Noticias de Poio - San Salvador 2.0

Noticias de Poio - San Salvador 2.0 🗞 Medio de comunicación digital de noticias de actualidad de Poio creado hace más de 8 años.

📆 Estes son os festivos autonómicos en Galicia para o 2025▶️ Hoxe o   aproba o calendario laboral para o próximo ano
08/07/2024

📆 Estes son os festivos autonómicos en Galicia para o 2025

▶️ Hoxe o aproba o calendario laboral para o próximo ano

O alcalde, Ángel Moldes, fixo unha valoración moi positiva de todos os eventos que, de novo, volveron servir como dinami...
08/07/2024

O alcalde, Ángel Moldes, fixo unha valoración moi positiva de todos os eventos que, de novo, volveron servir como dinamizadores da oferta lúdica, deportiva e cultural de Poio, e que son un pulo para a actividade socioeconómica do municipio. Así, ademais do concerto no Mosteiro de San Xoán, durante a fin de semana as propostas programadas desde o Concello de Poio tamén congregaron a numeroso público, e sinala como exemplos o ciclo Ben Falado que, durante dúas noites, se desenvolveu en Raxó cos monólogos dos cómicos David Amor e Pablo Meixe, ou o Internacional de Xadrez APECR 2024 do Concello de Poio, que o sábado encheu o Centro Cultural Xaime Illa, así como os torneos de volei praia en Lourido, dentro do Verán Deportivo. “Estes eventos contribúen a situar Poio no mapa, a atraer visitantes para que coñezan e consuman no noso municipio, pero tamén ofrece aos nosos veciños a posibilidade de g***r no seu concello, sen necesidade de desprazarse ás cidades, dunha programación atractiva e de calidade”, engadiu.



De feito, con respecto ao Internacional de Xadrez subliñou que, nesta primeira edición xa se converteu nun dos torneos de xogadas rápidas máis fortes dos últimos anos en Galicia, tanto polo nivel como polo número de persoas que participaron, preto de 200. Un éxito que, subliñou, foi posible grazas aos organizadores así como á colaboración da Escola de Xadrez de Pontevedra. O gañador foi Roi Reinaldo Castiñeira, con 8.9 puntos sobre 98 contra xogadores de moito nivel.

Máis de 150 persoas g***ron este sábado en Poio dun concerto extraordinario, que uniu a música de dous continentes nunha...
08/07/2024

Máis de 150 persoas g***ron este sábado en Poio dun concerto extraordinario, que uniu a música de dous continentes nunha experiencia única en España e serviu ademais para honrar a memoria de Leonardo Balboa, un emigrante a Estados Unidos nacido en Samieira que faleceu o ano pasado en terras americanas.



Por espazo de dúas horas, o Mosteiro de San Xoán acolleu a actuación do conxunto estadounidense Voices of New Jersey e a Coral Polifónica de Poio. “Voices of New Jersey” xurde da unión de dous coros activos no estado de Nova Jersey, o “Rise Up Chorus” e o “Highland Park Community Chorus”. A estadounidense de orixe poiense María Balboa Treinta forma parte de ambos coros.



Cando o seu pai Leonardo Balboa Míguez, nacido en Samieira e emigrado na década dos 70 aos EEUU, faleceu o ano pasado, os seus familiares en Poio e noutras partes de Galicia e España non puideron asistir ao funeral en EEUU. Por ese motivo, María quixo organizar unha homenaxe na que puideran participar tanto os seus compañeiros americanos como a súa familia en España.



O propio programa bilingüe repartido este sábado polos organizadores explicaba aos asistentes que “Leonardo amaba a música e era el mesmo un cantante de talento. Por iso consideramos apropiado dedicarlle esta xira de concertos corais ao longo do seu país natal, España”. E engadía: “O punto culminante da xira -con concertos en Salamanca e Madrid- terá lugar en Galicia, a rexión de Leonardo, con toda a súa familia”.



O concerto comezou coa actuación da Coral Polifónica de Poio, dirixida por Sofía Taboada Gil, que interpretou varios temas sacros e tradicionais. A continuación os 31 membros do coro americano foron desfilando pola nave central cara ao Retablo Maior, diante do que ofreceron unha selección de temas propios, cantos sacros e espirituais e mesmo duas cantigas tradicionais en galego “Alalá das Mariñas” e “Romance”, baixo a dirección de Benjamin T. Berman, Matthew LaPine e Paul Conrad.



Despois de finalizar a actuación coa interpretación do gospel tradicional titulado “The Storm is Passing Over”, no que o público participou batindo palmas, os directores do coro estadounidense, axudados dunha intérprete, agradeceron a gran asistencia de veciños e a presenza de moitos familiares de Leonardo, chegados de Samieira e doutros puntos de Poio e de toda España, e recoñeceron especialmente “a bendición que supón contar con María, a artífice deste momento marabilloso”.



O alcalde Ángel Moldes, que asistiu ao Concerto acompañado doutros membros do Goberno local, pechou o acto dando as grazas aos organizadores e a todos os compoñentes do coro pero en particular a María “por facernos partícipes desta historia tan fermosa”.



Ao rematar o concerto, e antes de emprender o camiño cara Salamanca, onde rematará a xira española, os compoñentes do coro estadounidense desprazáronse a Samieira para coñecer o lugar natal de Leonardo. Á saída do Mosteiro, emocionada, María saudou a todos os compañeiros e familiares congregados para homenaxealo e afirmou: “Foi un día marabilloso e sei que saíu como el tería querido”.

O motoclub A Rosa dos Ventos celebra do venres 12 ao domingo 14 a décimo terceira edición da Concentración Moteira, que ...
08/07/2024

O motoclub A Rosa dos Ventos celebra do venres 12 ao domingo 14 a décimo terceira edición da Concentración Moteira, que espera reunir a preto de 9.000 persoas ao longo de toda a fin de semana, chegadas desde diferentes puntos de toda España, como por exemplo Illas Canarias, País Vasco, Ceuta, Andalucía, Cataluña..., así como Portugal.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, o concelleiro de Festexos e Eventos, Fran Dasilva, e representantes do motoclub presentaron hoxe a programación, con importantes propostas lúdicas na contorna da Seca durante os tres días, ademais das rutas moteiras pola contorna. Moldes agradeceu “o importante traballo que a entidade realiza ao longo de todo o ano para ofrecer unha cita atractiva para os amantes das motos e converter a Poio na capital galega do motociclismo”. Un evento que, como subliñou, “ten ademais unha importante repercusión socioeconómica para o noso municipio”. Nesta liña, indicou que a ocupación hoteleira para esta fin de semana é moi alta e, incluso, nalgún caso xa colgaron o cartel de completo. “O epicentro está na Seca, pero os asistentes visitarán todo o municipio”, engadiu.

Segundo explicou Manuel Torres, presidente do motoclub, este ano inclúense importantes novidades. As actividades comezarán o venres, ás 20.30 horas, co pase STUNT do especialista AV Campos e, posteriormente, farase unha ruta de antorchas polas rúas do concello. A primeira xornada a música correrá a cargo de Tropa do Carallo, a nova banda de Evaristo Páramos, cantante de música punk que foi vocalista de La Polla Records. Como teloneros actuará a banda Calle del Ruído ás 22.45 horas.

Xa o sábado, a sesión vermú será ás 12.00 horas coa música en directo do grupo La Mécánica. E xa pola tarde haberá xogos moteros e animación antes do paso polas rúas do concello. Ás 18.00 horas realizarase unha degustación de mexillón galego, exclusivamente para participantes inscritos, preparados polo cociñeiro con Estrella Michelín e dous Soles Repsol Pepe Solla. Antes da cena de confraternidade, na que tamén se entregarán trofeos aos moteiros máis destacados desta edición, organizarase un novo pase STUNT a cargo do especialista AV Campos. A medianoite está programado o mellor tributo de Europa de Guns N´Roses, segundo as revistas musicais e o grupo orixinal, a cargo da banda Gansos Rosas. E a noite rematará coa discoteca móbil cos DJ Toño, Rubén Díaz e Quico.

A última xornada arrancará ás 12.00 horas cunha ruta moteira pola contorna, con paradas e picoteos para todos os asistentes. A despedida será coa comida de confraternidade, ás 15.00 horas, na carpa habilitada.

Tanto Ángel Moldes como Manuel Torres convidaron aos asistentes a disfrutar de Poio e g***r de todas a programación propostas con moito sentidiño. “Queremos que disfruten da fin de semana e o fagan con seguridade, porque o importante é volver”, concluíu Torres

💊 Galicia regulará a entrega a domicilio de medicamentos para pacientes de zonas illadas do rural ou con dependencia✅ Ab...
08/07/2024

💊 Galicia regulará a entrega a domicilio de medicamentos para pacientes de zonas illadas do rural ou con dependencia

✅ Abre o prazo de consulta previa do decreto para recibir achegas de profesionais e da cidadanía

📣 No Portal da Lingua están publicadas as listaxes cos resultados provisionais das probas   1, 2, 3 e 4. 📋❗ O prazo de s...
08/07/2024

📣 No Portal da Lingua están publicadas as listaxes cos resultados provisionais das probas 1, 2, 3 e 4. 📋

❗ O prazo de solicitude de revisión remata o 19 de xullo 🗓️

👉 www.lingua.gal/probas-celga

La creación de empresas creció en Galicia un 16 % en mayo, con 383 sociedades mercantiles constituidas
08/07/2024

La creación de empresas creció en Galicia un 16 % en mayo, con 383 sociedades mercantiles constituidas

🩸Queres saber onde podes doar sangue esta semana?Deixámosche o mapa cos lugares onde estarán presentes as nosas unidade...
08/07/2024

🩸Queres saber onde podes doar sangue esta semana?

Deixámosche o mapa cos lugares onde estarán presentes as nosas unidades móbiles ☝️

Rego continuará al frente de la UPG, partido mayoritario dentro del Bloque
08/07/2024

Rego continuará al frente de la UPG, partido mayoritario dentro del Bloque

🌐 O Goberno galego apoia a mobilidade dos universitarios galegos e a súa participación en cursos de idiomas no estranxei...
07/07/2024

🌐 O Goberno galego apoia a mobilidade dos universitarios galegos e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro

🗓️ Ata o 22 de xullo pódense solicitar axudas de entre 1.700 € e 2.500 €

🌟​ O VIII Premio Fegatea á Animación Teatral recoñece o traballo do Centro Dramático Galego🎭​ O acto contou con 16 pezas...
07/07/2024

🌟​ O VIII Premio Fegatea á Animación Teatral recoñece o traballo do Centro Dramático Galego

🎭​ O acto contou con 16 pezas de microteatro representadas por profesionais de toda Galicia

DEPMuere el doctor Emilio Arruti Peleteiro, médico de Urgencias de Montecelo durante décadasEl facultativo, que se había...
07/07/2024

DEP

Muere el doctor Emilio Arruti Peleteiro, médico de Urgencias de Montecelo durante décadas

El facultativo, que se había jubilado en enero de 2023, también coordinó la Oficina de Trasplantes del CHOP

📸©️ Rafa Vázquez

Dirección

Poyo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Noticias de Poio - San Salvador 2.0 publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir