Radio Ateneo

Radio Ateneo Plataforma do Ateneo de Santiago. Un espazo para a experimentación radiofónica, debate social, divulgación científica e actualidade cultural e artística

Sergio Pascual Espinilla é xornalista, licenciado pola Universidade de Valladolid e con máster en Radio pola Universidad...
08/01/2026

Sergio Pascual Espinilla é xornalista, licenciado pola Universidade de Valladolid e con máster en Radio pola Universidad Rey Juan Carlos, con experiencia en RNE Galicia, Radio Exterior de España, Castilla y León Televisión, axencias como EFE e Europa Press, dirección dun programa literario e colaboración con Sermos Galiza. Este ano resultou o gañador do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti pola peza radiofónica «Silicosis, muerte en suspensión». Hoxe conversamos con el en Radio Ateneo Podcast. Entrevista xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/fpham

Hoxe en «Hablamos de libros» repasamos a traxectoria de Tatiana Tibuleac e o éxito «El verano en que mi madre tuvo los o...
07/01/2026

Hoxe en «Hablamos de libros» repasamos a traxectoria de Tatiana Tibuleac e o éxito «El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes», destacando os seus temas centrais —perdón, enfermidade mental, relación entre nai e fillo— e a súa prosa poética, que transforma unha historia dura nun relato íntimo e conmovedor. Escóitao xa na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
👉 Consulta todos os programas no link da nosa bio

Bieito Iglesias Araúxo é un escritor e profesor galego, formado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e ca...
18/12/2025

Bieito Iglesias Araúxo é un escritor e profesor galego, formado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Destacou como articulista en A Nosa Terra e Tempos Novos, labor recoñecida co Premio Blanco Torres en 2004. Hoxe fala connosco en Radio Ateneo Podcast sobre a súa cidade natal, Ourense. Escóitao xa na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/1jk00

Hoxe adentrámonos no Nadal, falando dun dos alimentos máis típicos: o bacallau con coliflor. Descubre xa todo o que hai ...
17/12/2025

Hoxe adentrámonos no Nadal, falando dun dos alimentos máis típicos: o bacallau con coliflor. Descubre xa todo o que hai arredor dos produtos de inverno no novo programa de «Paseando por Compostela con mulleres», xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotifu
https://n9.cl/zlqye

A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra. Nas súas convas, afúndese; nos seus outeiros elévase, e...
16/12/2025

A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra. Nas súas convas, afúndese; nos seus outeiros elévase, e nas súas chairas, iguálase... Descubre xa este novo Comezo na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/ft6vv

Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta, profesora e sindicalista galega cunha sólida traxectoria literaria e com...
11/12/2025

Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta, profesora e sindicalista galega cunha sólida traxectoria literaria e compromiso social. Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, publicou numerosos poemas en revistas e volumes colectivos, e a súa obra figura en diversas antoloxías de referencia da poesía galega contemporánea. Escoita o novo episodio de Media ducia de poemas e unha canción na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/2oitq

Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgún deles. Ou máis ben, imos falar dun li...
09/12/2025

Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgún deles. Ou máis ben, imos falar dun libro que trata esta temática. Un libro traducido ao galego pola multipremiada María Alonso Seisdedos que aparece publicado na editorial Embora. Descúbreo xa no novo episodio de Libros para as medras, xa dispoñible na nosa web www.ateneodesantiago.gal/radio, iVoox e Spotify.
https://n9.cl/hc0hp

Dirección

Praza Salvador Parga N°4
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Radio Ateneo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Radio Ateneo:

Compartir

Categoría