Kalandraka Galicia

Llamar Cómo llegar Página web

Kalandraka Galicia KALANDRAKA é unha editorial galega especializada en álbum ilustrado para público infantil-xuvenil. Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012.

Cada 16 de outubro conmemórase o Día Mundial do Pan, unha data ideal para lermos A PANADERÍA. Lucía Belarte e David Lore...
16/10/2026

Cada 16 de outubro conmemórase o Día Mundial do Pan, unha data ideal para lermos A PANADERÍA. Lucía Belarte e David Lorenzo -artesáns da palabra e do lapis- son os autores do texto e das ilustracións, respectivamente, deste relato que nos envolve no aroma apetitoso deste alimento esencial; unha historia que sabe a resiliencia e superación, a solidariedade e integración.
A PANADERÍA foi distinguido co Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de ilustración, e forma parte da selección Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2026 do Banco do Libro de Venezuela. Ademais, figura na "Selección OEPLI 2025" por designación directa de GÁLIX e mais na 41ª Mostra do Libro Infantil e Xuvenil da Comunidade de Madrid.
🐺 https://tinyurl.com/APanaderiaKLK
David Lorenzo Illustration El Atelier GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Mañá celébrase no Pazo de Congresos de Galicia, en Compostela, unha Xornada de Bibliotecas Escolares organizada pola Ase...
16/10/2026

Mañá celébrase no Pazo de Congresos de Galicia, en Compostela, unha Xornada de Bibliotecas Escolares organizada pola Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia.
Unha das ponencias programadas, co lema "Lecturas de non ficción para entender o mundo", contará coa participación da autora e ilustradora Blanca Millán. Na súa intervención abordará o proceso creativo da súa nova obra, FERRAMENTAS BÁSICAS PARA SER ARTISTA, distinguida co I Premio GALIX ao Libro Informativo para a Rapazada 2025.
Acompáñanos este próximo mércores 21 de outubro na presentación do libro, na Libraría Couceiro de Santiago, a partir das 19:30 horas. Acompañando a Blanca Millán contaremos con Pilar Sampedro e María Solar, que formaron parte do xurado do certame.
🗓️ https://kalandraka.com/agenda/blanca-millan-presenta-en-compostela-ferramentas-basicas-para-ser-artista
GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Da man de Kalandraka Galicia, chega o I Premio Libro Informativo para a Rapazada convocado por GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Blanca Millán achega as ferramentas necesarias para ser artista.

Este mércores ás 19:30 horas agardámosvos na Libraría Couceiro de Santiago coa autora e ilustradora Blanca Millán para p...
15/10/2026

Este mércores ás 19:30 horas agardámosvos na Libraría Couceiro de Santiago coa autora e ilustradora Blanca Millán para presentar FERRAMENTAS BÁSICAS PARA SER ARTISTA, a obra coa que gañou o I Premio GÁLIX ao Libro Informativo para a Rapazada. Canda a autora, tamén participarán a especialista en literatura infantil e xuvenil Pilar Sampedro, e a xornalista e escritora María Solar.
🗓️
https://kalandraka.com/agenda/blanca-millan-presenta-en-compostela-ferramentas-basicas-para-ser-artista
GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Axenda Cultural das Librarías

Acaba de chegar ás librarías ANIMAIS NOXENTOS, de José Ramón Alonso e Mercè Galí. Pode que os seus protagonistas nos cau...
15/10/2026

Acaba de chegar ás librarías ANIMAIS NOXENTOS, de José Ramón Alonso e Mercè Galí. Pode que os seus protagonistas nos causen unha certa repulsión, pero paga moito a pena obviar ese pequeniño 'detalle' para asomarse ás páxinas dun libro co que, ademais de rir a eito, descubriremos moitas anécdotas e datos abraiantes sobre criaturas tan descoñecidas como o fulmar, o lagarto cornudo ou a avespa zombificadora...
🐾 https://kalandraka.com/animais-noxentos-galego

A colección MINILIBROS IMPERDIBLES segue medrando!Un oitavo volume, recén chegado ás librarías, presenta CINCO RATIÑOS, ...
14/10/2026

A colección MINILIBROS IMPERDIBLES segue medrando!
Un oitavo volume, recén chegado ás librarías, presenta CINCO RATIÑOS, ISTO É MOI ESTRAÑO..., TARDE DE SAPO, A MIÑA MASCOTA E MAIS EU, UN DÍA DE CHUVIA E FLORES, A SEÑORA A E O SEÑOR Z y NINA E TITA.
Tedes todas as caixiñas? Cal é a vosa favorita? Onde van convosco?
📚 https://kalandraka.com/minilibros-imperdibles-8-galego

Esta fin de semana concluímos a participación na 77ª Feira do Libro de Frankfurt, o principal escaparate internacional o...
13/10/2026

Esta fin de semana concluímos a participación na 77ª Feira do Libro de Frankfurt, o principal escaparate internacional onde editoras, axentes, distribuidoras, autoras e autores, e outros moitos profesionais do sector se reúnen para crear novas oportunidades de negocio noutros mercados. Ata aí viaxamos cos 'Libros para soñar', aínda coa emoción vibrante do recente Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil aos DIVERTIMENTOS de Antonio Rubio e Carmen Queralt.
E case sen tempo para desfacer as maletas, marcamos na axenda inmediata o próximo destino para seguir ampliando horizontes: do 21 ao 25 deste mes de outubro na Feira Internacional do Libro de Nova York...
📚 https://filnyc.org/expositor/kalandraka/
Frankfurter Buchmesse Feria Internacional del Libro NYC VLP Agency

O mundo do mar, cos mariñeiros e as mulleres dos mariñeiros como protagonistas, co peirao e os barcos pesqueiros como es...
13/10/2026

O mundo do mar, cos mariñeiros e as mulleres dos mariñeiros como protagonistas, co peirao e os barcos pesqueiros como escenario dun estilo de vida marcado polo sacrificio e a supervivencia, centra o novo poemario de Míriam Ferradáns, titulado PEIXES DE LUZ. Trátase do 25º volume da colección Tambo; o seu coordinador, Luís Rei Núñez, acompañará a autora na presentación do libro en Bueu, este domingo 18 de outubro a partir das 12:00 horas na sala multiusos do Centro Social do Mar. O encontro, co apoio da libraría Miranda, tamén contará coa participación do escritor Ismael Ramos.
🗓️ https://kalandraka.com/agenda/miriam-ferradans-presenta-peixes-de-luz-en-bueu
Librería Miranda Bueu Concello de Bueu

Dirección

Pastor Díaz, Nº1. 4º
Pontevedra
36001

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986860276

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Kalandraka Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría