Emprega POIO - Concello de Poio

Emprega POIO - Concello de Poio DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO EN POIO

27/10/2023

Cuatro mujeres lideran un proyecto de investigación llamado Salmoira que está sorprendiendo a chefs de medio mundo. Van a abrir un laboratorio en Pontevedra mientras presentan su iniciativa hasta en Australia

Formación gratuita e portátil de regalo…chamar al teléfono 6040395575
06/07/2023

Formación gratuita e portátil de regalo…chamar al teléfono 6040395575

17/02/2023

𝗘𝗻 𝘃𝗶𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻̃𝗲𝗰𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼𝘀 𝘁𝗲𝘀𝘁𝗲𝗺𝘂𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗲 𝗼 𝗰𝗿𝗲𝗰𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝘂𝗽𝘂𝘅𝗼 𝗮 𝗮𝘀𝗶𝘀𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗮 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮.

O proxecto VITA, que desde finais de 2022 se imparte no Centro de Formación da Reiboa con sesións presenciais e telemáticas, é unha formación ofertada a través da Concellería de Promoción Económica se pretende achegar ás persoas emprendedoras ferramentas que axuden a consolidar o crecemento da riqueza e da dinamización comercial, turística e empresarial en Poio.

As sesións son impartidas por Carla d' Pont - Consultora y Mentora de Negocios de Marca Personal, doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e que conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/uLPF50MU8Rp

Cursos homologados para o marisqueo a pé… 1 semestre
10/02/2023

Cursos homologados para o marisqueo a pé… 1 semestre

Formación da concelleria 1 semestre: con prácticas en empresas!!!!
10/02/2023

Formación da concelleria 1 semestre: con prácticas en empresas!!!!

28/01/2023

Queres saber como podes na túa factura da luz? 💡

Arrancamos de novo coas xuntanza a grupais de , en esta ocasión falaremos de ferramentas ou tecnicas de aforro enerxético.

Vente! A data é:

🌟 Martes 31 xaneiro de 20:00h a 21:30h en Casal de Ferreirós.

Podes vir, tanto se tes negocio como se vives en . So tes que inscribirte.

Moitas persoas non saben como facer os cambios horarios da , as diferentes ou como a sua .

🔝 Se queres saber todo isto e moito máis, non o dubides, vente ás xornadas grupais que organizamos dende de do

🌟 Participa nas xuntanzas de , falaremos de como ler a túa factura da luz, fixarte ben para que non te cobren de máis, resolver dúbidas…

👌🏽 É de balde.

Inscríbete no programa e participa, tanto nas sesións grupais como nos asesoramentos individuais.

Podes facelo aquí:

☎️ 625 120 475
📩 [email protected]
👩‍💻 www.ecoinnovapoio.gal

Programa financiado por do

20/01/2023

Máis ECOINNOVA POIO 👏🏻👏🏻👏🏻

Seguimos en 2023🤓
14/01/2023

Seguimos en 2023🤓

"Non hai kilowatio máis barato que o que non se consume".

Hoxe estivemos o concelleiro de , e Diego Padin nos estudos de Onda Cero Pontevedra Salnés conversando con sobre o Programa EcoInnova, unha iniciativa impulsada desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo que ten coma obxectivo 🌟 mellorar e optimizar o aforro enerxético, incidindo na innovación sostible.

👉🏻Lembramos que este mércores ás 20.00 horas haberá unha charla informativa no Casal de Ferreirós, impartida polo técnico Diego Padín, na que aprenderemos a interpretar a factura da luz e a optimizar recursos. Porque, tal e como di o propio Diego, para saber aforrar hai que entender todos os conceptos que aparecen nos recibos.

✌️Haberá unha segunda charla, á mesma hora, o martes 20 de decembro na Reiboa.

👥 Ademais das charlas grupais, EcoInnova Poio tamén ofrece asesoramento individual a quen o solicite.

👉 Máis información na web www.ecoinnovapoio.gal

Podes escoitar toda a entrevista na páxina www.Ecoinnovapoio.gal ou na web de 👉 https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/ecoinnova-poio-programa-asesoramento-mellorar-aforro-enerxetico-cidadania_20221212639728eae85dc40001f2eebd.html

27/12/2022

𝗢 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗼𝗻𝘀𝗮𝗯𝗹𝗲 𝗱𝗮 𝗮́𝗿𝗲𝗮, 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀 (𝗣𝗦𝗱𝗲𝗚-𝗣𝗦𝗢𝗘), 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗳𝗼𝗶 𝗮𝗱𝘅𝘂𝗱𝗶𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗮 𝗿𝗲𝗱𝗮𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝘀𝗼𝗹𝗶𝗰𝗶𝘁𝘂𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗹𝗮𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗲𝗻𝗰𝗹𝗮𝘃𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗡𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗲 𝗟𝗼𝗰𝗮𝗹 (𝗘𝗡𝗜𝗟), 𝗮 𝗳𝗶𝗴𝘂𝗿𝗮 𝗹𝗲𝗴𝗮𝗹 “𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗮𝘅𝗲𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮𝗿 𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘁𝗲𝘅𝗲𝗿 𝗮 𝗶𝗹𝗹𝗮”

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, informa de que El Ejidillo Viveros Integrales será a firma encargada de acometer a elaboración da documentación técnica necesaria para tramitar a solicitude de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) para a Illa de Tambo. A Xunta de Goberno Local procedeu á adxudicación deste servizo, cun orzamento total que ascende a un total de 12.444,85 euros, IVE engadido.

O contrato, tal e como explica Agís, inclúe a realización de todas as fases de tramitación pertinentes, empezando pola recollida de información inicial, ata dar vida ao documento. “Estamos a falar dunha xestión que resulta imprescindible para que Tambo sexa recoñecida como ENIL, que é unha figura equivalente a nivel medio ambiental a un plan de usos do espazo”, engade o titular de Promoción Económica e Urbanismo.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/4q0450McmFk

23/12/2022

Seguimos contigo, se tes calquera consulta, envíanos un mail a [email protected] ou inscríbete na web www.ecoinnova poio.gal

🔝🔝🔝🌟🌟🌟🌟

• 𝗢 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗳𝗶𝗿𝗺𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮, 𝗾𝘂𝗲 𝗯𝘂𝘀𝗰𝗮 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗲 𝗼𝗽𝘁𝗶𝗺𝗶𝘇𝗮𝗿 𝗼 𝗮𝗳𝗼𝗿𝗿𝗼 𝗲 𝗮 𝗲𝗳𝗶𝗰𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗲𝗻𝗲𝗿𝘅𝗲́𝘁𝗶𝗰𝗮, 𝘁𝗲𝗿𝗮́ 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗻𝘂𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗮𝗼 𝗹𝗼𝗻𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟯

Apenas unhas semanas despois do seu inicio, o programa EcoInnova Poio, organizado pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo co obxectivo de optimizar, promover e mellorar o aforro enerxético e a sostibilidade, xa conta con máis de medio cento de persoas inscritas. Así o sinala o edil responsable do departamento, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), que confirma, ademais, que a iniciativa, ante a alta demanda rexistrada, terá continuidade ao longo de 2023. “Temos constancia de que máis de 20 inscritos e inscritas xa teñen solicitado, ademais do asesoramento informativo vía ‘on line’, visitas ‘in situ’ para analizar os locais. Trátanse sobre todo de profesionais de diferentes sectores”, sinala Agís Gómez.

VISITA 👉 http://ow.ly/bBv550MafB6

A estas persoas anotadas hai que sumar todas as que tomaron parte nas dúas charlas grupais organizadas neste mes de decembro, que se centraron no ofrecemento e pautas e coñecementos para interpretar de xeito correcto a factura da luz, unha cuestión “indispensable para poder aforrar e asumir uns custes acordes cos niveis de consumo”, recalca o concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/F6G850MafB8

22/12/2022

𝗢 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲𝗹𝗲𝗴𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝗮́𝗿𝗲𝗮, 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀 (𝗣𝗦𝗱𝗲𝗚-𝗣𝗦𝗢𝗘), 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗼𝘂 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗶𝗻𝗮𝘂𝗴𝘂𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼, 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗽𝗿𝗼𝗹𝗼𝗻𝗴𝗮𝗿𝗮́ 𝗱𝘂𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝘀𝗲𝗶𝘀 𝗺𝗲𝘀𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝘀𝗲𝘀𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 𝗲 𝘁𝗲𝗹𝗲𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, participou na mañá deste martes na inauguración o Proxecto VITA. Trátase dunha formación gratuíta pensada para persoas emprendedoras do municipio, a través da cal se busca ofrecer pautas e bases necesarias para consolidar negocios e proxectos propios, sostibles e eficientes, de xeito que se fomenta a creación de novas oportunidades profesionais.

Durante a presentación do curso, que se prolongará ata o vindeiro mes de xuño, Agís lembrou que “cada vez hai máis veciños e veciñas de Poio que apostan por emprender”, de aí que sexan necesarias este tipo de iniciativas, “que redundan de xeito positivo na súa experiencia”.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/o0z450M9OnM

17/12/2022

"Non hai kilowatio máis barato que o que non se consume".

Hoxe estivemos o concelleiro de , e Diego Padin nos estudos de Onda Cero Pontevedra Salnés conversando con sobre o Programa EcoInnova, unha iniciativa impulsada desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo que ten coma obxectivo 🌟 mellorar e optimizar o aforro enerxético, incidindo na innovación sostible.

👉🏻Lembramos que este mércores ás 20.00 horas haberá unha charla informativa no Casal de Ferreirós, impartida polo técnico Diego Padín, na que aprenderemos a interpretar a factura da luz e a optimizar recursos. Porque, tal e como di o propio Diego, para saber aforrar hai que entender todos os conceptos que aparecen nos recibos.

✌️Haberá unha segunda charla, á mesma hora, o martes 20 de decembro na Reiboa.

👥 Ademais das charlas grupais, EcoInnova Poio tamén ofrece asesoramento individual a quen o solicite.

👉 Máis información na web www.ecoinnovapoio.gal

Podes escoitar toda a entrevista na páxina www.Ecoinnovapoio.gal ou na web de 👉 https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/ecoinnova-poio-programa-asesoramento-mellorar-aforro-enerxetico-cidadania_20221212639728eae85dc40001f2eebd.html

09/12/2022

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio crea: Ecoinnova Poio, programa adicado ao af

07/12/2022

Terás a túa disposición un decálogo de boas prácticas onde se recollen medidas para mellorar a sostenibilidade no teu negocio e fogar. 

04/12/2022

Únete a Ecoinnova Poio … para a mellora da eficiencia enerxética de empresas e fogares 💥💡💥💡💥💡

https://ecoinnovapoio.gal/  para inscribirse no programa de aforro enerxético da Concellería de Promoción Económica para...
04/12/2022

https://ecoinnovapoio.gal/ para inscribirse no programa de aforro enerxético da Concellería de Promoción Económica para empresas e particulares.

Terás a túa disposición un decálogo de boas prácticas onde se recollen medidas para mellorar a sostenibilidade no teu negocio e fogar.

Ecoinnova Poio… aforro enerxético para todos/as..💥💥💥
04/12/2022

Ecoinnova Poio… aforro enerxético para todos/as..💥💥💥

Felicidades 🌟🌟
24/11/2022

Felicidades 🌟🌟

TOLEDO> Pepe Vieira faise coa súa segunda Estrela Michelín para o seu restaurante de Raxó. O cociñeiro foi un dos nomes propios da gala celebrada en Toledo na que se entregaron estes galardóns. Canda el segue no máis alto o restaurante Culler de Pau do Grove, de Javier Olleros, que mantén as ...

👏🏻👏🏻👏🏻
16/11/2022

👏🏻👏🏻👏🏻

Desde este luns 14 de novembro está en marcha o curso de mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, organizado pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo. O seu responsable, Gregorio Agís (PSOE), visitou este martes ás persoas anotadas nesta iniciativa, que se suma á batería de formacións e obradoiros que deste este departamento municipal se poñen en marcha de xeito regular de cara a mellorar a preparación da veciñanza á hora de formarse, emprender novos negocios ou ser activos e activas na busca de emprego.

Aas sesións desenvólvense no Centro de Formación da Reiboa, na parroquia de San Xoán, tanto en horario de mañá como de tarde. O ciclo consta dun total de 60 horas e rematará o martes 29 de novembro.

14/11/2022

Onte día 10 de novembro, o Concelleiro de Promoción Económica Gregorio Agís (PSOE), reuníuse con directiva e socios/as da Asociación Empresarial EnPoio para darlles a coñecer as iniciativas en marcha neste momento dende a Concellería de Promoción Económica, e tamén para intercambiar impresións e recibir suxerencias e solicitudes de colaboración deste colectivo poiense.

Entre outros, tratáronse temas en marcha ou por iniciar en breve de formacións en enerxías renovables, emprendemento VITA e aforro enerxético; información e promoción sobre o Convenio asinado coa Deputación Pontevedra financiado con fondos Next Generation Europe e fondos propios "DA TÚA MAN" para fomento da actividade comercial, entre outros.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/Tm1J50LBE1k

12/11/2022

𝗢 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲𝗹𝗲𝗴𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝗮́𝗿𝗲𝗮, 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀 (𝗣𝗦𝗱𝗲𝗚-𝗣𝗦𝗢𝗘), 𝗹𝗲𝗺𝗯𝗿𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗮𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻, 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗽𝗿𝗼𝗹𝗼𝗻𝗴𝗮𝗿𝗮́ 𝗱𝘂𝗿𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘀𝗲𝗺𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟯, 𝗲́ 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶́𝘁𝗮

O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, informa de que o Proxecto VITA, unha formación para persoas emprendedoras de Poio impulsada por este departamento municipal, celebrará unha primeira sesión presencial informativa o vindeiro 20 de decembro, nas dependencias do Centro de Formación da Reiboa. As veciñas e veciños interesados en anotarse poderán facelo enviando un correo electrónico a [email protected] ou chamando ao número de teléfono 986770001 (extensión 1260).

Esta formación, que é totalmente gratuíta e que se estenderá ata o verán, busca “asentar as bases necesarias para o desenvolvemento dunha actividade sostible e eficiente, de maneira que se fomente a creación de novas oportunidades profesionais”, sinala Agís, que recalca a importancia de apostar por ferramentas que axuden a consolidar o crecemento da riqueza e da dinamización comercial, turística e empresarial en Poio.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/1T5T50Lxssk

11/11/2022

A Concellería de Promoción Económica, dirixida por Gregorio Agís (PSOE), informa de que o vindeiro 14 de novembro dará comezo no Centro de Formación da Reiboa un curso sobre montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. O ciclo terá 60 horas de duración, ata o 29 de novembro, con horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, ou de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Abordaranse cuestións como a xestión de documentación, prevención de riscos e adaptación de placas solares.

As persoas interesadas en anotarse ou obter máis información poderán facelo chamando ao 986770001 (extensión 1260) ou enviando un correo electrónonico a [email protected]. Tamén é posible inscribirse vía web, na ligazón http://ow.ly/6Sgn50LzAvy

11/11/2022

O proxecto deseñado pola Concellería de Urbanismo e Promoción Económica, dirixida por Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), para a recuperación e rehabilitación integral da antiga escola unitaria de Arén, na parroquia de Samieira, vén de consolidarse como un dos proxectos de maior calidade a nivel nacional dentro da convocatoria aberta para a obtención de fondos ‘Next Generation’, a través do Programa para la Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. O ente dependente do Goberno central publicou hai uns días o listado das máis de 400 propostas presentadas polos concellos de toda España que recibirán estes fondos, entre os que se atopa o de Poio.

O proxecto de Urbanismo e Promoción Económica está entre os 60 con mellor puntuación a nivel nacional, sendo o quinto de toda Galicia mellor valorado. “Hai que ter en conta que estes 400 proxectos son os que foron aprobados, pero as solicitudes foron moitas máis”, puntualiza Agís Gómez.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/U5pu50Ls0JG

Últimas prazas…!!! Inscríbete ..
11/11/2022

Últimas prazas…!!! Inscríbete ..

A Concellería de Promoción Económica, dirixida por Gregorio Agís (PSOE), informa de que o vindeiro 14 de novembro dará comezo no Centro de Formación da Reiboa un curso sobre montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. O ciclo terá 60 horas de duración, ata o 29 de novembro, con horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, ou de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Abordaranse cuestións como a xestión de documentación, prevención de riscos e adaptación de placas solares.

As persoas interesadas en anotarse ou obter máis información poderán facelo chamando ao 986770001 (extensión 1260) ou enviando un correo electrónonico a [email protected]. Tamén é posible inscribirse vía web, na ligazón http://ow.ly/6Sgn50LzAvy

27/10/2022

O concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, o socialista Gregorio Agís, confirma que o Concello de Poio, a través do departamento que dirixe, impulsa un proxecto para acometer o antes posibles na contorna de Boavista, na Caeira, co obxectivo de mellorar os servizos básicos en lugares as rúas Tambo e Ons e poñer fin ás avarías que se teñen rexistradas nos últimos tempos, debido á antigüidade da canalización.

A Comisión de Urbanismo aprobou o proxecto este martes, que conta cun orzamento de máis de 121.000 euros, que serán financiados a través de fondos que se solicitarán á Deputación Pontevedra Agís explica que a institución provincial impulsou recentemente un programa para facilitar medidas e actuacións contra a seca. "É unha iniciativa que segue a filosofía que temos no Concello á hora de revisar, detectar e solucionar problemas que afecten ás canalizacións e, deste xeito, acadamos un aproveitamento máis efectivo do abastecemento", apunta o concelleiro do PSOE.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/eWpW50Lf5GA

27/10/2022

◾𝗢 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗮́ 𝗶𝗺𝗽𝘂𝗹𝘀𝗮𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗼𝗺𝗼𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗘𝗰𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗨𝗿𝗯𝗮𝗻𝗶𝘀𝗺𝗼, 𝗱𝗶𝗿𝗶𝘅𝗶𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀, 𝗲 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗿𝗮𝘀𝗲 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘃𝗲́𝘀 𝗱𝗲 𝗳𝗼𝗻𝗱𝗼𝘀 𝗲𝘂𝗿𝗼𝗽𝗲𝗼𝘀 𝗼𝗯𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝗜𝗗𝗔𝗘

A empresa EC Casas será a encargada de levar a cabo a mellora integral do núcleo tradicional do Xuviño, na parroquia de Combarro. Esta é unha actuación que está impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís, e que se financia a través de fondos europeos obtidos ante o Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE), xestionados de xeito directo por este departamento municipal.

Agís confirmou que o Concello vén de completar toda a tramitación correspondente á licitación e adxudicación dos traballos, que servirán para “facer que a contorna do Xuviño experimente unha importante transformación”, ao tempo que se respecta a singularidade arquitectónica deste núcleo. A obra servirá para reforzar a seguridade peonil, a través da dotación dunha plataforma única, ao tempo que se garante a mobilidade sostible e universal, eliminando barreiras arquitectónicas, e se reduce a pegada de carbono.

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/9PBt50LkyBf

PoioCrea… cada vez máis preto 💥💥💥
27/10/2022

PoioCrea… cada vez máis preto 💥💥💥

◾𝗔 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶́𝗮 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝗿𝗼𝗹𝗱𝗮𝗿𝗮́ 𝗼𝘀 𝟮𝟬𝟬.𝟬𝟬𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀, 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗻𝗱𝗼 𝗲𝘅𝗽𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗼 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗮 𝗮́𝗿𝗲𝗮, 𝗚𝗿𝗲𝗴𝗼𝗿𝗶𝗼 𝗔𝗴𝗶́𝘀 (𝗣𝗦𝗢𝗘), 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗶𝗻𝗮𝗹𝗮 𝗮 𝗻𝗲𝗰𝗲𝘀𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗿 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮 𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗶𝗻𝗰𝗿𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗲𝘇𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮𝗶𝘀 𝗲 𝘀𝘂𝗯𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗿𝗼𝘀

O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria de outubro unha modificación de crédito que permitirá incrementar o orzamento para o proxecto ‘Poio Crea’, a través do cal a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo impulsará un espazo para potenciar e impulsar o emprendemento local no Centro de Formación da Reiboa. O concelleiro responsable deste departamento, Gregorio Agís (PSdeG-PSOE), explicou durante o debate deste punto a necesidade de acometer esta tramitación, logo de que o concurso de adxudicación quedase deserto.

“Faise necesario actualizar a partida destinada a estas obras para realizar un incremento do prezo”, explicou o concelleiro socialista, que achaca a situación ao encarecemento de materiais e dos custes de subministro que se veñen rexistrando ultimamente. “É unha situación que, debido ao contexto actual, é habitual en xeral”, sinalou, ao tempo que confirmou que, a través desta modificación de crédito, o proxecto contará finalmente cun orzamento próximo aos 200.000 euros. “Confiamos en que a licitación se complete nos vindeiros días, de cara a poder iniciar as obras o antes posibles”, indicou. Esta actuación realízase ao abeiro do Plan Concellos da Deputación Pontevedra .

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/PFP350LmXaj

27/10/2022

🌎 Preocúpache o ?
💚 Eres dos que pensan que con pequenos xestos podemos mudar a conciencia dos cidadáns en favor dun planeta máis ?
🌱 Gustaríache axudar á política medioambiental do teu Concello e que reduza a súa pegada de carbono cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ?

COMEZA AGORA 👉 http://ow.ly/rJgm50Ll3y9

A túa opinión é moi importante e chega directamente ao equipo redactor do Informe de Seguimento do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible de Poio, que incorporará o parecer da veciñanza ao documento que rexirá a nosa folla de ruta para reducir as emisións de CO2 e adaptarnos ao cambio climático nos vindeiros anos.

💪 Participa e convirte Poio nun actor máis contra o cambio climático!!

Últimas prazas…inscríbete antes do 31 de outubro!!!!
25/10/2022

Últimas prazas…inscríbete antes do 31 de outubro!!!!

O programa VITA, impartido por Carla d' Pont - Consultora y Mentora de Negocios de Marca Personal, divídese en varias fases, como son a implantación das bases do negocio online e a creación dunha marca, o desenrolo de visibilidade a través da aprendizaxe da escritura de artículos con nocións de SEO ou a resolución de dúbidas sobre o negocio de marca persoal mediante a creación de redes e conexións profesionais.

Carla d´Pont, é doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria. No último ano asesorou e formou a máis de setenta persoas que emprendían proxectos e máis de 7 países.

Vita contará con vinte prazas de carácter gratuíto, e as inscricións poderanse facer no teléfono 986.770.001 ext. 1260 o en el correo [email protected]

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/GWbW50LbqzX

17/10/2022

O programa VITA, impartido por Carla d' Pont - Consultora y Mentora de Negocios de Marca Personal, divídese en varias fases, como son a implantación das bases do negocio online e a creación dunha marca, o desenrolo de visibilidade a través da aprendizaxe da escritura de artículos con nocións de SEO ou a resolución de dúbidas sobre o negocio de marca persoal mediante a creación de redes e conexións profesionais.

Carla d´Pont, é doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria. No último ano asesorou e formou a máis de setenta persoas que emprendían proxectos e máis de 7 países.

Vita contará con vinte prazas de carácter gratuíto, e as inscricións poderanse facer no teléfono 986.770.001 ext. 1260 o en el correo [email protected]

SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/GWbW50LbqzX

Para emprendemento en Poio, participa..💥💥💥
17/10/2022

Para emprendemento en Poio, participa..💥💥💥

14/10/2022

💬 Coñece mitos e lendas de Poio, mañá venres 14 no Casal de Ferreirós, da man de Rafael Quintía e Lino Pazos.

👉A actividade pechará o programa de actividades do plan de dinamización da Casa Museo Cristóbal Colón que se desenvolveron ao longo dos últimos meses.

Concello de Poio

Dirección

Poyo

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Emprega POIO - Concello de Poio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Emprega POIO - Concello de Poio:

Videos

Compartir

Categoría