Noticias de Rianxo

Noticias de Rianxo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Noticias de Rianxo, Medio de comunicación/noticias, Praza de Castelao, Rianxo (A Coruña), Rianjo.

08/10/2025

A RIANXEIRA VOLVE A TANXIL DE RIANXO
Cando rematei “Un señor elegante” sabía que descubrira moitas historias e algunhas estaban sen darlle o remate. Unha delas era que a Virxe de Tanxil volvese ao seu lugar.
Pois agora seique a “Rianxeira” volverá asomarse ao mar en Tanxil de Rianxo. Logo que haxa garantías de seguridade no firme onde se levantaba ou nun lugar similar, a Virxe de Guadalupe que o cirurxián don Ángel Baltar Varela encargou ao mestre Asorey .
Pasou tempo desde 1932 cando se instalou entre o balbordo de foguetes e miles de veciños en terra e nos barcos mariñeiros e convidados que levou don Ángel. O último membro da familia que asistiu a aquel evento, no colo do seu avó, Asunción Baltar Tojo, morreu xa hai tres anos, non chegou a ver a reposición da figura no seu lugar.
A estatua é unha figura estilizada da Virxe co Neno en brazos, feita en granito de Santiago con adornos de teselas polícromas de “Cerámica Celta” de Pontecesures, ten un peso aproximado de tres toneladas contando o pedestal e unha altura de 3’20 metros. A peza foi encargada e pagada por don Ángel Baltar en 1929 e entregada e instalada en 1932 no alto do cantil de Tanxil, dentro da finca propiedade da familia Baltar. É a peza de maior tamaño saída do obradoiro do mestre Asorey e o seu custe foi unha cifra importante na época, 8.000 pesetas, estando agora tasada nun mínimo de 150.000 euros.
A figura, que saiu clariña do obradoiro do mestre, sufriu “meteorización”, exposta ao castigo da chuvia e do vento mareiro que lle daba de frente, habería que limpala e darlle protección antes da reposición.
Para explicar ese encargo de Baltar a Asorey hai que saber da ligazón profunda da familia Baltar con Rianxo, participando na instalación do alumado eléctrico público ou na reparación de camiños, da campaña na que don Ángel chama ao que fora o seu discípulo médico, Castelao, para atender ambos á veciñanza de Rianxo durante o andazo da gripe. Non en van foi recoñecido cos títulos de Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto da vila e o seu nome entrou na letra orixinal da famosa canción “A Rianxeira”. E tamén hai que explicar a amizade de Baltar e Asorey que se encontraban no Gran Hospital Real que dirixía don Ángel e no que Asorey traballou no modelado de próteses.
E non se pode explicar esa Virxe tampouco sen o contexto dun momento de esplendor da vila de Rianxo na que Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste paseaban pola vila. Ángel Baltar protexeu e seguiu a Castelao, que visitaba a casa torre que don Ángel encargou ao arquitecto Rodríguez-Losada Rebellón, ligado á Irmandade da Fala coruñesa. Máis tarde o seu fillo Ramón Baltar , xa nun tempo sinistro, seguiría protexendo a nai e as irmás de Castelao e organizará o funeral en Rianxo cando este morre no exilio en Buenos Aires.
Se a Virxe volve agora ao seu emprazamento ollando a ría de Arousa só poderá ver diante, enterrada na area, unha parte do gran dique que Ángel encargou ao enxeñeiro Fernández-España, a rampla pola que Castelao baixaba á praia está sepultada e o embarcadoiro e o paseo con decoración de teselas de Cerámica Celta foron destruídos nunhas obras salvaxes que a principios dos anos dous mil realizou a Demarcación de Costas.
Obras que tamén afectaron ao cantil que soportaba a Virxe e que orixinaron no ano 2005 sucesivos e serios desprendementos de pedras que ameazaron a prezada figura e que caso de precipitarse desde aquela altura acabaría en fragmentos (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/08/27/desprendimientos-dejaron-ria-morenina-tanxil/0003_201708B27C11995.htm). Naquel ano os descendentes de don Ángel solicitaron permiso municipal para retirar a figura daquel lugar que non era seguro, desde ese momento a familia gardouna nunha cámara con condicións de conservación da que só saíu hai unhas semanas agardando o momento de volver a Rianxo.
A chegada a Rianxo da estatua hai uns días foi un paso dun proceso de diálogo iniciado hai algúns anos coa anterior corporación do concello de Rianxo. A anterior alcaldía encargara a restauración dunha placa na fachada municipal que lembra a figura de don Ángel, tamén un primeiro estudo técnico sobre as condicións de seguridade do lugar, que debera ser ampliado. Sendo a Virxe propiedade da familia e estando anteriormente dentro da propiedade da casa torre e finca de Tanxil, consideraron que a propiedade inmobiliaria e a Virxe debían considerarse cousas separadas pola importancia simbólica que tiña a figura para a xente de Rianxo. Recén vendida a casa e finca, a Virxe permaneceu en propiedade da familia para cumprir a vontade de don Ángel. Vinte e dous descendentes e propietarios obedeceron aquel desexo inicial daquel avó e bisavó que tiña un afecto tan intenso a Rianxo.
Hai dous meses representantes da familia solicitaron entrevista co actual alcalde para comunicarlle que querían facer unha cesión gratuíta da estatua ao pobo de rianxo a través do Concello, cesión que xa foi efectuada formalmente. A Virxe de Tanxil, a “Moreniña” de Asorey e Ángel Baltar, xa é propiedade non só moralmente senón tamén efectivamente do pobo de Rianxo. Non debera ser de ningún outro modo, polo valor simbólico e moral que ten para a vila e, tamén, para o pobo galego.
Os mariñeiros da ría, aqueles que volvían do Gran Sol, os noivos que se retrataban ao pé da Virxe o día do casamento xa non están, mais cando os afeccionados dos equipos galegos canten “A Rianxeira” nos estadios de fútbol a “Moreniña” estará sorrindo en Tanxil.

12/09/2025
14/10/2024

🤝🏼 O Alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu a Rafael Romero del Rey, quen vai exercer transitoriamente a Xefatura da Policía Local de Rianxo trala vacante xerada pola saída do axente que viña asumindo esas funcións.

🚔 As principais liñas de traballo desta nova etapa serán reforzar a seguridade cidadá e a seguridade viaria en todo o termo municipal, así como a informatización e a aplicación da intelixencia artificial ao traballo diario dos nosos axentes.

09/10/2024

El cuerpo de Félix Triñanes Sánchez, de 74 años, fue localizado próximo a una zona pedregosa de la aldea de Abuín

11/07/2024
20/05/2024

👷🏻‍♂️ Seguindo o Plan de Mantemento de Pistas Municipais elaborado para este ano, durante a vindeira semana realizaranse traballos de roza manual de vexetación no interior do núcleo do Pazo.

✅ Prevese que durante o 2024 se realicen dúas rozas manuais das pistas de todos os núcleos do municipio, o que equivale a 160,52 km lineais.

20/05/2024

Las actividades se prolongarán entre el 24 de junio y el 30 de agosto

Dirección

Praza De Castelao, Rianxo (A Coruña)
Rianjo
15920

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Noticias de Rianxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir