Radio Municipal de Redondela

Radio Municipal de Redondela A Radio Municipal de Redondela nace no ano 2002 con vocación pluralista e comprometida coas xentes de Redondela e a comarca.

Estamos no 94.9 da FM ou en www.radioredondela.com

💞 Definimos o encontro erótico como un espazo no que as persoas se atopan na intimidade, un lugar ao que se chega sempre...
09/09/2026

💞 Definimos o encontro erótico como un espazo no que as persoas se atopan na intimidade, un lugar ao que se chega sempre dende o respecto e a curiosidade. Un tema que as sexólogas de Amaturi abordan nos seus obradoiros co alumnado de secundaria.

📌 Logo de establecer os motivos de empregar o concepto de “encontro erótico” na vez do termo “sexo”, que pode facer referencia a outras moitas cuestións, Débora Baz tamén afonda na cuestión do consentimento que, máis aló dunha pregunta, ten que ser un xeito de comunicación entre as persoas que participan do encontro erótico.

Definimos o encontro erótico como un espazo no que as persoas se atopan na intimidade, un lugar ao que se chega sempre dende o respecto e a curiosidade. Un tema […]

📚 As Bibliotecas de Redondela poñen en marcha unha nova edición dos seus clubs de lectura, unha iniciativa que busca fom...
09/09/2026

📚 As Bibliotecas de Redondela poñen en marcha unha nova edición dos seus clubs de lectura, unha iniciativa que busca fomentar o hábito lector e crear un espazo de encontro e intercambio de opinións arredor da literatura.

📌 As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición. As xuntanzas, de carácter mensual e gratuítas, comezarán no mes de outubro.

Foto de arquivo

🏰 A Deputación Pontevedra acaba de lanzar “O Códice da Liberdade”, un videoxogo en galego, castelán e inglés para dispos...
09/09/2026

🏰 A Deputación Pontevedra acaba de lanzar “O Códice da Liberdade”, un videoxogo en galego, castelán e inglés para dispositivos móbiles que permitirá descubrir dun xeito innovador a historia medieval do Castelo de Soutomaior e achegarse a algunhas das principais localizacións históricas da provincia.

🎮 O xogo, no que se investiron preto de 71.000 euros e foi financiado con fondos NextGenerationEU, está xa dispoñible na app store de Google e Apple.

A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar “O Códice da Liberdade”, un videoxogo en galego, castelán e inglés para dispositivos móbiles que permitirá

🔥 O lume, que se iniciou contra as sete da mañá deste mércores día 9 calcinou por completo un galpón particular anexo a ...
09/09/2026

🔥 O lume, que se iniciou contra as sete da mañá deste mércores día 9 calcinou por completo un galpón particular anexo a unha vivenda no lugar de Fixón, na parroquia de Santo Estevo de Negros.

👩🏽‍🚒 Non houbo que lamentar danos persoais, aínda que as perdas materiais son importantes. As causas do incendio están a ser investigadas.

🚒 Entre as hipóteses que se manexan figura a posibilidade de que o lume se iniciase por un accidente eléctrico ou un curtocircuíto.

O lume, que se iniciou contra as sete da mañá deste mércores día 9 calcinou por completo un galpón particular anexo a unha vivenda no lugar de Fixón, na

🎭 O Estudio AldeaGlobal de Bamio (Vilagarcía) encheuse este domingo de música, amizade e lembranzas para celebrar o déci...
08/09/2026

🎭 O Estudio AldeaGlobal de Bamio (Vilagarcía) encheuse este domingo de música, amizade e lembranzas para celebrar o décimo aniversario de Tatán Chapeu, o traballo discográfico co que o actor e titiriteiro de Redondela Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, amosou tamén a súa faceta como cantante e compositor.
Tatán Cunha

✨ Dez anos despois da súa publicación, o propio encontro deixou aberta a porta a novos concertos e reunións arredor de Tatán Chapeu.


Fotos de Afonso Conde

Sociedad Deportiva Pazos de Borben Futsal levou a vitoria no derbi ante o Redondela FS disputado no Pavillón Municipal d...
08/09/2026

Sociedad Deportiva Pazos de Borben Futsal levou a vitoria no derbi ante o Redondela FS disputado no Pavillón Municipal da Marisma. O conxunto visitante venceu por 4-5 nun encontro intenso e con alternativas no marcador, resultado que lle permite avanzar á seguinte rolda da Copa Galicia sénior masculina de fútbol sala.

🏆 Con este triunfo, o Pazos de Borbén supera a segunda rolda da Copa Galicia e centra agora a súa atención no inicio da liga, que dará comezo a vindeira semana. A competición da Copa terá continuidade para o conxunto de Pazos o vindeiro 30 de setembro, cando recibirá na casa ao IES Coruxo FS “A”.


O Pazos de Borbén FS levou a vitoria no derbi ante o Redondela FS disputado no Pavillón Municipal da Marisma. O conxunto visitante venceu por 4-5 nun encontro

🔧 A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de preto de 42.000 euros para o Concello de Pazos de Borbén destinada á...
08/09/2026

🔧 A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de preto de 42.000 euros para o Concello de Pazos de Borbén destinada á mellora da eficiencia enerxética e á reparación das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Amoedo e Nespereira.
Concello de Redondela

⚙️ O investimento inclúe a renovación de equipos que quedaron obsoletos co obxectivo de mellorar o funcionamento das instalacións, reducir o consumo enerxético e limitar os custos de mantemento.

👤 O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, confirma que o Concello solicitou estes fondos para acometer melloras nas depuradoras compactas de Amoedo e Nespereira e sitúa esta actuación dentro dunha estratexia máis ampla para poñer ao día as infraestruturas de saneamento do municipio.

🌱 Otero sinala que, desde o inicio do mandato, unha das prioridades do Goberno local foi actuar sobre estas instalacións por motivos tanto ambientais como económicos. Segundo explica o alcalde, Pazos de Borbén viña facendo fronte de maneira recorrente a sancións relacionadas coa situación do saneamento, cun impacto importante para as arcas municipais.

PARA SABER MÁIS PREME NA NOVA👇



A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de preto de 42.000 euros para o Concello de Pazos de Borbén destinada á mellora da eficiencia enerxética e á

📚🇬🇧 A Escola Oficial de Idiomas de Redondela Eoi Redondela inicia o curso 2026-2027 cunha oferta de inglés desde A1 ata ...
08/09/2026

📚🇬🇧 A Escola Oficial de Idiomas de Redondela Eoi Redondela inicia o curso 2026-2027 cunha oferta de inglés desde A1 ata C1 e diferentes modalidades para adaptarse aos horarios do alumnado.

🗓️ A matrícula permanece aberta ata o 18 de setembro e aínda hai prazas dispoñibles en todos os niveis.

Os prezos son de 127 euros o primeiro curso e 105 euros os seguintes. A oferta está dirixida a persoas maiores de 16 anos.

📝 A matrícula realízase en liña, aínda que a EOI ofrece apoio presencial para aquelas persoas que necesiten axuda co proceso.

📩 Para máis información, a escola atende consultas a través das súas redes sociais e do correo [email protected].



Ana Prieto, docente da EOI Redondela

🎭 A Cultural de Centro Cultural Vilar de Infesta dá comezo ao curso 2026-2027 cunha ampla programación de actividades di...
08/09/2026

🎭 A Cultural de Centro Cultural Vilar de Infesta dá comezo ao curso 2026-2027 cunha ampla programación de actividades dirixida a diferentes idades e intereses. Música, baile, deporte e actividade física volven ocupar a programación do Centro Cultural, que afronta esta nova tempada co obxectivo de seguir sendo un punto de encontro para a veciñanza.

🔨 O inicio do novo curso chega tamén acompañado de diversas actuacións de mellora no propio Centro Cultural. Durante os últimos meses realizáronse traballos de acondicionamento que afectaron á fachada, á entrada e á carpintería, ademais doutras intervencións no interior do edificio.

Este curso presentan:
🎵 Gaita e percusión
🥁 Pandeireta
🧘 Pilates
🤸 Ximnasia
💃 Zumba
🕺 Baile moderno
🎶 Baile de salón

📅 As actividades comezan ao longo deste mes de setembro.

☎️Información e inscricións:
Xeral: 647 910 929 / 657 458 795
Pilates: 620 270 387



A Cultural de Vilar de Infesta dá comezo ao curso 2026-2027 cunha ampla programación de actividades dirixida a diferentes idades e intereses. Música, baile,

🏫 A CIG-Ensino apoia as reivindicacións do claustro do Ies Pedro Floriani de Redondela ante a falta de resposta da Conse...
08/09/2026

🏫 A CIG-Ensino apoia as reivindicacións do claustro do Ies Pedro Floriani de Redondela ante a falta de resposta da Consellaría de Educación ás necesidades de persoal do centro para este novo curso. O instituto incorpora este ano un novo Ciclo de FP Básica, pero a administración educativa non aumentou o cadro de profesorado. Ademais, o centro reclama unha nova especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) para poder atender as necesidades educativas detectadas no alumnado.

📢 A central sindical esixe á Consellaría que faga público o anunciado incremento de docentes, detallando a distribución por especialidades e centros


O sindicato denuncia a falta de recursos para atender o novo ciclo de FP Básica e reclama unha nova praza de Pedagoxía Terapéutica

Dirección

Pr. José Figueroa, 3
Redondela
36800

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Municipal de Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Municipal de Redondela:

Atajos

Compartir