Turvegal nace para compartir, entre os amantes da terra galega, a sua historia, cultura, tradicions, experiencias, unete e axudanos a dar a conocer a Galicia Escondida, esa Galicia que tod@s amamos, a Verdadeira Galicia!!! O proxecto de Turismo Verde de Galicia, en adiante Turvegal, nace como tantos outros de un sentimento, unha necesidade, unha ilusion, un soño. Este soño que foi crecendo a p
asiños pequenos, humildemente quere chegar a ser un medio de difusion de Galicia, sin pretender competir con ningun dos maravillosos proxectos que coexisten nas redes, co noso toque persoal queremos dar visibilidade a "Galicia Escondida" pq creemos que hay moita Galicia por ver e descubrir, Galicia e como un Iceberg do que so vemos una pequena parte, a mais comercial, pero para desenrolalo rural e non me refiro so ao interior temos que mostrá-la toda. Cando decimos "Difundir Galicia" non so nos estamos referindo a sua paisaxe se non tamén as suas xentes, a sua cultura, as suas tradicions, pq as festas mas arraigadas, mas tradicionais e mais queridas polos galegos e galegas non son exactamente as mais coñecidas, dende un "Serán" ata a festa parroquial están enraizadas no noso ser dunha maneira vital que nos sobrepasa e que vincula a nosa maneira de vivir e de vela vida. Turvegal naceu como un foro no que compartir conocimentos, rutas, experiencias, eventos e que co tiempo derivou no que e agora, una paxina, diferentes perfis e un grupo en Facebook, Twitter e Instagram, ademais temos un pequeño blog pero o noso soño seria volcar toda a Info nun Portalweb e unha APP. En que punto estamos...... estamos xa chegando humildemente a uns niveis que empezan a ser considerables, rondando entre todas as redes uns 75.000 seguidores e que nos invitan a seguir dando pasos. Turvegal non naceu con un único fin lucrativo e ainda que algún día puidiese chegar a ser una empresa queremos ter un espacio para o fin Social, polo que estamos creando una Asociación coa que poder desenrolar miniproxectos asociados como por exemplo: "Cabalgando Galicia" un documental que pretende mostrar Galicia desde o punto de vista de un neto de emigrantes que percorre Galicia a cabalo usando como guia os viaxes de Domingo Fontan,
"Geocaching Galicia" pq creemos que a mellor maneira de conocer algo e xogando, en colaboracion con expert@s Geocachers arrancamos este proxecto que pretende fusionar o xogo do Geocaching e o noso espacio Natural preferido....Galicia. "Pasear Galicia" a posibilidad de percorrer en un ano Galicia en Autocaravana visitando os 314 Concellos que a conforman facendo diferentes actividades en cada un e todo volcado nun VideoBlog.
“SlowaytoStgo” que pretende ser un Proxecto de visibilización da “Banda Ancha” do Camiño de Santiago no que amosarlle aos nosos visitantes a nosa terra e que o Camiño de Santiago deixe de ser pra moit@s unha “carreira de frechas amarelas”, descubrindo con nós, Galícia, coñecendo a súa cultura, tradicións, vilas e xentes e que a experiência do Camiño non e completa se non volves pra casa coa mochila chea de experiencias.
“Experiencias non Ribeiro” pretende ser o Proxecto piloto de outros que replicaremos polas diferentes comarcas da nosa terra, visibilizando e tecendo unha rede comercial que faga que como di o noso slogan, o “Ribeiro e algo mais que un viño” xa que e un territorio que ten moito que ofrecer a todos os níveis, paisaxístico, gastronómico, etnográfico e etnolóxico, rodeado dun amplo patrimonio cultural e arquitéctonico. Además da creación dun Sello de Calidade propio de Galicia que estaría englobado na Rede GEN, como denominamos nos, a Rede Galega de Espacios Naturais e así poder certificar e catalogar diferentes espacios naturais de Galicia segundo o seu estado, accesibilidade, dificultade, etc. Que pretendemos...."Disfrutar de Galicia", da sua Gastronomía, Paisaxe, Artes, Costumes.....e o mellor de todo, que os que non a coñecen, o fagan e desexen vir a este Paraiso por Descubrir para poder coñecelo e disfrutalo nas suas propias carnes e levarse consigo un trociño de esta nosa terra, despois do cal entenderán o maior dos nosos tesouros........a Morriña!!!