=6ab38b6627257

23/09/2026

A menos de vintecatro horas do seu arranque oficial, Pontevedra xa está mergullada na Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Esta mañá, a Casa Consistorial acolleu a presentación dos campionatos e de parte do equipo nacional. Encabezando aos deportistas, estivo tamén o triatleta Javi Gómez Noya, actual adestrador do conxunto español. Gómez Noya destacou as opcións dos diferentes membros da selección para estar na loita polas medallas. Pola súa banda, dende a Federación Española de Tríatlon recordaron que se agarda a participación de máis de 5.000 deportistas de ata 83 países diferentes. Ademais, este ano haberá unha novidade respecto do 2023: un circuíto ciclista integrado plenamente no centro histórico da cidade na carreira elite. O inicio da Gran Final será mañá mércores co desfile das seleccións e a inauguración oficial na Praza de España.

23/09/2026
23/09/2026

O concello de Ribeira organiza, a través do CIM, a cuarta edición das Xornadas Muller e Saúde. Desenvolverase ó longo do mes de outubro en catro sesións nas que se abordará a importancia da nutrición na saúde feminina.

23/09/2026

O subdelegado do Goberno en Pontevedra volveu confirmar hoxe en Caldas que a Variante Oeste non se levará adiante como estaba proxectada inicialmente. Segundo Abel Losada, co obxectivo de minimizar as afeccións sobre o territorio e atender as peticións das veciñanza, unicamente se executará unha minivariante enlazando a Nacional 550 á altura de Tivo coas proximidades de Veigas de Almorzar, na Nacional 640.

23/09/2026

Un informe da Consellería do Mar recoñece riscos irreversibles na ría de Arousa pola Mina de Touro-O Pino. É a denuncia que esta mañá fixeron a plataforma veciñal que se opón a este proxecto, a plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a Plataforma Ulloa Viva. Esixen o peche definitivo do proxecto e reclaman unha xuntanza coa Consellería do Mar.

23/09/2026

O BNG de Ribeira apela á necesidade de chegar a acordos para buscar o mellor emprazamento para os contedores de lixo. Na actualidade, hai zonas nas que restan visibilidade ou obstaculizan o paso supoñendo mesmo un risco para a seguridade.

23/09/2026

Controlado pero aínda activo. O incendio forestal declarado a pasada tarde na parroquia sonense de Ribasieira, supera xa as 45 hectáreas afectadas. Na súa extinción traballaron numerosos medios, tanto aéreos coma terrestres.

O BNG demanda o cambio de localización dalgúns contedores que comprometen a seguridade viariaO BNG de Ribeira apela á ne...
22/09/2026

O BNG demanda o cambio de localización dalgúns contedores que comprometen a seguridade viaria
O BNG de Ribeira apela á necesidade de chegar a acordos para buscar o mellor emprazamento para os contedores de lixo. Na actualidade, hai zonas nas que restan visibilidade ou obstaculizan o paso supoñendo mesmo un risco para a seguridade.

https://www.canalriasbaixas.com/2026/09/22/o-bng-demanda-o-cambio-de-localizacion-dalguns-contedores-que-comprometen-a-seguridade-viaria/?feed_id=7025&_unique_id=6ab2864a1abc2

Dirección

Pontevedra

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Canal Rías Baixas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Canal Rías Baixas:

Atajos

Compartir